Illa Pancha

accidente xeográfico en Ribadeo

Coordenadas: 43°33′23″N 7°02′30″O / 43.556388888889, -7.0416666666667

A illa Pancha é o extremo occidental da saída da ría de Ribadeo, fronte á Punta da Cruz.

Illa Pancha
Faros da Illa Pancha.
Illa Pancha en Lugo
Illa Pancha
Illa Pancha
Localización no mapa provincial.
Situación
PaísGaliza Galiza
ProvinciaLugo
MarMar Cantábrico
Xeografía
Superficie0,011 km²
Demografía
PoboaciónDeshabitada
Illa Pancha en xullo de 2015.

Xeografía e historia editar

Está situada na punta nordeste do concello de Ribadeo, e acolle o principal faro da contorna. Está unida a terra por unha ponte refeita con formigón armado no ano 1983.[1] Próximo a ela está o miradoiro da Illa Pancha, incluído na ribadense Ruta dos Miradoiros.

Ten unhas 1,1 hectáreas e orografía escarpada e recortada, aínda que chá no seu cumio, onde está instalado o vello faro de illa Pancha, construído en 1857. O novo faro, na zona norte, é do último cuarto do século XX (1983).

A illa tivo unha estación meteorolóxica a finais dos anos 1920.[2]

Xeoloxía e bioloxía editar

A súa costa é rochosa e ten vexetación de plantas costeiras que lle dá unha cor moi variable ó longo do ano, incluída a invasora 'unlla de gato'.

Panchorro editar

Nas súas proximidades desenvólvese unha onda que polas súas características (ata 20 m de altura) é codiciada polos surfistas, pretendéndose organizar un campionato en función da súa aparición, o "IIla Pancha Challenge"[3][4].

Polémica sobre o hotel editar

No ano 2014 comezou o proceso para que o faro sexa usado coma hotel, contando con oposición veciñal[5][6][7]. Está catalogada como Zona 2, Área de Conservación, dentro do Plan Director da Rede Natura 2000, zonas que a priori non están autorizadas para uso turístico.[8] Pese ó anterior, en abril de 2017 o vello edificio comezou a ter actividade como apartamentos turísticos. En 2019 o colectivo de Ribadeo Por Nuestro Faro denunciou restricións de acceso.[9]. En agosto de 2021 a empresa hostaleira abriu unha cafetería con terraza.

En 2022 o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia reiterou a obriga de que a illa tivese acceso libre ao ser un espazo natural.[10]

Dependencia administrativa editar

A illa é administrada pola Autoridade Portuaria de Ferrol-S. Cibrao.

Notas editar

  1. "Faros de la Autoridad Portuaria de Ferrol - San Ciprián". La web de un farero. Consultado o 09/12/2016. 
  2. Resumen de las observaciones efectuadas durante el año 1929. Servicio Meteorológico Español. 1935. 
  3. "Illa Pancha Challenge: a la espera de olas gigantes en Galicia". AS.com (en castelán). 2018-12-12. Consultado o 2018-12-12. 
  4. "La ola gigante de Illa Pancha". La Voz de Galicia (en castelán). 2018-12-04. Consultado o 2018-12-13. 
  5. "Etiqueta Illa Pancha". Ribadeando. Consultado o 09/12/2016. 
  6. "Comienzan las obras para convertir el faro de illa Pancha en un hotel de lujo". La Voz de Galicia - A Mariña. Consultado o 09/12/2016. 
  7. La Voz de Galicia. "100.000 euros a obras y 15.600 de alquiler". Consultado o 20151028. 
  8. "O hotel da Illa Pancha chega ao Parlamento Europeo por posibles irregularidades en conservación da natureza". PREGUNTAS PARLAMENTARIAS - Xornal da AGEe. Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2016. Consultado o 1 set de 2016. 
  9. Lourido, Vanesa Gómez (2019-06-26). "Por Nuestro Faro denuncia ante a Fiscalía as limitacións na entrada a Illa Pancha". Xornal da Mariña. Consultado o 2019-06-27. 
  10. "O TSXG reitera a obriga do hotel instalado na Illa Pancha de permitir en todo momento o acceso a este espazo natural". Praza Pública. 2022-04-20. Consultado o 2022-04-21. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

Autoridade Portuaria de Ferrol-S.Cibrao (en castelán)