Pico Bolívar

O Pico Bolívar con 4 978 metros é a montaña máis alta de Venezuela.

Pico Bolívar
O Pico Bolívar visto desde o Pico Espejo

Elevación: 4.978 m.s.n.m.
Latitude: 8° 35′ 0″ N
Lonxitude: 71° 2′ 0″ O
Localización: Venezuela
Cordilleira: Serra Nevada de Mérida (Andes)
Primeira acensión: 1935:Domingo Peña, Enrique Bourgoin, Heriberto Márquez
Rota máis fácil:
O Pico Bolívar localízase no oeste de Venezuela

SituaciónEditar

O Pico Bolívar está situado no oeste de Venezuela, no estado de Mérida, e non lonxe da cidade de Mérida. Forma parte das estribacións máis setentrionais dos Andes, nun ramal dos mesmos, de dirección suroeste-nordeste, denominada a Serra Nevada de Mérida. Nas proximidades do pico hai outros que superan os catro mil metros, como o Pico de El León (4 743 m) e o pico de El Toro (4 695 m). Durante un tempo coidábase que este último era a maior elevación de Venezuela.

GlaciarismoEditar

O Pico Bolívar posúe neves perpetuas. Na súa área identificáronse catro glaciares, estudados desde mediados do século XX. Porén, dous deles fundíronse, desaparecendo na práctica, feito que se atribúe ao quentamento global. Os dous restantes perderon tamaño desde a década de 1970.

NomeEditar

O Pico Bolívar con anterioriddae era denominado La Columna. O novo nome foi proposto por Miguel Febres Cordero en 1925 e foi adoptado oficialmente o 30 de decembro de 1934, en honra do prócer patrio Simón Bolívar. O nome de La Columna é agora utilizado para referirse ao macizo que inclúe o Pico Bolívar, El Toro e El León.

AscensiónsEditar

O Pico Bolívar non foi escalado até 1935, pois ao ser tomado El Toro durante tempo como a cima venezolana, era este pico o que atraía a atención dos montañeiros. O 5 de xaneiro dese ano Enrique Bourgoin e Heriberto Márquez, co guía Domingo Peña, escalaron até o cume do Bolívar.

AltitudeEditar

En 2002, con motivo da declaración das Nacións Unidas como o Ano Internacional das Montañas, o Instituto de Xeografía de Venezuela[1] decidiu comprobar, xunto coa Universidade Simón Bolívar[2] e a Universidade de Zulia, a altura exacta do pico. Nos anos anteriores á determinación exacta da altitude do IGVSB, estimouse que a altura máxima oscilaba entre os 4 976 e os 5 007 metros. Os resultados da campaña de 2002 outorgaron ao pico Bolívar unha altura de 4 978,4 ± 0,4 metros.[3] A medición foi realizada polos científicos alpinistas Diego Martín Deiros e Carlos Rodríguez, da USB,[4] e José Napoleón Hernández, do IGVSB,[5] máis dous guías alpinistas de INPARQUES.[6] Fíxose unha medición por GPS para unha rede xeodésica formada polos vértices Pico Bolívar, El Toro, Piedras Blancas, Mucuñuque e o Observatorio, este último pertencente á rede venezolana xeocéntrica REGVEN. Usáronse cinco receptores GPS de dobre frecuencia; tomáronse tamén medicións igualmente prolongadas e continuas para acadar maior volume de datos co paso do tempo, para facer máis consistente e de confianza a información.[7]

Os datos DGPS obtidos en 2002 por Deiros, Rodríguez e Hernández foron tratados e publicados en 2003 polo Instituto Xeográfico de Venezuela, que dan o valor oficial actual de 4980 metros. Ademais, a Universidade Simon Bolívar tras dous anos de procesamento e cálculo adicional, utilizando datos obtidos en 2002, obtivo un valor semellante, pero máis preciso de 4 978±0,4 m, mesmo resultado que se publicou en 2005. Tamén en 2006 medicións adicionais por GPS confirmaron os mesmos valores de altitude. Porén, a antiga medida de 5 007 metros segue aínda a ser citada en publicacións que non revisaron os seus datos.

NotasEditar

  1. "Instituto de Xeografía de Venezuela". Arquivado dende o orixinal o 02 de setembro de 2018. Consultado o 02 de setembro de 2018. 
  2. Universidade Simon Bolívar
  3. "Alturas del Pico Bolívar y otras cimas andinas venezolanas a partir de observaciones Gps" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 25-09-2015. Consultado o 03-6-2016. 
  4. USB
  5. "IGVSB". Arquivado dende o orixinal o 02 de setembro de 2018. Consultado o 02 de setembro de 2018. 
  6. INPARQUES
  7. Boletín Xeográfico IGVSB-BG No 14

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Determinan altura exacta del pico Bolívar. Boletín geográfico IGVSB-BG N° 14. Instituto Geográfico de Venezuela Simón Bolívar. 2003. Caracas, Venezuela (en castelán)
  • Pérez O, Hoyer M, Hernández J, Rodríguez C, Márques V, Sué N, Velandia J, Deiros D. (2005). "Alturas del Pico Bolívar y otras cimas andinas venezolanas a partir de observaciones GPS" Interciencia. 30 (4). [1] (en castelán)