O monte Titano é unha montaña dos Apeninos toscano-romañolos que se eleva a 739 m sobre o nivel do mar. É a maior altura da República de San Marino e sobre a súa parte noroeste está asentada a capital do país. A causa da súa grande extensión o seu nome con frecuencia é utilizado para referirse á república mesma.

Centro histórico de San Marino e Monte Titano
Vista do Monte Titano, San Marino, desde o nordeste
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
PaísSan Marino San Marino
Localización43°55′55″N 12°26′54″L / 43.93194, -12.44833
TipoCultural
CriteriosIII
Inscrición2008 (32ª sesión)
Rexión da UNESCOEuropa e América do Norte
Identificador1245
Localización do Titano no centro do país

Descrición editar

O monte Titano preséntase como un áspero cantil calcáreo, situado relativamente próximo ao mar a respecto da cadea dos Apeninos. Emerxe con 200 metros de altitude, sobre un baseamento arxiloso, sito a 500 m sobre o nivel do mar. A voo de paxaro dista tan só 13 km do Mar Adriático.

Sobre da súa cima atópanse as tres rochas de San Marino: denominadas Cesta, Guaita e Montale.

Xeoloxía editar

Na Era Terciaria, onde agora se sitúa a República sanmarinesa, estaba ocupado polo mar. Violentos terremotos provocaban fortes convulsións da superficie terrestre e, a causa dun destes fenomenais sucesos, unha masa rochosa, distante uns 80 km do actual monte, foi erguida e lentamente esvarou cara ao mar Adriático. Esta masa rochosa doe orixe a varios montes, entre os que se poden citar o Fumaiolo e máis o Monte Titano. Consonte os expertos, o Titano está suxeito a un levantamento irregular bradisísmico que fai tremer os edificios na zona da Cidade de San Marino.

Hidrografía editar

No monte nacen algunhas correntes de auga, como o San Marino, que desemboca no río Marecchia en Torello; o Cando, afluente do Marano e máis o Riccione e o Ausa que desaugan en Rimini no Adriático.

Achados fósiles editar

Os fósiles de vertebrados atopados nas pendentes do Monte Titano son os máis de peixes, dado que a zona, como se dixo, estivo nun tempo cuberta do mar. Abundan os dentes, en especial, de escualos.

Flora e fauna editar

A vexetación é típica mediterránea, con árbores como castiñeiros ou cipreses, e arbustos como a xesta. Sobre os penedos do monte Titano aparece a Ephedra nebrodensis, planta típica de Sicilia e de Sardeña.

A fauna é variada, pois conviven rapaces diúrnas e nocturnas (peneireiros, curuxas e mouchos) e mamíferos de tamaño grande ou mediano (xabaríns, raposas, corzos, gamos), xunto con outros de pequeno (lebres, donicelas, ourizos-cacheiros, teixugos, garduñas).

Poboamento lendario editar

De acordo coa lenda, San Mariño, pedreiro de Arbe, santo de Rimini, refuxiouse no monte Titano para escapar das persecucións anticristiás, fundando alí unha comunidade: a República de San Marino. Artisticamente o santo é sempre representado co Monte Titano entre as mans.

Patrimonio da Humanidade editar

En 2008, o Monte Titano foi inscrito pola UNESCO na lista do Patrimonio Mundial da Humanidade, xunto co centro histórico de San Marino.[1] Segundo o comité selector polo mantemento de San Marino como unha república libre desde a Idade Media.

Notas editar