Provincia de Lugo

provincia galega

Lugo é unha das catro provincias de Galicia creadas por Javier de Burgos en 1833. É a meirande provincia galega e a de menor poboación relativa. Limita ó norte co mar Cantábrico, ó oeste coa provincia da Coruña e a de Pontevedra, ó sur coa provincia de Ourense e ó leste co Principado de Asturias e a provincia de León, pertencente a Castela e León. A súa capital e a cidade máis poboada é Lugo, sendo a segunda cidade en poboación Monforte de Lemos, seguida de Viveiro, Vilalba, Sarria, Ribadeo, Foz, Burela e Chantada[1].

Modelo:Xeografía políticaProvincia de Lugo
Lugo (gl)
Lugo (es) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 43°N 7°O / 43, -7Coordenadas: 43°N 7°O / 43, -7
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia Editar o valor em Wikidata
CapitalLugo Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación326.013 (2021) Editar o valor em Wikidata (33,08 hab./km²)
Xeografía
Superficie9.856 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porMar Cantábrico Editar o valor em Wikidata
Punto máis altoMustallar (1.935 m) Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Organización política
Órgano executivoDeputación de Lugo Editar o valor em Wikidata
• Presidente da Deputación Editar o valor em WikidataDarío Campos Conde (2015–2019) Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal27 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
ISO 3166-2ES-LU Editar o valor em Wikidata
Código NUTSES112 Editar o valor em Wikidata
Código INE27 Editar o valor em Wikidata

Páxina webdeputacionlugo.gal Editar o valor em Wikidata

Aínda que é a maior das provincias galegas, é a terceira en número de habitantes, con 327 946 habitantes en 2020, tras A Coruña e Pontevedra.

Consta de 67 concellos, 11 comarcas e 9 partidos xudiciais, integrados por 1167 parroquias e 10 299 entidades de poboación.[2]

Xeografía editar

 
Lugo por Francisco Coello, 1864.
 
O mar Cantábrico en Burela.
 
O río Sil ó seu paso pola Ribeira Sacra lucense.
 
O Landro ó seu paso polo concello de Ourol.
 
O encoro de Belesar no concello do Saviñao.
 
Vista da praia das Catedrais, en Ribadeo
 
A croa do castro de Viladonga, en Castro de Rei, é un dos miles de castros que ten a provincia.

A provincia sitúase no nordeste de Galicia, e ocupa 9.856 km². Segundo o IGE[3], no ano 2020 vivía unha poboación de 327 946 habitantes, cunha densidade de poboación duns 33,27 hab./km².

Limita ao norte co mar Cantábrico, ao oeste coa provincia da Coruña, ao sur coa provincia de Ourense, e ao leste, co Principado de Asturias e coa provincia de León.

A orixe da delimitación moderna parte do proxecto de prefecturas de Xosé I, na invasión napoleónica, que establecía a prefectura do Alto Miño, con cabeceira en Lugo e subprefecturas en Lugo, Mondoñedo e Viveiro.[2]

Rías editar

As rías da provincia de Lugo forman parte das Rías Altas. De oeste a leste son:

Illas editar

As illas máis importantes da costa lucense son, de oeste a leste:

Cabos editar

Entre os numerosos cabos e puntas que hai na provincia debido a súa costa irregular, destacan:

Ríos editar

O principal río que a percorre é o Miño, que tamén acada a provincia de Ourense e fai de linde entre a provincia de Pontevedra e Portugal, desembocando no océano Atlántico. Na cornixa cantábrica ten moitos pequenos ríos. O afluente do Miño é o Sil, que, doutra banda, cómpre dicir que resulta un atractivo turístico amais de polos canóns e a súa riqueza vinícola, tamén polo encadramento no que se atopa, a chamada Ribeira Sacra, que abrangue o sur da provincia de Lugo e mais o norte da de Ourense.

Encoros editar

Hai 28 encoros na provincia, entre os que destacan:

Para unha lista completa, véxase Lista de encoros de Galicia.

Lagoas editar

Na provincia de Lugo hai varias lagoas situadas na Terra Chá:

Sistemas montañosos editar

Os sistemas montañosos máis importantes da provincia son:

Demografía editar

Concellos máis poboados editar

Comarcas e concellos da provincia de Lugo
 
Concellos máis poboados
Posición Concello Poboación (2020)
  Lugo 98.519
  Monforte de Lemos 18.347
  Viveiro 15.391
  Vilalba 14.079
  Sarria 13.338
  Foz 10.016
  Ribadeo 9.860
  Burela 9.498
  Chantada 8.157
10º   Guitiriz 5.490
11º   Outeiro de Rei 5.210
12º   Castro de Rei 5.073
13º   Cospeito 4.374
14º   Cervo 4.192
15º   Friol 3.682
16º   O Saviñao 3.589
17º   Monterroso 3.562
18º   Mondoñedo 3.480
19º   O Corgo 3.440
20º   A Fonsagrada 3.328
21º   Quiroga 3.151
22°   Palas de Rei 3.316
23°   Xove 3.360
24°   Barreiros 3.001
25º   Begonte 2.976
26°   A Pastoriza 2.963
27º   Becerreá 2.826
28º   Taboada 2.689
29º   Guntín 2.238
30º   Castroverde 2.592

Evolución editar

Gráfico da evolución da poboación da provincia dende 1900 ata 2020:

Patrimonio editar

Zonas protexidas editar

Na provincia de Lugo hai varias zonas protexidas, aínda que non hai ningún parque nacional nin natural.

Economía editar

O 50% pertence a servizos, o 34% a primaria (agricultura, gandería, silvicultura e pesca), o 11% é a construción e o 5% a industria (incluída a enerxía).[Cómpre referencia][cando?]

Comunicacións editar

Estradas editar

Ferrocarril editar

Na provincia de Lugo hai tres liñas de tren en funcionamento:

Transporte aéreo editar

Comarcas editar

Comarca Capital Concellos
Os Ancares Becerreá Becerreá, Baralla, Cervantes, Navia de Suarna, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro
Chantada Chantada Carballedo, Chantada, Taboada
A Fonsagrada A Fonsagrada Baleira, A Fonsagrada, Negueira de Muñiz
Lugo Lugo Castroverde, O Corgo, Friol, Guntín, Lugo, Outeiro de Rei, Portomarín, Rábade
A Mariña Central Mondoñedo Alfoz, Burela, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, O Valadouro
A Mariña Occidental Viveiro Cervo, Ourol, O Vicedo, Viveiro, Xove
A Mariña Oriental Ribadeo Barreiros, A Pontenova, Ribadeo, Trabada
Meira Meira Meira, Pol, Ribeira de Piquín, Riotorto
Quiroga Quiroga Folgoso do Courel, Quiroga, Ribas de Sil
Sarria Sarria O Incio, Láncara, Paradela, O Páramo, Samos, Sarria, Triacastela
Terra Chá Vilalba Abadín, Begonte, Castro de Rei, Cospeito, Guitiriz, Muras, A Pastoriza, Vilalba, Xermade
Terra de Lemos Monforte de Lemos Bóveda, Monforte de Lemos, Pantón, A Pobra do Brollón, O Saviñao, Sober
A Ulloa Antas de Ulla Antas de Ulla, Monterroso, Palas de Rei

Concellos editar

As comarcas da provincia de Lugo divídense en 67 concellos (Galicia ten 313).

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. "Cifras oficiais de poboación a 1 de xaneiro de 2016". IGE. Arquivado dende o orixinal o 24 de marzo de 2016. Consultado o 12/7/2017. 
  2. 2,0 2,1 AAVV (2019). Das vías romanas á modernidade. deputación Provincial de Lugo. ISBN 9788412059717. 
  3. IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor de Galicia" (en galego). Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2020. Consultado o 27 de abril de 2021. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar