Faro de illa Pancha

faro na illa Pancha, Ribadeo
Datos xerais
Faro Illa Pancha en Lugo
Faro Illa Pancha
Faro Illa Pancha
Localización xeográfica Illa Pancha
Localización municipal Ribadeo, provincia de Lugo
Construción 1859 (vello) - 1983 (en uso)
Datos técnicos - faro en uso
Código internacional D-1660
Descrición Torre circular
Altura sobre o nivel do mar 28 metros
Altura sobre o terreo 13 metros
Características Gp D (3+1) B 20s
Período 0.5+<2.0>+0.5+<2.0>+0.5+

<7.0>+0.5+<7.0>=20

Alcance 21 millas náuticas

O vello faro de illa Pancha atópase na illa Pancha, na parte máis occidental da ría de Ribadeo. Foi comezado a construír en 1857.[1][2] Comparte illa co novo faro, o único en funcionamento como tal dende 1983.

Pertence ó Dominio Público Portuario do servizo de sinalización marítima.[3] Dende 1993 depende da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao.

Historia

editar

Planeado como unha luz de terceira orde destinada a alumear a entrada á ría e ao porto de Ribadeo, e contratado o 31 de maio de 1857[1], este faro inaugurouse o 30 de decembro de 1859 cun alcance de 9 millas náuticas. Unha real orde do 29 de novembro de 1860 dispuxo o seu acendido para o 30 do mes seguinte coa aparencia de luz fixa vermella e 9 millas de alcance. Este faro estivo activo ata o 1 de outubro de 1983,[4] data na que entrou en funcionamento o novo faro.

O proxecto do enxeñeiro Marcelo Sánchez Movellán, cun orzamento de 47 500 reais, ideou unha luz simétrica, elevada 9 m sobre o terreo (24 m sobre o nivel do mar), coa torre cadrada de 3,5 m de lado e 6,7 m de altura encaixada no centro dun edificio de planta cadrada e 128 m² de superficie[3] para así protexela dos temporais. A torre remata nun balcón de ferro forxado e unha torre octogonal para soportar a lanterna hexagonal de vidros planos.

En 1858 engadiuse unha ponte de ferro sobre tres piares ancorados en dous illotes. Como faro de illa, e a categoría da súa luz, debía estar atendido por dous torreiros; con todo, para economizar no servizo e suprimir un encargado decidiuse construír unha ponte de unión con terra. En 1883 substituíuse a lámpada por unha de petróleo dunha mecha. En 1917 entrou en servizo un xogo de pantallas para producir ocultacións.[5]

 
Os dous faros, no 2012.

No último terzo do século XX foi construído un segundo faro na illa, o único que funciona dende 1983, se ben o vello faro aínda mantén montada a lente de Fresnel. O novo faro ten unha torre illada con lanterna de montantes inclinados, acadando a súa luz as 21 millas náuticas. É un dos 187 do patrimonio administrado por Portos do Estado (dependente do Ministerio de Fomento).

Coa adopción do faro no 1993 pola Autoridade Portuaria de Ferrol - San Cibrao instalouse un sistema de alimentación de reserva composto por baterías encargadas de subministrar a corrente continúa en caso de fallo da rede eléctrica. Tamén foi monitorizado o faro na súa totalidade para ser supervisado dende o centro de control situado no porto de Ferrol.

En 2002 realizáronse actuacións na illa para mellorar a contorna dos faros antigo e novo. No ano 2004 reforzouse a ponte de acceso á illa. No ano 2006 substituíuse o equipo luminoso de reflectores por unha lanterna de óptica xiratoria con paneis de Fresnel e con cambiador de lámpada principal e outra de reserva de 70 W.

No ano 2014 comezou o proceso para que o vello faro sexa usado coma hotel no marco da iniciativa 'Faros de España', contando con oposición veciñal.[6][7] En abril de 2017 comezou a actividade como apartamentos turísticos con dúas habitacións.

  1. 1,0 1,1 "Faros de la Autoridad Portuaria de Ferrol - San Ciprián". La web de un farero. Consultado o 9/12/2016. 
  2. "Faro de Isla Pancha". Diario de mi muerte. As obras foron poxadas o 31 de maio de 1857. 
  3. 3,0 3,1 Pepa Martín (outubro 2015). "Una luz más constante" (PDF). Revista de Fomento (en castelán). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 20 de agosto de 2016. Consultado o 27 de xuño de 2018. 
  4. J.Alonso (5/3/2016). "La tramitación de la licencia municipal retrasa el proyecto del faro de Illa Pancha". 
  5. "D1660 Faro de Isla Pancha". Vuelta Ibérica de los faros. Consultado o 21/11/2016. 
  6. "100.000 euros a obras y 15.600 de alquiler". La Voz de Galicia. 28/10/2015. 
  7. "O Concello reclama informes da Xunta e o Estado para aprobar o hotel do faro". El Progreso. 28/10/2015. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar