Kebnekaise
O monte Kebnekaise é a montaña máis elevada de Suecia, cunha altura de 2.111 msnm.
Monte Kebnekaise | |
---|---|
![]() Kebnekaise, o monte máis alto en Suecia | |
Localización xeográfica | |
Cordilleira | Macizo do Kebnekaise |
Latitude | 67° 54′ 02″ N |
Lonxitude | 18° 31′ 0″ E |
Localización administrativa | |
Localización | Suecia |
Características xerais | |
Altitude | 2.111 m |
Montañismo | |
Primeira ascensión | 1883 por Charles Rabot |
Ruta máis fácil | Ruta leste |
NomeEditar
O nome é unha adaptación ao sueco do saami Giebmegáisi ou Giebnegáisi, que significa " Cima do Caldeiro", unha denominación corrente para certas montañas en distintos lugares. O caldeiro adoita aludir a algún gran circo glaciar que se desenvolveu nas proximidades do cume.
Características especiaisEditar
O Kebnekaise forma parte do macizo orográfico do mesmo nome, que forma parte dos Alpes Escandinavos. A montaña ten dous picos, dos cales o máis elevado é do sur con 2.104 metros, consonte a última medición. O pico norte, con 2.097 metros é penedoso e libre de neve. Como o glaciar que cobre a cota sur flutúa, a altura do Kebnekaise tamén cambia. A cifra tradicional é de 2.111 m, e nas medicións máis antigas dábanse até 2.117 m. De proseguir a fusión de xeos, ao ritmo que o fai na actualidade, é posíbel que o pico norte pase a ser a maior altura de Suecia, e de feito é a maior altitude fixa do país.
SituaciónEditar
O Kebnekaise érguese na Laponia sueca, a uns 150 km ao norte do Círculo Polar Ártico e a 70 km ao oeste da cidade de Kiruna. Preto do macizo pasa a popular senda Kungsleden, entre Abisko e Nikkaluokta.
En Europa non hai unha montaña máis alta tan ao norte. Parte do territorio visíbel desde o monte pertence a Noruega, pero a Suecia corresponde 9% da área que se pode ver desde o cume, que son uns 40.000 km², unha superficie similar á de Holanda ou Estremadura.
Rutas e equipamentoEditar
Existe un refuxio de montaña ao pé do pico. É o punto de partida para dúas vías de ascenso: a ruta oeste (västra leden), que se estende uns 13 km, con 4 a 6 horas de camiño até a cima; e ruta leste (östra leden), de 10 km, e 3 a 5 horas até o cume. A vía oeste leva por ladeiras verticais até a cima intermedia de Vierranvárri e de aí para á xelada cima sur. A ruta leste conduce por glaciares e rochas de grao I-II (UIAA), estando ben equipada con cables fixos.
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Kebnekaise |