Monte Triglav
O monte Triglav ou Terglou (en alemán Dreikopf, en italiano Monte Tricorno) é con 2 864 msnm o cume máis alto dos Alpes Xulianos e de Eslovenia.
Monte Triglav | |
---|---|
![]() O monte Triglav, punto máis alto de Eslovenia | |
Localización xeográfica | |
Cordilleira | Alpes Xulianos |
Latitude | 46°23′00″ N |
Lonxitude | 13°50′00″ E |
Localización administrativa | |
Localización | Eslovenia |
Características xerais | |
Altitude | 2 864 m |
Montañismo | |
Primeira ascensión | 25 de agosto de 1778 |
O Triglav é un dos símbolos nacionais de Eslovenia, formando parte dos motivos centrais do escudo do país, e que se reproduce na bandeira. Segundo un antigo costume, cada esloveno debe subir polo menos unha vez na súa vida ao Triglav.
XeografíaEditar
Sitúase no medio do denominado Parque Nacional de Triglav, o único parque nacional esloveno, que se estende por 84 800 ha, no extremo noroeste do país e non demasiado lonxe das fronteiras con Austria e Italia. Co seu típico perfil é inconfundíbel desde unha distancia duns 100 km. A súa parede norte sobre o val de Vratatal é impoñente pola súa anchura de 3 km e a altura de 1 500 m, o que a converten nunha das paredes máis elevadas dos Alpes orientais, xunto coas do Watzmann (cara leste) e do Hochstade (cara norte).
HidrografíaEditar
Aos seus pés nacen dúas importantes correntes fluviais: o río Sava, que é un afluente do Danubio; e o Soča (italiano Isonzo), que, por contra, flúe cara o Mar Adriático.
No suroeste da montaña, hai tamén unha zona con sete lagoas, de orixe cárstica, denominada o Val dos lagos do Triglav (en esloveno Dolina Triglavskih jezer).
O vigoroso relevo de paredes verticais do Triglav, como o doutros picos dos Alpes Xulianos, débese, en parte, aos materiais xeolóxicos de que están constituídos, que son maioritariamente calcarias e dolomitas.
Orixe do nomeEditar
O nome significa "tres cabezas" ou "tricéfalo". Triglav era tamén o nome dunha antiga divindade eslava, precisamente tricéfala, e así se representaba.
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Monte Triglav |