Monte Moldoveanu

cume máis elevado de Romanía

Coordenadas: 45°35′58″N 24°44′10″L / 45.599438888889, 24.736211111111

O Monte Moldoveanu é o cume máis elevado Romanía con 2.544 m de altitude. Está situado nos Montes Făgăraş, unha cadea montañosa dos Cárpatos.

Monte Moldoveanu
Macizo de Făgăraş co Moldoveanu

Elevación: 2.544 metros
Localización: Romanía
Cordilleira: Montes Făgăraş (Cárpatos)
Primeira ascensión: ?
Rota máis fácil:
Localización do Moldoveanu no centro da Romania

Xeografía editar

A cima do Moldoveanu forma parte do inmenso Monte Moldoveanu, que representa, de feito, un ramal do macizo de Viştea Mare, o cal na súa porción culminante se denomina Culmea Ghiţu (o cume Ghiţu).

Por mor das altas cimas sitos ao seu derredor, non é visíbel máis que desde as cristas do macizo Făgăraş. Por contra cimas menores do cordal de Făgăraş son visíbeis desde a depresión de Făgăraş, localizada ao norte do macizo.

Contorna e accesos editar

A cidade máis próxima ao Moldoveanu é Victoria, no flanco norte. A cima máis próxima e a do Viştea Mare, a 2.527 msnm, que fica a unha distancia de 421 metros, é dicir a uns 10 ou 15 minutos de marcha, como se indica nun panel colocado no seu cume. Pódese alcanzar a cima sur do Moldoveanu , polo noroeste, desde Câmpulung, ou ben polo nordeste, desde Curtea de Argeş.