Morne Seychellois
O Morne Seychellois é o punto culminante orográfico das illas Seychelles, sitas no Océano Índico, cunha modesta altitude sobre o nivel do mar de 905 m.

Situación editar
O pico está situado no nordeste da illa de Mahé, a principal do arquipélago, ao sur da cidade de Victoria, a capital do país. O pico é visíbel desde ela. As súas coordenadas son 4º 39' S e 55º 26' L.
Protección ambiental editar
Recuberto de bosque tropical, o monte está comprendido, desde 1979, no maior parque nacional terrestre das Seychelles, que abrangue unha área total de 3.045 ha.