Vilasouto, O Incio
San Mamede de Vilasouto é unha parroquia do concello do Incio na comarca de Sarria, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 79 habitantes (33 homes e 46 mulleres), un máis ca en 2006.
Vilasouto | |
---|---|
Igrexa de San Mamede de Vilasouto. | |
Concello | O Incio[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 42°40′02″N 7°25′31″O / 42.667335, -7.425384 |
Poboación | 48 hab. (2017) |
Entidades de poboación | 5[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
editarA parroquia aparece mencionada nun documento do ano 982 do mosteiro de Samos, ao que pertenceu na idade media logo de que lle cedese o lugar Dona Ermesenda. Despois pasou a man da casa de Lemos até a fin do Antigo Réxime.
A igrexa de San Mamede de Vilasouto foi construída no século XII, época da que conserva a portada románica, aínda que a espadana e a nave son barrocas. O templo ardeu en 1936, cando perdeu a cuberta e sufriu danos no retablo. Restaurouse, mais pechouse ao culto en 1970 logo da construción do encoro de Vilasouto no río Mao, cando se edificou outra igrexa nova. En 2008 roubouse a pía bautismal, de granito e labrada no século XVII ou XVIII.
Destacan dúas construcións civís: o Pazo dos Campomanes e a Casa-Pazo de Calvos.
Galería de imaxes
editar- Artigo principal: Galería de imaxes do Incio.
-
Portada da igrexa de Vilasouto.
Lugares e parroquias
editarLugares de Vilasouto
editarLugares da parroquia de Vilasouto no concello lucense do Incio | |
---|---|