Os tirantes son correas elásticas de tea que viran sobre os ombreiros para soster o pantalón.

Neno con tirantes

Características

editar

Toda a correa dos tirantes pode ser elástica ou só ao final do accesorio. A maioría dos tirantes son de tea tecida cuns remates finais de coiro. As abrazadeiras engánchanse habitualmente ao pantalón con clips ou, menos comunmente hoxe día, con botóns.

Os tirantes leváronse case de forma mundial debido ao talle alto do pantalón de mediados do século XIX e comezos século XX. Esta figura fixo ao cinto pouco práctico posto que non se deseñou para que o pantalón descansase sobre as cadeiras. As pezas modernas con mellores elásticos e mellor aparencia poden xogar un papel en que os tirantes acabasen pasando de moda. Con todo, nalgúns países como Estados Unidos, moitos homes de negocios, locutores (o máis destacado, Larry King) e avogados, aínda levan tirantes, ben por imaxe, ben por comodidade, e considérase que van á moda por parte da maioría de expertos en Norteamérica. Tales tirantes polo xeral son consideradas como unha peza prestixiosa e son de alta calidade, o que significa que foron feitos para ser abotoados ao pantalón.

O mecanismo de suxeición dos tirantes foise perfeccionando ao longo do século XIX, sendo suxeitos por corchetes ou botóns. Na década de 1930 o migrante galego residente en Nova York Manuel Rodríguez-Arijón Pallas creou un mecanismo de pinzas para a súa suxeición.[1]

  1. Rey, Manuel (29 de novembro de 2017). "Descobren que un galego inventou as pinzas dos tirantes grazas a unha foto familiar". GCiencia. Consultado o 19 de outubro de 2019.