Xogos Olímpicos de 2008

(Redirixido desde "Xogos Olímpicos de Pequín")

Os Xogos Olímpicos de Pequín 2008 (oficialmente denominados Xogos da XXIX Olimpíada) tiveron lugar na cidade de Pequín, capital da República Popular da China, entre o 8 e o 24 de agosto de 2008, aínda que o torneo de fútbol comenzou dous días antes, o 6 de agosto. Ao concluír o evento, leváronse a cabo na mesma cidade os XIII Xogos Paralímpicos, entre o 6 e o 17 de setembro.

Xogos Olímpicos de 2008
Beijing2008Olympics-2.jpg
Cidade anfritioaPequín, Flag of the People's Republic of China.svg China
LemaOne World, One Dream
(en chinés: 同一个世界 同一个梦想)
Nacións204
Atletas10 942 (6 305 homes, 4 637 mulleres)
Eventos302 en 28 deportes (41 disciplinas)
Apertura8 de agosto de 2008
Clasura24 de agosto de 2008
Inaugurado porPresidente Hu Jintao[1]
Lapa olímpicaLi Ning[1]
EstadioEstadio Nacional de Pequín
AnteriorAtenas 2004
SeguinteLondres 2012

O evento deportivo contou con 302 probas en 28 deportes[2] nas que, segundo estimacións, participaron uns 10.500 atletas de 204 países. Ademais de Pequín, algunhas das probas deportivas tiveron lugar noutras cidades da China. O torneo de fútbol tivo lugar nas cidades cidades de Qinhuangdao, Tianjin, Shenyang e Shanghai, namentres as regatas de vela e as probas de hípica efectuáronse no porto de Qingdao e no de Hong Kong, respectivamente.

Os Xogos Olímpicos de Pequín 2008 tiveron un custo que podería superar os 41.000 millóns de dólares, case triplicando o orzamento final do seu antecesor, os Xogos Olímpicos de Atenas 2004, converténdose no evento máis custoso da historia olímpica.[3] A organización deste evento enfrontou diversos problemas dende a súa elección, o 13 de xullo de 2001, especialmente polos problemas de contaminación atmosférica que enfronta a cidade sede e polas acusacións de violacións aos dereitos humanos que recibiu o réxime chinés por parte importante da comunidade internacional, xerando diversas protestas que afectaron o percorrido do facho olímpico. O goberno da China promocionou os xogos co obxectivo de destacar a importancia e influencias do país no resto do mundo.[4]

Proceso de candidaturaEditar

Aínda que as candidaturas de París e Toronto eran mellores, o COI estaba interesado en que os Xogos se celebrasen na China, o país máis poboado do planeta. Esta decisión foi moi discutida polas violacións da China aos dereitos humanos. Para silenciar estas queixas, elixiuse como lema: Novo Pequín, Grandes Xogos para destacar o troco de ideais do país para o novo milenio.

112º Sesión do Comité Olímpico Internacional
13 de xullo de 2001, Moscova, Rusia
Cidade País Votación
  Pequín China 44 56
  Toronto Canadá 20 22
  París Francia 15 18
  Istambul Turquía 17 9
  Osaka Xapón 6 -

Sedes e instalacións deportivasEditar

 
Mapa de localización dos recintos olímpicos en Pequín.
 
Estadio Nacional (chamado Niño de paxaro), sede principal dos Xogos Olímpicos

O Goberno chinés e o Comité Organizador dos Xogos construíron ou renovaron 36 recintos deportivos, así como 59 centros de adestramento.

En Pequín construíronse doce novas instalacións, entre as que sobresae o Estadio Nacional e o Centro Acuático. Dez instalacións existentes renováronse e acondicionáronse para a cita olímpica. Así mesmo erguéronse oito instalacións temporais, que ao final dos Xogos serán retiradas ou reconvertidas. Ademais contarase cun circuíto urbano para o maratón e as probas de marcha, e un circuíto tanto na cidade como nos arredores para as competicións de ciclismo en ruta.

Nas outras cidades sedes remodeláronse catro estadios, mellorouse o Centro Hípico de Hong Kong e acondicionouse o porto de Qingdao para as regatas de vela.

En PequínEditar

Construcións novas:

Recintos existentes:

Recintos temporais:

Fóra de PequínEditar

CalendarioEditar

Nos Xogos Olímpicos de Pequín leváronse a cabo 302 competicións en 28 deportes. Na táboa seguinte detállanse os días nos que se efectuaron as competicións de cada deporte, así como o número de finais por día que se celebraron.

Evento 06 07 08 09 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 TOT
Inauguración
Atletismo 3 4 5 6 5 3 7 6 7 1 47
Bádminton 1 2 2 5
Baloncesto 1 1 2
Balonmán 1 1 2
Béisbol 1 1
Boxeo 5 6 11
Ciclismo 1 1 2 2 1 1 3 3 1 1 1 1 18
Esgrima 1 1 1 1 1 2 1 1 1 10
Fútbol 1 1 2
Ximnasia 1 1 1 1 4 4 4 1 1 18
Halterofilia 1 2 2 2 2 2 1 1 1 1 15
Hípica 2 1 1 1 1 6
Hóquei sobre herba 1 1 2
Judo 2 2 2 2 2 2 2 14
Loita 2 2 3 2 2 2 2 3 18
Natación 4 4 4 4 4 4 4 4 1 1 2 3 2 2 2 1 46
Péntatlon moderno 1 1 2
Piragüismo 2 2 6 6 16
Remo 7 7 14
Softbol 1 1
Taekwondo 2 2 2 2 8
Tenis 2 2 4
Tenis de mesa 1 1 1 1 4
Tiro 2 2 2 2 2 1 1 2 1 15
Tiro con arco 1 1 1 1 4
Tríatlon 1 1 2
Vela 2 1 2 2 2 2 11
Voleibol 1 1 1 1 4
Clausura
Agosto 06 07 08 09 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 TOT

Galegos nos XogosEditar

Todos os participantes galegos nos Xogos (14, dos cales dez eran homes e catro mulleres) fixérono dentro do equipo de España. Estes foron os seus nomes:

Política nos XogosEditar

Os Xogos Olímpicos de Beixín víronse embazados pola censura e por diversos conflitos políticos. A situación no Tíbet, provincia chinesa onde se reivindica un maior grao de autonomía, provocou unha vaga de solidariedade internacional que chegou a ameazar a presenza dalgúns xefes de estado e de goberno na cerimonia inaugural[7][8]. Ademais, o percorrido do facho olímpico arredor do mundo tivo que ser alterado, suspendido por veces e protexido con grandes medidas de seguridade en cidades como París, Londres ou San Francisco[9][10][11].

Para evitar protestas, prohibiuse que se exhibisen nos recintos olímpicos bandeiras de países que non estivesen competindo oficialmente[12].

A censura gobernamental sobre os contidos de internet mantívose na China durante o desenvolvemento dos Xogos, incluso para os xornalistas estranxeiros e para a comunidade olímpica[13]. O día 6 de agosto, dúas xornadas antes do comezo dos xogos, dous cidadáns británicos e dous estadounidenses foron detidos[14] por penduraren unha pancarta onde se reclamaba liberdade para o Tíbet, a pouca distancia do Estadio Olímpico.

ParticipantesEditar

No tocante ó número de atletas, 11.883 atletas inscribíronse inicialmente (entre eles, os dous atletas de Brunei), pero só 10.902 atletas participaron efectivamente nos Xogos, excluíndo a lesionados e descualificados. Destes, 6.294 eran homes e 4.608 eran mulleres.

A táboa seguinte amosa ós países participantes nos Xogos Olímpicos de Pekín 2008 e o número de atletas representantes (en corchetes, o número de homes e de mulleres):

Listaxe de nacións participantes

MedalleiroEditar

 
O estadounidense Michael Phelps (no centro) gañou oito medallas de ouro nas probas de natación, converténdose no deportista que obtivo máis medallas de ouro gañadas nun só evento olímpico e na historia dos Xogos.
Véxase o artigo Medalleiro dos Xogos Olímpicos de Pequín 2008.
Posición País Ouro Prata Bronce Total
1   China (CHN) 47 17 26 90
2   Estados Unidos (USA) 31 36 36 103
3   Rusia (RUS) 19 20 23 62
4   Reino Unido (GBR) 18 13 13 44
5   Alemaña (GER) 14 9 13 36
6   Australia (AUS) 12 14 16 42
7   Corea do Sur (KOR) 11 10 7 28
8   Xapón (JAP) 9 6 10 25
9   Italia (ITA) 7 8 10 25
10   Países Baixos (NED) 7 5 4 16

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 "Factsheet - Opening Ceremony of the Games of the Olympiad" (PDF) (Nota de prensa). International Olympic Committee. 9 de outubro de 2014. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de agosto de 2016. Consultado o 22 de decembro de 2018. 
  2. Comité Olímpico Internacional http://multimedia.olympic.org/pdf/en_report_1056.pdf%7Cformato=PDF[Ligazón morta] Programme of the Games of the XXIX Olympiad, Pequín 2008 4/08/2008
  3. http://www.informador.com.mx/deportes/2008/27104/1/beijing-tendra-los-juegos-olimpicos-mas-caros-de-la-historia.htm Pequínn terá os Xogos Olímpicos máis caros da historia 4/08/2008
  4. China's coming out party Toronto Star 8 de agosto de 2007 http://www.thestar.com/Sports/Olympics/article/242172 Arquivado 24 de agosto de 2008 en Wayback Machine.
  5. JJOO: La gallega Teresa Portela se queda fuera de la final del K-1 500 metros[Ligazón morta]
  6. Las piragüistas españolas Manchón y Molanes se quedan a las puertas de la final
  7. Sarkozy threatens boycott of Beijing Olympic Games opening ceremony, The Times
  8. Most EU leaders stay away from Olympic ceremony, EUObserver, 8/8/08
  9. O facho olímpico percorre París escoltado nun autobús, Vieiros, 7/4/08
  10. Tentan apagar o facho olímpico no seu paso por Londres, Vieiros, 6/4/08
  11. O COI podería suspender o percorrido do facho olímpico Arquivado 04 de febreiro de 2012 en Wayback Machine., Galicia-e,8/4/08
  12. A bandeira galega, prohibida en Beixín, Vieiros, 3/8/08
  13. Hundreds of websites still censored at Beijing Olympics Los Angeles Times, 5/8/08
  14. Britons held in Beijing protest, BBC, 6/8/08

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar