Aeródromo de Rozas
Coordenadas: 43°6′43″N 7°27′39″O / 43.11194, -7.46083
Sumario | |||
---|---|---|---|
Tipo | Privado | ||
Propietario | Ministerio de Defensa | ||
Operador | Real Aeroclub de Lugo | ||
Cidade/Illa | Lugo, Galicia | ||
Localización | Mondriz, Castro de Rei | ||
Elevación (msnm) | 443 metros / 1 453 pés | ||
Coordenadas | 43°6′43″N 7°27′39″O / 43.11194, -7.46083 | ||
Web | |||
Pista(s) | |||
Dirección | Longo | Superficie | |
metros | pés | ||
04/22 | 1 200 | 3 937 | asfalto |
O aeródromo de Rozas é un aeródromo situado no lugar de Rozas, na parroquia de Mondriz en Castro de Rei, a oito quilómetros[1] do centro da cidade de Lugo. Foi inaugurado o 4 de xuño de 1943, sendo o aeroporto central de Galicia ata a construción do aeroporto da Lavacolla. Actualmente non ten uso comercial. No aeródromo celébrase anualmente a "A Volta Aérea a Galicia".
HistoriaEditar
Foi construído pola Luftwaffe alemá durante a segunda guerra mundial[2] con motivo de proporcionar un mantemento rápido das antenas do Radiofaro do sistema Consol de Arneiro. O aeródromo estaba constituído por tres hangares de considerables dimensións, que ademais dispoñían de barracóns auxiliares.
Unha vez finalizada a contenda, o aeródromo de Rozas foi recoñecido como un lugar excepcional para a creación dun aeroporto de maiores dimensións, e chegou a ser base aérea durante algún tempo no que había unha guarnición considerable até que, no ano 1953, decídese desmantelalo. O primeiro hangar desmóntase e é trasladado a Palma en 1958, e outro deles á base aérea de Cuatro Vientos (Madrid) en 1959, o mesmo pretendían co terceiro e último pero, ante esta crítica situación constituíuse de maneira urxente e da man do por aquel entón alcalde de Lugo Ramiro Rueda Fernández, o Real Aero Club de Lugo, co fin de evitar a desaparición total das instalacións.
Durante os anos 2008 e 2009 fixéronse importantes investimentos no aeródromo de Rozas por parte da Cámara de Comercio de Lugo,[3] como o peche perimetral da pista e a reforma da terminal pretendendo converter a Rozas nun aeroporto de carga que tamén dispoña de voos a Madrid e a Barcelona. A pista do aeródromo é de 1200×45m, pista de tamaño semellante ás que dispoñen aeroportos como o de Sligo (Irlanda) ou o de Santos Dumont (Brasil), suficiente para avións de até 50-70 prazas turbohélices.
No ano 1949 o aeródromo de Rozas foi o aeroporto central de Galicia, esta situación mantívose durante dous anos, mentres se levaba a cabo a construción do aeroporto de Santiago de Compostela.
NotasEditar
- ↑ "Centros de Vo a Vela: Rozas". Arquivado dende o orixinal o 11 de setembro de 2011. Consultado o 02 de outubro de 2010.
- ↑ 2,0 2,1 "O aeródromo de Rozas". Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2010. Consultado o 02 de outubro de 2010.
- ↑ "El aeródromo lucense de Rozas quiere reemprender el vuelo", artigo en El Correo Gallego, 3 de novembro de 2008 (en castelán).
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Aeródromo de Rozas |