Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial

O Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial é un organismo público de investigación de España, especializado na investigación e desenvolvemento tecnolóxico aeroespacial, que depende do Ministerio de Defensa.

Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial
Logo
AcrónimoINTA
Tipocentro de investigación e Organismos Públicos de Investigación
Campo de traballospace program of Spain e Aeronáutica
Data de fundación1942
Nº de empregados1.493 (2020) Editar o valor em Wikidata
Organización matrizSecretariat of State of Defence of Spain
Organización subsidiariaCentro de Astrobiología, El Arenosillo, Instituto Tecnológico «La Marañosa», General Marvá laboratory, Maspalomas Station e Madrid Deep Space Communication Complex
SedeTorrejón de Ardoz e Moguer
PaísEspaña
40°29′32″N 3°28′37″O / 40.492222222222, -3.4770833333333
Na rede
http://www.inta.es/
Facebook: Instituto-Nacional-de-T%C3%88cnica-Aeroespacial-INTA-1115693671859126/ Twitter: intaespana Youtube: UCwGLSuAERYMR_dKBuWy2fVg Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Funcións editar

  • A adquisición, mantemento e mellora continuada de todas aquelas tecnoloxías de aplicación no ámbito aeroespacial.
  • A realización de todo tipo de ensaios para comprobar, homologar e certificar materiais, compoñentes, equipos, subsistemas e sistemas de aplicación no campo aeroespacial.
  • O asesoramento técnico e a prestación de servizos a entidades e organismos oficiais, así como a empresas industriais ou tecnolóxicas.
  • Actuación como centro tecnolóxico do Ministerio de Defensa.

Actividade editar

A actividade científico-técnica do Instituto articúlase en torno a un centenar de proxectos de investigación, dos cales unha terceira parte se renova anualmente. Máis da metade dos recursos económicos do INTA (aproximadamente o 60%) destínase á realización de actividades de desenvolvemento tecnolóxico, unha terceira parte a investigacións aplicadas, e o resto a accións de investigación básica.

Tecnoloxía editar

As áreas tecnolóxicas fundamentais desenvolvidas polo INTA están relacionadas coa tecnoloxía aeronáutica (40%) e a tecnoloxía espacial (46%), repartíndose o resto entre diferentes tecnoloxías dos ámbitos da enerxía, o medio ambiente, a automoción e a seguridade no transporte, aos que, en conxunto, se destina o 14% do orzamento.

Entre os seus programas de alta tecnoloxía conta:

Servizos á industria editar

 
Robledo de Chavela, Madrid.

O INTA proporciona asesoramento técnico e presta servizos a organismos públicos e empresas industriais e tecnolóxicas. Os ingresos procedentes destas actividades financian a quinta parte do orzamento do Instituto.

Destes ingresos, a terceira parte provén dos contratos con entidades estranxeiras, maioritariamente europeas, primordialmente a Axencia Espacial Europea. O resto dos ingresos proceden dos traballos realizados á industria española, aproximadamente outra terceira parte, e a outros organismos da AGE, principalmente ao Ministerio de Defensa.

Persoal editar

O cadro de persoal do INTA está formado por máis de 1.200 persoas, das cales aproximadamente un millar se dedica a actividades de I+D. Máis do 40% do persoal do Instituto ten acreditada algunha titulación universitaria.

Ademais, o Instituto leva a cabo un intenso labor de formación de técnicos e científicos, tanto do seu propio persoal coma de bolseiros, nunha cantidade que supera o centenar, a maioría titulados superiores e, aproximadamente, a metade doutores.

Participación en empresas editar

Co obxecto de flexibilizar a súa actividade no campo industrial, o INTA ten a propiedade total da compañía INSA, que proporciona servizos técnicos especializados en campos da máis alta tecnoloxía, desenvolvendo actividades relacionadas coa enxeñería aeronáutica e espacial.

Ademais, como instrumento do Ministerio de Defensa, tamén participa en empresas privadas do ámbito espacial. Así, forma parte da empresa Hispasat, cun 16,42%, e das novas empresas creadas para facer posible o futuro sistema de comunicacións por satélite para a Defensa, HISDESAT e XTAR, cunhas porcentaxes respectivas do 37,6% e do 16,3%.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar