Li Ning

Li Ning, nado en Laibin (Guangxi) o 10 de marzo de 1963 é un exximnasta e empresario chinés. Fundou a compañía de material deportvio Li-Ning.

Li Ning
Li Ling during 2008 Summer Olympics opening ceremony.jpg
Nacemento8 de setembro de 1963
Lugar de nacementoLiuzhou
NacionalidadeRepública Popular da China
Alma máterUniversidade de Pequim
Ocupaciónemprendedor, ximnasta artístico e empresario
CónxuxeChen Yongyan
Premioshonorary doctor of the Hong Kong Polytechnic University
Na rede
Olympic.org: ning-li Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Carreira deportivaEditar

Li comezou a adestrar aos oito anos e foi seleccionado para o equipo nacional en 1980. En 1982, gañou seis das sete medallas concedidas na sexta Copa do Mundo de Ximnasia, valéndolle o título de "Príncipe da Ximnasia" (体操王子/體操王子).

Li é célebre por gañar seis medallas nos Xogos Olímpicos de 1984, primeiros xogos nos que participou a China. Gañou tres ouros en chan, cabalo con aros e aneis, dúas pratas e un bronce. Ademais gañou once medallas no campionato mundial de ximnasia artística, incluíndo medallas de ouro en aneis (1985) e na xeral por equipos (1983).[1]

A pesar das lesións, participou nos Xogos Olímpicos de 1988, que foron o final da súa carreira deportiva.

Vida posteriorEditar

Li retirouse da competición en 1988, e en 1990 fundou Li-Ning Company Limited, que vende calzado e material deportivo na China.[1] Li é o xefe dos directores da compañía. Segundo a lista de ricos da China de Hurun Report de 2014, a súa fortuna estimada é de cinco mil millóns de RMB, facendo del a 407.ª persoa máis rica da China.[2]

Li foi incluído no Salón Internacional da Fama da Ximnasia en 2000, primeiro chinés incluído.[3]

Nos Xogos Olímpicos de 2008, Li Ning encendeu a lapa na cerimonia de inauguración tras ser levantado no aire con cables e arremedar unha carreira polo bordo do estadio.[4][5][6]

Li está casado con Chen Yongyan, ximnasta gañadora da medalla olímpica de bronce en 1984.[1]

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 1,2 Li Ning Arquivado 17 de abril de 2020 en Wayback Machine.. sports-reference.com
  2. "China Rich List 2014 – Li Ning". Hurun Report. Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 10 de setembro de 2015. 
  3. "LI NING". International Gymnastics Hall of Fame. Consultado o 12 de maio de 2007. 
  4. "Games begin with spectacular show". BBC.co.uk. 8 de agosto de 2008. Consultado o 2008-08-08. 
  5. "Li Flies High at Opening Ceremonies". International Gymnast. 8 de agosto de 2008. Arquivado dende o orixinal o 09 de agosto de 2008. Consultado o 8 de agosto de 2008. 
  6. Fong, Mei (25 de agosto de 2008). "Li Ning on the Beijing Olympics". The Wall Street Journal. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar