Hombori Tondo
Coordenadas: 15°15′26″N 1°40′08″O / 15.257222222222, -1.6688888888889
O monte Hombori é un macizo rochoso, con cume aplanado, que cos seus 1.155 metros sobre o nivel do mar constitúe o punto máis alto de Malí, en África Occidental.
Hombori Tondo | |
---|---|
Elevación: | 1.155 metros |
Localización: | Malí |
Cordilleira: | Cantís de Bandiagara - Gandamia |
Primeira acensión: | 1959 |
Rota máis fácil: | |
Xeografía editar
O Hombori Tondo é unha prolongación dos cantís de Bandiagara na rexión maliana de Mopti, moi preto da aldea homónima de Hombori e a unha distancia de 100 km da cidade de Douentza.
Historia e etnografía editar
Contén xacementos arqueolóxicos, con varias grutas que estiveron habitadas hai uns 2000 anos. A poboación que actualmente vive nas proximidades do Hombori pertence ás etnias dogón e songhai.
Medio editar
O Hombori Tondo constitúe un lugar singular ao estar a súa cima virxe durante miles de anos. A ameaza principal para o contorno estriba no crecente turismo atraído sobre todo polo efecto "dogón".