Antón Paz Blanco
Antón Paz Blanco, nado en Vilagarcía de Arousa o 8 de agosto de 1976, é un regatista galego, campión mundial e olímpico da clase tornado.
Antón Paz Blanco | |
---|---|
Nome completo | Antón Paz Blanco |
Nacemento | 8 de agosto de 1976 |
Lugar de nacemento | Vilagarcía de Arousa |
Nacionalidade | España |
Ocupación | regatista |
Premios | Medalla de Ouro da Real Orde do Mérito Deportivo |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria editar
Competiu no Real Club Náutico de Sanxenxo, habitualmente facendo parella na clase tornado con Fernando Echavarri, proclamándose campións de España en tres ocasións (2000, 2001 e 2003).[1] Nos Xogos Olímpicos de Atenas 2004 conseguiu un diploma olímpico ao rematar oitavo xunto a Echavarri na clase tornado. Gañou o Campionato Mundial de Tornado en 2005 e 2007 e o Campionato Europeo de 2005, ademais de quedar cuarto no campionato do mundo da clase Tiger en 2005.[2][3] En 2008 conquistou o ouro da clase tornado nos Xogos Olímpicos de Pequín.[2]
Cando a clase tornado deixou de ser olímpica comezou a competir xunto a seu irmán Carlos na clase 49er,[4] conseguindo a prata na Final da Copa do Mundo de 2014 celebrada en Abu Zabi.[5] Ademais capitaneou con Carlos o barco Vilagarcía da clase Platu 25, logrando o bronce mundial en 2007, o ouro en 2008 e a prata en 2012.[6][3]
En 2016 deixou as categorías olímpicas pasando a adestrarse con catamaráns da Clase A.[7] En 2020 proclamouse subcampión de España desta clase en Murcia.[8]
Ademais exerce como adestrador doutros regatistas e asistiu aos Xogos Olímpicos de 2016 como adestrador do equipo grego de Nacra 17.[9][10]
Principais títulos editar
Medallas olímpicas | ||
Ouro | Clase tornado | Beijing 2008 |
- Medalla Olímpica de Ouro na clase tornado nos Xogos Olímpicos de 2008.
- Campión do mundo de tornado en 2005 e 2007.
- Campión do mundo de Platu 25 en 2008 (prata en 2012 e bronce en 2007).
- Campión de Europa de tornado en 2005.
- Medalla de bronce no Campionato do mundo de tiger en 2005.
- Elixido, canda Fernando Echavarri, mellor regatista do mundo en 2005 pola Federación Internacional de Vela.
- Oitavo clasificado, e diploma olímpico, na proba de clase tornado dos Xogos Olímpicos de Atenas.
- Tres veces campión de España na categoría tornado en 2000, 2001 e 2003.
- Terceiro clasificado na Semana Olímpica de Hyeres. 2001.
- Cuarto clasificado na Spa Regatta (2001) e no Campionato de Europa de Cagliari de clase tornado (2003).
Notas editar
- ↑ Penedo, Pablo (9 de setembro de 2003). "Antón Paz conquista o seu terceiro Campionato de España de Tornado". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 14 de outubro de 2020.
- ↑ 2,0 2,1 "Fernando Echávarri y Antón Paz, campeones del mundo". Faro de Vigo (en castelán). 19 de xuño de 2005. Consultado o 14 de outubro de 2020.
- ↑ 3,0 3,1 "Base de datos da ISAF". site-isaf.soticcloud.net (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 16 de febreiro de 2021. Consultado o 14 de outubro de 2020.
- ↑ "Antón Paz deja la clase tornado para competir con su hermano" (en castelán). 22 de setembro de 2009. Consultado o 14 de outubro de 2020.
- ↑ "Plata para los hermanos Carlos y Antón Paz, y bronce para Manchón". El Correo Gallego (en castelán). 13 de outubro de 2020. Consultado o 14 de outubro de 2020.
- ↑ "El Vilagarcía se proclama campeón del mundo de Platu 25". Marca (en castelán). 3 de outubro de 2009. Consultado o 14 de outubro de 2020.
- ↑ "Antón Paz deja el rumbo olímpico". La Voz de Galicia (en castelán). 11 de novembro de 2016. Consultado o 14 de outubro de 2020.
- ↑ "Antón Paz se estrena en el Campeonato de España de la Clase A con el segundo puesto". La Voz de Galicia (en castelán). 29 de setembro de 2020. Consultado o 14 de outubro de 2020.
- ↑ Penedo, Pablo (2 de xuño de 2016). "Antón Paz vuela a los Juegos de Río con pasaje heleno". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 14 de outubro de 2020.
- ↑ Penedo, Pablo (22 de febreiro de 2019). "Antón Paz asume la tutela de un nuevo par de soñadores olímpicos". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 14 de outubro de 2020.