Abrir o menú principal

Praia de Augas Santas

(Redirixido desde "Praia das Catedrais")

A praia de Augas Santas, coñecida de xeito turístico por praia das Catedrais, é un areal situado na parroquia da Devesa, no concello de Ribadeo. Na actualidade é citada de xeito repetido entre as máis bonitas do mundo.[1]

Praia de Augas Santas
Catedrais 2.jpg
Arcos na praia de Augas Santas.
43°33′14″N 7°9′26″O / 43.55389, -7.15722Coordenadas: 43°33′14″N 7°9′26″O / 43.55389, -7.15722
Posto de primeiros auxilios Paraxe natural
Características xerais
LocalizaciónRibadeo
Lonxitude1500 m
Largo medio100 m
Grao de ocupaciónAlta
Grao de urbanizaciónAlgún
Paseo marítimoYes check.svg
Características específicas
Condicións do bañoYes check.svg
Aspectos medioambientais
Zona protexidaSi
Seguridade
Equipo de vixilanciaSi
Sinalización do perigoSi
Equipo de salvamentoSi
Accesibilidade
Tipo de accesoPeonil
Sinalización do accesoYes check.svg

CaracterísticasEditar

Ten unha lonxitude media de 1500 metros, aínda que coa marea alta pode quedar reducida a 320 m, xa que está illada en varias porcións consideradas ás veces independentes. Ten un largo moi variable debido a que a preamar tapa toda a area en moitas partes dela, mentres noutras a baixa se descobre ata 100 m. A praia é aberta con area branca e fina, bañada por unha ondada moderada. Algún ano ten disposto de Bandeira Azul. É lugar de peregrinaxe para a visita dos seus arcos e cantís, incluíndo os diversos ollos (furnas), o arco da illa de Xan Galo e a cova de paso do Chinelo, a nivel de area, e para admirar o conxunto dende o sendeiro do alto do cantil.

Entre os seus arcos agóchanse gran cantidade de especies de algas, moluscos, aves e vexetais, na actualidade en estudo mediante un convenio entre o concello de Ribadeo e a Universidade de Santiago de Compostela.[2].

A base rochosa ten uns 500 millóns de anos, dende cando sufriu sucesivas inundacións e retiradas do mar. Os seus estratos de diferente dureza e sucesivas fracturas en diferentes direccións facilitaron a acción erosiva ata amosar a imaxe que presentan hoxe en día.

Forman parte da flora sobre o acantilado a herba de namorar, perexil de mar, toxo ou breixo. Na parte inferior, as algas vermellas e as coralináceas fan compañía ós liques. Representantes máis numerosas das aves son as gaivotas e os corvos mariños. E como fauna pegada ó substrato, percebes, mexillóns, lapas e bígaros.[1]

Acceso e servizosEditar

Ten acceso doado pola N-634, de Ribadeo a San Cosme de Barreiros e collendo o desvío á praia das Catedrais en Reinante. Dispón así mesmo de pistas locais paralelas á costa e tamén de servizo de ferrocarril a través dos apeadoiros de Esteiro e Reinante (Renfe-FEVE). En 2019 está prevista a construción dun apeadoiro específico para a praia.[3]

A praia está atendida por un equipo de salvamento; hai servizos de limpeza diaria, e a menos de 500 m. Na zona existen restaurantes, hostais, hoteis e demais servizos públicos (pasarelas, aparcadoiros etc...). Outros servizos da praia son as duchas e aseos, ademais da sinalización do estado do mar. Moi cerca dela atópanse os portos deportivos de Ribadeo e Foz. E no caso de accidentes o Hospital Comarcal da Costa-Burela é o encargado de atendelos.

O que máis resalta desta praia son os 300 metros de cantís furados pola marea que forman uns arcos semellantes aos arcobotantes das catedrais góticas (orixe do seu actual nome[1]), e que só se poden ver coa marea baixa. A praia está protexida polas de San Miguel de Reinante (Barreiros), Esteiro, As Illas, Os Castros, Areosa e Olga (todas de Ribadeo), que, á súa vez dan nome e conforman o lugar de importancia comunitaria das Catedrais, espazo natural protexido e catalogado dentro da Rede Natura 2000. O lugar foi declarado monumento natural pola Xunta de Galicia no ano 2005. Está encadrada na zona da Rede Natura 2000 como zona especial de conservación (ZEC ES 1120005[4]) e está dentro da Reserva da Biosfera Oscos, Eo e Terras de Burón[5].

No ano 2008 foi elixida como a mellor praia de Europa pola web de viaxes máis consultadas na Unión Europea, --Youvox Voyage--, que realizou unha enquisa sobre 8.000 areais do mundo[6].

En 2012 foi elixida por Traveller's Choice como a mellor praia de España, segunda de Europa e sexta mundial[7].

A acumulación de vistas no verán fixo que no ano 2015 se puxera en marcha un polémico plan da Xunta de Galicia, para restrinxir o acceso, con solicitude telemática de pases, complementada con pases para as pernoctas en Ribadeo, usuarios de autobús Ribadeo-praia e outras posibilidades.

OutrosEditar

Na contorna, téñense gravado imaxes para numerosas series e documentais.[8]

Galería de imaxesEditar

Vista cara ó leste. 
 
Xente no acceso. 
Xente nos arcos. 
 
 
 
 
Marea alta 
Vista aérea da praia de Augas Santas. 

NotasEditar

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar