Michael Phelps

nadador estadounidense

Michael Fred Phelps II, nado o 30 de xuño de 1985 en Baltimore (Maryland)[1], é un nadador estadounidense, considerado un dos máis importantes de tódolos tempos. As súas participacións olímpicas en Atenas 2004, Pequín 2008 e Londres 2012 saldáronse cunha colleita de 28 medallas (23 de ouro, 3 de prata e 2 de bronce), o cal converte a Phelps no deportista máis laureado da historia dos Xogos Olímpicos. A súa especialidade era o estilo bolboreta, malia que tamén salientou no estilo crol. Ó longo da súa carreira bateu 39 récords mundiais de natación.

Michael Phelps
Michael Phelps August 2016.jpg
Nome completoMichael Fred Phelps II
Nacemento30 de xuño de 1985
 Baltimore, Maryland
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterTowson High School, Dumbarton Middle School e Universidade de Michigan
Ocupaciónnadador
PaiMichael Fred Phelps
NaiDeborah Sue Davisson
CónxuxeNicole Johnson
editar datos en Wikidata ]
Michael Phelps nos Xogos Olímpicos de 2016.

TraxectoriaEditar

Nos Xogos OlímpicosEditar

Phelps comezou a súa carreira olímpica nos Xogos de Sydney 2000 con 15 anos de idade, sen acadar ningunha medalla. Nas súas seguintes 3 participacións acadou 22 medallas nestas probas:

  • Xogos de Atenas 2004: 6 ouros (100m bolboreta, 200m bolboreta, 200m estilos, 400m estilos, 4x200m libres, 4x100m estilos) e 2 bronces (200m libres, 4x100m libres).
  • Xogos de Pequín 2008: 8 ouros (400m estilos, 4x100m libres, 200m libres, 200m bolboreta, 4x200m libres, 200m estilos, 100m bolboreta, 4x100m estilos).
  • Xogos de Londres 2012: 4 ouros (4x200m libres, 200m estilos, 100m bolboreta, 4x100m estilos) e 2 pratas (4x100m libres, 200m bolboreta).

Trala cita de Londres, Phelps anunciou a súa retirada do deporte profesional, malia ter tan só 27 anos de idade.

Nos Campionatos MundiaisEditar

Phelps competiu en campionatos do mundo de natación entre os anos 2001 e 2011, colleitando 26 ouros, 6 pratas e 1 bronce, repartidos do seguinte xeito:

  • Mundial de Fukuoka 2001: 1 ouro (200m bolboreta).
  • Mundial de Barcelona 2003: 4 ouros (200m bolboreta, 200m estilos, 400m estilos, 4x100m estilos) e 2 pratas (100m bolboreta, 4x200m libres).
  • Mundial de Montreal 2005: 5 ouros (200m libres, 200m estilos, 4x100m libres, 4x200m libres, 4x100m estilos) e 1 prata (100m bolboreta).
  • Mundial de Melbourne 2007: 7 ouros (200m libres, 100m bolboreta, 200m bolboreta, 200m estilos, 400m estilos, 4x100m libres, 4x200m libres).
  • Mundial de Roma 2009: 5 ouros (100m bolboreta, 200m bolboreta, 4x100m libres, 4x200m libres, 4x100m estilos) e 1 prata (200m libres).
  • Mundial de Xangai 2011: 4 ouros (100m bolboreta, 200m bolboreta, 4x200m libres, 4x100m estilos), 2 pratas (200m libres, 200m estilos) e 1 bronce (4x100m libres).

NotasEditar

  1. "Michael Phelps". Arquivado dende o orixinal o 19 de febreiro de 2018. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar