Casa de indianos
construcións típicas nas zonas de emigrantes ás Américas
(Redirixido desde «Casas de indianos»)
As casas de indianos trátanse de construcións típicas nas zonas de emigrantes ás Américas. Aqueles que triunfaban enviaban cartos ó seu lugar de procedencia e construían casas dun estilo en voga daquela nas Américas, que contrastan coas da súa contorna pola riqueza de construción e formas, e que comezaron a ser chamadas así polo nome dos emigrantes ás Américas, 'indianos'[1] os cales, en moitos casos actuaron como filántropos nas súas vilas natais, construíndo escolas, prazas, parques e restaurando as igrexas locais. Unha zona típica de casas de indianos é Ribadeo e a zona da Mariña Luguesa en xeral.
Galería de imaxesEditar
Torre dos Moreno, Ribadeo
NotasEditar
- ↑ "Definición de "indiano"". academia.gal. Consultado o 2020-02-01.
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- Bores Gamundi, Fernando (coord.) (2000). Casas de Indianos (PDF) (en castelán). Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2803-4.