Monte Kosciuszko
Coordenadas: 36°27′21″S 148°15′49″L / -36.4558303, 148.2635105
O Monte Kosciuszko, con 2.228 m.s.n.m. é a maior elevación da Australia continental, porén a maior altura do estado australiano sitúase no monte Mawson Peak, con 2.745 m, sito na illa Heard. O monte é citado, con frecuencia, como Kosciusko, porque este foi en realidade o nome oficial até 1997, cando a Geographical Names Board of New South Wales adoptou como oficial a grafía máis próxima á polaca.
Monte Kosciuszko | |
---|---|
![]() | |
Elevación: | 2.228 metros |
Localización: | Australia |
Cordilleira: | Alpes Australianos |
Primeira acensión: | 1840, Paweł Edmund Strzelecki |
Rota máis fácil: | |
![]() |
Cambios de localización
editarDiversas medición demostraron que o pico que orixinariamente fora baptizado como Kosciuszko, era lixeiramente máis baixo que o seu veciño, o Monte Townsend, de xeito que, para manter a posición, os nomes foron transpostos por decisión do New South Wales Lands Department. Así o cadro de Eugene von Guerard, exposto na National Gallery of Australia, titulado "Northeast view from the northern top of Mount Kosciusko" (1863) (Vista do nordeste desde a cima do Monte Kosciusko), é actualmente desde o Monte Townsend.
Xeografía
editarO Monte Kosciuszko érguese na cadea montañosa dos Alpes Australianos ou Snowy Mountains, no interior do Parque Nacional Kosciuszko.
Ascensións
editarHa motivos para crer que os primeiros en subir á cima do Kosciuszko foron aborixens, con anterioridade á chegada dos europeos.
A primeira escalada documentada foi realizada polo explorador polaco Paweł Edmund Strzelecki no ano 1840, que foi quen lle puxo o nome á montaña, impóndolle o do xeneral Tadeusz Kościuszko, heroe nacional da Polonia.
Outros datos
editarNo Territorio Antártico Australiano sitúase aínda o Monte McClintock, de 3.492 m, que supera as dúas cimas arriba citadas.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Monte Kosciuszko Mt Kosciuszko Inc. Perth - Australia (en inglés)}