Coordenadas: 19°47′22″N 18°33′04″L / 19.789444444444, 18.551111111111

O Emi Koussi é un volcán escudo que se atopa no norte do Chad, no Sáhara central, e na parte sur dos montes Tibesti. É a maior elevación do Chad e mesmo de todo o Sáhara, cunha altura de 3.445 metros s.n.m., erguéndose uns 2.300 metros sobre das chairas circundantes. Outros volcáns próximos forman tamén parte do Tibesti.

Emi Koussi
O Emi Koussi visto desde a Estación Espacial Internacional
O Emi Koussi visto desde a Estación Espacial Internacional
Altitude 3.445 m
Rexión Chad
Montaña Montes Tibesti
Primeiro ascenso 1938
Tipo de volcán Volcán de escudo, activo
O Emi Koussi localízase no norte do Chad

Características editar

A base do volcán acada unha área de 60 x 80 km. Na cima contén dúas caldeiras; a exterior ten un tamaño de 12 x 15 km, e dentro desta, cara ao sueste, hai outra menor de entre 2 e 3 km de ancho e 350 m de profundidade. Nas caldeiras e fóra delas hai numerosos domos de lava, conos de cinsa, maars (lagoas-cráteres) e mananciais de lava.

Outros editar

O Emi Koussi foi utilizado para explicar fenómenos de modelaxe volcánica semellantes aos que se observan no planeta Marte.

Ascensións editar

O Emi Koussi foi escalado por vez primeira, por occidentais, en 1938.