Manuel Chaves

político español

Manuel Chaves González, nado en Ceuta en 1945, é un político español do Partido Socialista Obreiro Español (PSOE). Ostentou o cargo de presidente da Xunta de Andalucía entre 1990 e 2009, de vicepresidente terceiro do Goberno de España e ministro de Política Territorial entre 2009 e 2011, e foi presidente do PSOE dende 2000 até 2012.

Manuel Chaves
Manuel Chaves González
Datos persoais
Nacemento7 de xullo de 1945
 Ceuta
OrganizaciónPartido Socialista Obrero Español
Alma máterUniversidade de Sevilla
ProfesiónPolítico e profesor de universidade
Na rede
Dialnet: 122062
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Infancia e mocidade editar

Naceu o 7 de xullo de 1945 en Ceuta. Iníciase na política a mediados dos anos 1960 mentres estudaba Dereito. Durante esta época coñece a diversos militantes antifranquistas sevillanos como Amparo Rubiales, Javier Pérez Royo, Rafael Escuredo ou ata Felipe González.

É militante do PSOE e da UGT desde 1968.

Inicios profesionais editar

Licenciouse en Dereito pola Universidade de Sevilla, exercendo nela como profesor non numerario ata que aprobou a súa tese doutoral titulada O accidente de traballo por acto de terceiro, conseguindo unha praza de profesor titular, nun primeiro momento en Bilbao e posteriormente na Facultade de Dereito de Córdoba.

Foi deputado pola provincia de Cádiz no Congreso desde 1977 ata 1990.

Primeira etapa como ministro do Goberno (1986 - 1990) editar

Ocupou o cargo de ministro de Traballo e Seguridade Social de España entre 1986 e 1990, co goberno de Felipe González (IV Lexislatura).

En 1988 sufriu unha folga xeral (a primeira na actual democracia española) convocada entre outros, pola UGT e por CCOO debido ó seu proxecto de lei consistente na aprobación dunha serie de modelos contractuais "en prácticas".

Presidente autonómico (1990 - 2009) editar

En 1990, obtivo a presidencia da Xunta de Andalucía. De forma informal, considerábaselle entón como un dos tres baróns do PSOE, xunto a Juan Carlos Rodríguez Ibarra e José Bono, tamén presidentes autonómicos.

Trala derrota do seu partido nas eleccións xerais do 12 de marzo de 2000, pola cal dimitiu Joaquín Almunia como secretario xeral, fíxose cargo da Comisión Política (nome que se lle deu á xestora). Como presidente da mesma, organizou o 35º Congreso do PSOE, no cal sería elixido secretario xeral José Luis Rodríguez Zapatero. En agradecemento ós servizos prestados ó partido en tan delicada situación, foi proposto para o cargo de presidente do PSOE polo propio Zapatero, cargo que ostentou até 2012.

Nas eleccións autonómicas celebradas en Andalucía o 9 de marzo de 2008, Chaves revalidou a súa maioría absoluta.

Segunda etapa como Ministro do Goberno (2009 - Actualidade) editar

O 7 de abril do 2009 volveu ao Goberno central, tras ser nomeado por Zapatero como Vicepresidente Terceiro e Ministro de Política Territorial. Ese mesmo día dimitiu como Presidente da Xunta de Andalucía e Deputado rexional. Segundo explicou Zapatero ao anunciar os cambios no Goberno, Chaves ten a responsabilidade do diálogo coas comunidades autónomas. Como tal, ten que dirixir a negociación da financiamento autonómica e selar un acordo coas autonomías de réxime común.


Predecesor:
Joaquín Almunia
  
Ministro de Traballo e Seguridade Social de España
 
1986 - 1990
Sucesor:
Luís Martínez Noval
Predecesor:
José Rodríguez de la Borbolla
  
Presidente da Xunta de Andalucía
 
1990 - 2009
Sucesor:
José Antonio Griñán
Predecesor:
Ramón Rubial
 Presidente do PSOE 
2000 - Actualidade
Sucesor:
No cargo
Predecesor:
Nova creación
  
Vicepresidente Terceiro do Goberno de España
 
2009 - 2011
Sucesor:
extinto
Predecesor:
Elena Salgado
  
Ministro de Política Territorial de España
 
2009 - 2011
Sucesor:
Cristóbal Montoro

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar