Yu Shan
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2017.) |
O monte Yu Shan (en chinés "Montaña de Xade"), con 3.952 metros de altura sobre o nivel de mar, conforma a maior elevación da illa de Taiwán.
Yu Shan | |
---|---|
Elevación: | 3.952 metros |
Latitude: | 23° 28′ N |
Lonxitude: | 120° 57′ L |
Localización: | Taiwán |
Cordilleira: | Montes Zhongyang |
Primeira ascensión: | ? |
Rota máis fácil: | Hai dúas sendas marcadas |
SituaciónEditar
O Yu Shan forma parte da cadea montañosa que se estende de norte a sur na parte oriental da illa (Montes Zhongyang), da que forman parte outros picos elevados. O Yu Shan está situado, aproximadamente, na parte centro-sur do dito cordal. A localidade de Alishan, sita a oeste da montaña, é a máis próxima.
AscensiónsEditar
O Yu Shan é un pico de fácil escalada polo que non atrae demasiado a atención dos montañeiros especializados que prefiren retos máis complexos. Hai dous sendeiros ben marcados que conducen até a cima.
ContornoEditar
O monte está incluído dentro do Parque Nacional de Yu Shan, polo que se precisa un permiso do mesmo para poder subir ao monte. Dado o clima tropical, con influencia monzónica, imperante na zona a vexetación é abundante e adaptada ao medio (bambú, lianas, coníferas).
Outros nomesEditar
O capitán de fragata estadounidense Alexander W. Morrison descrebeu a montaña en 1857 e denominouna Mount Morrison, nome que foi usado durante tempo na bibliografía xeográfica occidental. Mentres durou a ocupación de Taiwán polos xaponeses o Yu Shan foi chamado por eles Niitakayama, é dicir monte Niitaka.