Coordenadas: 13°14′12″N 38°22′21″L / 13.236666666667, 38.3725

O Ras Dashan (tamén transcrito Ras Dashen e Ras Dejen; en ge'ez: ራስ ደጀን rās dejen ou ራስ ዳሸን rās dashen, literalmente "cabeza gardiá", pero cabeza aquí vale por montaña) é o monte con maior altura de Etiopía. Está incluído no Parque Nacional dos Montes Semien, e alcanza unha altitude de 4.549 m.s.n.m.

Ras Dashan
O Ras Dashan

Elevación: 4.549 metros
Localización: Etiopía
Cordilleira: Montes Semien
Primeira acensión: 1841:Ferret e Galinier
Rota máis fácil:
Localización do Ras Dashan no norte de Etiopía

Xeografía

editar

O monte localízase a uns 160 km ao norte do lago Tana, na cadea dos Montes Simien, e sobresae entre outros nove cumes importantes. É o único pico de Etiopía que está nevado en inverno. Xeoloxicamente é unha enorme rocha basáltica, de orixe volcánica.

Desacordos na altura

editar

As medicións habituais outorgábanlle unha altura de 4.533 m. Unha medición de 4.620 m, demostrouse que era inconsistente. Máis recentemente un equipo franco-italiano de DGPS medía unha lixeira maior elevación dando 4.549 metros, que está de acordo coas ofrecidas polas autoridades cartográficas de Etiopía.

Transcrición do nome

editar

Aínda que a transcrición do nome ofrecido polo Servizo Cartográfico de Etiopía resulta no topónimo "Ras Dejen", máis o uso fixo que "Ras Dashan" ou "Ras Dashen" sexa moito máis utilizados.

Primeira ascensión

editar

A primeira ascensión por occidentais debeu efectuarse en 1841, polos oficiais franceses Ferret e Galinier; porén as ascensións de autóctonos son moi posíbeis desde tempos inmemoriais polas boas condicións climáticas que ofrece o pico e a existencia de asentamentos pastorís a elevada altura.