Ruta dos miradoiros

A ruta dos miradoiros é unha ruta turística de Ribadeo establecido en 2005 que percorre miradoiros xa existentes.

Illa Pancha.

Ruta editar

Parte dende a Praza de España, pasando por detrás da Torre dos Moreno e desprazándose polas rúas da Trindade e Bispo Veres (a man dereita) cara ao miradoiro da Atalaia.

  • O miradoiro da Atalaia está o carón da capela máis antiga de Ribadeo; a capela da Nosa Señora da Trindade. Datada do século XII cunha porta gótica do século XIV. O lugar serviu noutrora para protexe-la vila coas súas murallas e ten coma reflexos dos obxectivos defensivos do lugar dous canóns na parte baixa do miradoiro. Tamén hai unha vista da ría de Ribadeo, dos restos da muralla, o porto e da outra beira da ría, os pobos asturianos das Figueiras e Castropol. Pola noite, dispón dun xogo de luces que intensifican a súa beleza.

Dando a volta pola mesma rúa de entrada, ou dende a parte inferior polas antigas escaleiras, chegamos á rúa Antón Otero que vai en dirección á ría. No fondo remata no paseo marítimo (e outras rúas). Neste paseo achamos na esquerda o porto deportivo de Porcillán, e á dereita un dos recheos da ría. Se ascendemos pola rúa Calvo Sotelo podemos continuar cara ó paseo do Faro, sempre á vista da ría. Se collemos pola vella rúa de ascenso ó pobo, chegamos a rúa Viejo Pancho e pola man dereita nos metemos por unha pequena rúa que vai dar a rúa San Miguel. Desta pásase, polo ameado cuartel vello, a rúa Calvo Sotelo, saíndo de novo ó paseo do Faro que se percorre seguindo o carón da Ría de Ribadeo. Aquí hai tres miradoiros: Capela de San Miguel, que fai oposición á asturiana de san Román, dando entre ambas o nome á 'ponte dos Santos' que une as dúas ribeiras da ría, o do Cargadoiro, antigo cargadoiro de mineral, metálico antes e de madeira agora, rodeado dun parque e que ten ó seu pé unha praia, chamada asemade do cargadoiro, e o da illa Pancha, estrutura moderna de madeira que mira sobre o mar Cantábrico e os entrantes e saíntes costeiros máis próximos.

  • O miradoiro de San Miguel está a carón da capela do mesmo nome. O miradoiro, o mesmo que a ponte dos Santos, ten unha excelente vista sobre o porto deportivo. As actividades marítimas danlle un punto de vista diferente a este miradoiro, que é punto privilexiado para olla-las regatas de bote de vela latina, exclusivos da ría de Ribadeo, que se celebran durante o verán.
  • O miradoiro do Cargadoiro é outro punto de parada obrigada. A ambas beiras deste miradoiro discorre o paseo da beira da Ría de Ribadeo. Resalta del unha estrutura de madeira en beiril sobre a ría, sostida polos piares do antigo cargadoiro de mineral de ferro que forman parte da historia industrial de Ribadeo (na primeira medade do século XX). Dende alí pódese ver a particular riqueza paisaxística da ría e da zona, augas limpas, rochas e calas pedregosas. Á esquerda está o Forte de San Damián, construción militar do século XVIII de carácter defensivo rehabilitada no ano 1995, usada como sala municipal da arte e para outras actividades (hai pouco realizouse alí un campamento musical). Agocha un que parece un bonito reloxo de sol, que reta o visitante a coñecer a que hora se atopa nese momento, e que en realidade é un esquema da arcada.
  • O miradoiro da illa Pancha é o punto final da Ría de Ribadeo, a Carón do faro. O mar cobra protagonismo nun miradoiro apacible ou onde se pode recoller o furor do mar. Á súa vez esta arrodada de zonas con pequenas calas rochosas. Tamén cerca dela queda a praia das Rochas Brancas. Tras a ponte de acceso a illa (normalmente de acceso prohibido) atópase o faro antigo, e xusto o seu carón levántase o faro moderno que sinala a entrada da ría. Un panel na entrada da illa da información e describe a historia do primeiro deles.

Unha volta alí, podemos emprende-lo retorno polo mesmo lugar ata chegar a rúa Calvo Sotelo. Ó fondo dela tornamos cara a dereita e xa estamos na rúa de San Roque (nela podemos ver fermosos edificios burgueses, as chamadas 'casas de indianos' de primeiros do século XX). Pasada a capela da Virxe do Camiño (escasamente a 100 m.) temos a sinalización do miradoiro de Santa Cruz. Hai que afastarse 2,5 km da vila nun ascenso cunha pendente media dun 5 %. Chegados o miradoiro de Santa Cruz, completamos unha ruta de lonxitude duns 11,5 km completamente asfaltados e pavimentados.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar