Aeródromo de Vilaframil
aeródromo en Vilaframil, Ribadeo
O aeródromo de Vilaframil (OACI: LEVF) é un aeródromo situado no concello de Ribadeo. A súa única pista está asfaltada, ten 1000 metros de lonxitude por 20 de anchura, e está situada a tres quilómetros do núcleo urbano e a 500 metros da costa.[1] As instalacións complétanse con dous hangares.
Aeródromo de Vilaframil
| |||
---|---|---|---|
Sumario | |||
Tipo | Privado | ||
Operador | Club Aéreo de Ribadeo | ||
Localización | Ribadeo, Galicia | ||
Elevación (msnm) | 25 metros / 82 pés | ||
Web | |||
Pista(s) | |||
Dirección | Longo | Superficie | |
metros | pés | ||
08/26 | 1 000 | 3 280 | asfalto |
O aeródromo foi construído polo empresario madrileño Rafael del Pino, fundador e presidente da empresa Ferrovial, quen tiña unha casa en Ribadeo. Na actualidade está xestionado polos socios do Club Aéreo de Ribadeo.[2]
A carón do aeródromo atópanse as instalacións da empresa fabricante de avións lixeiros Construcciones Aeronáuticas de Galicia, presidida por José Luis González Miró, quen tamén preside o Club Aéreo de Ribadeo.[3]