Pico do Fogo
O Pico do Fogo (ou Monte do Fogo), sito na illa do Fogo, é a cima máis elevada do arquipélago de Cabo Verde, cunha altura de 2839 m, sendo, logo do Pico do Teide a segunda cota en altitude do océano Atlántico. Érguese como un estratovolcán interior no enorme cráter da Chã das Caldeiras (con 8 km de diámetro) e 1200 m sobre o solo do cráter.
Tipo | montaña | |||
---|---|---|---|---|
Situado na entidade xeográfica | Ilha do Fogo (pt) | |||
Localización | ||||
Continente | África | |||
División administrativa | Santa Catarina do Fogo, Cabo Verde (pt) | |||
| ||||
Características | ||||
Altitude | 2.829 m | |||
Prominencia topográfica | 2.829 m | |||
Illamento topográfico | 1.674 km | |||
Material usado | feldspatoide (pt) | |||
Área importante para as aves | ||||
Identificador | volcano-area-ilha-do-fogo-iba-cape-verde | |||
No interior do cráter aséntase a pequena aldea da Chã das Caldeiras.
Actividade
editarUnha das primeiras erupcións rexistradas, violentísima, do cráter principal, tivo lugar no 1680, na entón chamada illa de "São Filipe", que mudou o seu nome para o actual de Fogo. Nos anos 1785, 1799, 1847, 1852, 1857 e 1951 rexistráronse outras erupcións. A última tivo lugar a data de 2 de abril de 1995, desbordando a lava o bordo da Chã das Caldeiras, e orixinando un volcán veciño, o Pico Pequeno, de 1.950, no pé oeste do Pico.
Conservación
editarO Pico forma parte dunha zona natural protexida. Nos límites da zona, en ladeiras do macizo volcánico cultívanse videiras e café.
Ascenso
editarA escalada do Pico do Fogo é relativamente fácil, máis recoméndase contratar guía.
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Pico do Fogo |