José Antonio Hermida

ciclista español

José Antonio Hermida Ramos, nado en Puigcerdà o 24 de agosto de 1978, é un ciclista de montaña galego-catalán, especialista en campo a través. Proclamouse campión do mundo no ano 2010, campión de Europa en 2002, 2004 e 2007, e participou en cinco Xogos Olímpicos (Sydney 2000, Atenas 2004, Pequín 2008, Londres 2012 e Río 2016), logrando unha medalla de prata en Atenas.[1]

José Antonio Hermida
Nome completoJosé Antonio Hermida Ramos
Nacemento24 de agosto de 1978
Lugar de nacementoPuigcerdà
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónciclista
PremiosMedalla de Ouro da Real Orde do Mérito Deportivo e sen etiquetar
Na rede
Olympic.org: jose-antonio-hermida Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Hermida en xullo de 2009.

Traxectoria editar

Naceu no concello catalán de Puigcerdà, sendo fillo de dous emigrantes galegos, a nai de Tioira, Maceda, e o pai de Baños de Molgas.[2] Na súa infancia pasou tempadas na aldea de Meamán, onde andaba en bicicleta polas corredoiras e montes do lugar.[3] En 1996 foi campión do mundo júnior de ciclismo de montaña,[4] e no ano 2000 campión do mundo sub-23.[5]

Participou nos Xogos Olímpicos de 2000 en Sydney, rematando ás portas das medallas, ao acabar a proba de campo a través na cuarta posición.[6] Ao ano seguinte conseguiu a prata na Copa do Mundo de Ciclismo de Montaña, mesmo resultado que repetiu en 2005, 2007 e 2009. Ademais foi campión de Europa nos anos 2002, 2004 e 2007.

Nos Xogos Olímpicos de Atenas conseguiu a medalla de prata por detrás do francés Julien Absalon e por diante do neerlandés Bart Brentjens.[7][8] Foi campión de España de ciclocrós en 2007 e 2008,[9] mentres que na seguinte cita olímpica, Pequín 2008, só puido ser décimo.[10] Dous anos despois proclamouse campión do mundo de campo a través, ao impoñerse na proba celebrada no Quebec ao checo Jaroslav Kulhavý e ao surafricano Burry Stander.[11]

Volveu quedar preto das medallas nos Xogos Olímpicos de 2012 en Londres, rematando cuarto, a só catro segundos do bronce do italiano Marco Aurelio Fontana.[12] En 2016 participou nos seus quintos Xogos, os de Río de Xaneiro, onde só puido ser 16º,[13] e pouco despois anunciou a súa retirada da alta competición.[14]

Ten contribuído ao impulso do ciclismo de montaña na provincia de Ourense, colaborando en diversos proxectos, como a escola de ciclismo de Maceda que leva o seu nome.[15][16]

Notas editar

  1. "El català José Antonio Hermida, campió del món de BTT" Arquivado 10 de febreiro de 2015 en Wayback Machine., artigo en El Periódico de Catalunya, 5 de setembro de 2010 (en catalán).
  2. Castro, Xosé Ramón (6 de agosto de 2004). "José Antonio Hermida: «A miña meta é mellorar o cuarto posto de Sidnei»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 19 de setembro de 2021. 
  3. Castro, Xosé Ramón (28 de agosto de 2004). "¿Josep... o Pepiño?". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 19 de setembro de 2021. 
  4. "José Antonio Hermida, campeón mundial júnior de mountain bike". La Voz de Galicia (en castelán). 21 de setembro de 1996. p. 55. 
  5. "José Antonio Hermida, un ourensano campeón mundial de mountain bike". La Voz de Galicia (en castelán). 29 de decembro de 1999. p. 56. 
  6. "Ciclismo de campo a través nos Xogos Olímpicos de 2000". sports-reference.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 18 de abril de 2020. Consultado o 19 de setembro de 2021. 
  7. "Ciclismo de campo a través nos Xogos Olímpicos de 2004". sports-reference.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 18 de abril de 2020. Consultado o 19 de setembro de 2021. 
  8. "José Antonio Hermida gana la medalla de plata". As (en castelán). 28 de agosto de 2004. Consultado o 19 de setembro de 2021. 
  9. "Palmarés do Campionato de España de ciclocrós" (PDF) (en castelán). Consultado o 19 de setembro de 2021. 
  10. Pascual, Luis Miguel (24 de agosto de 2008). "Hermida guarda sus pistolas tras acabar décimo". La Opinión A Coruña (en castelán). Consultado o 19 de setembro de 2021. 
  11. "José Antonio Hermida Campeón del Mundo" (en castelán). 6 de setembro de 2010. Consultado o 19 de setembro de 2021. 
  12. "Hermida se quedó a 4 segundos del bronce". Marca (en castelán). 12 de agosto de 2012. Consultado o 19 de setembro de 2021. 
  13. "Campo a través nos Xogos Olímpicos de 2016". olympics.com (en inglés). Consultado o 19 de setembro de 2021. 
  14. "José Antonio Hermida anuncia su retirada de la alta competición" (en castelán). 7 de outubro de 2016. Consultado o 19 de setembro de 2021. 
  15. Bega, Iván (11 de marzo de 2018). "El éxito de la Escola de Ciclismo de Maceda" (en castelán). Consultado o 19 de setembro de 2021. 
  16. "Escola Hermida". hermidabike.com. Arquivado dende o orixinal o 20 de setembro de 2019. Consultado o 19 de setembro de 2021. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar