O Rysy é unha montaña do cordal do Alto Tatra, sita xustamente na fronteira entre Polonia e Eslovaquia. O Rysy culmina con tres picos: o máis alto mide 2.503 m e está en territorio eslovaco, como o do suroeste (2,473 m). O situado no noroeste, con 2.499 m contén o punto de maior elevación de Polonia.

Rysy
O Rysy visto desde Polonia

Elevación: 2.503 metros
Latitude: 49° 10′ 25″ N
Lonxitude: 20° 05′ 29″ W
Localización: Eslovaquia, Polonia
Cordilleira: Montes Tatra
Primeira acensión: 30.07.1840, Eduard Blásy, Ján Ruman
Rota máis fácil: Desde Štrbské pleso, Eslovaquia
O Rysy sitúase na fonteira polaco-eslovaca

Nome editar

As explicacións do nome, máis correntes, baséanse no significado común dalgúns vocábulos eslavos. Así sostense que en polaco e en eslovaco rysy significa "rabuñazos", "fendas", aludíndose á serie de barrancos ou cavorcos das ladeiras occidentais no lombo dos montes Žabie ridge, ou cn maior probabilidade a un deles de 500 m de profundidade situado na aba polaca. Outros indican que rysy significa linces en eslovaco (sing. rys), aludindo aos tres picos que figuran tres lincen á espreita.

O nome da montaña en húngaria, Tengerszem-csúcs, así como o alemán, Meeraugspitze, significan ambos "Pico do Ollo do Lago", aludindo ao Morskie Oko (Ollo do Lago), que é un lago sito nun circo glaciar da montaña.

Ascensións editar

A primeira ascensión rexistrada ocorreu en 1840, e foi efectuada por Eduard Blásy e o seu guía, Ján Ruman-Driečny (pai). A primeira ascensión invernal realizárona, en 1884, Theodor Wundt e Jakob Horvay. Afírmase que Lenin subiu á montaña a comezos da década de 1910. Outro famoso escalador do pico foi o papa Xoán Paulo II.

Montañismo editar

O Rysy é das poucas cotas dos Montes Tatra nos que se autoriza a escalada sen guía obrigatoria. Rutas doadas sono, desde lado eslovaco, partindo de Štrbské pleso e atravesando por Chata pod Rysmi (ver abaixo); ou ben desde lado polaco subindo até o Morskie Oko, aínda que é unha vía máis dura. Até a abolición de fronteiras en 2007, había un posto de control no linde entre ambos países no mesmo cume. No lado eslovaco, a 2.250 m.s.n.m., hai un chalé de montaña Chata pod Rysmi, aberto entre maio e outubro.