Manuel Rodríguez-Arijón Pallas

inventor galego

Manuel Rodríguez-Arijón Pallas, nado en Carballo en 1895 e finado no mesmo concello en 1963, foi un inventor galego.

Manuel Rodríguez-Arijón Pallas
Nacemento1895
Lugar de nacementoCarballo
Falecemento1963
Lugar de falecementoCarballo
NacionalidadeEspaña
Ocupacióninventor
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

De orixe familiar en Vilar de Peres (Rebordelos), con 16 anos migrou dende a casa paterna na Pereira (Noicela) a Cuba e aos Estados Unidos, primeiro a Tampa (Florida) e posteriormente a Nova York.

En 1936 presentou unha solicitude de patente das pinzas dos tirantes,[1] concedida en 1938. En Nova York rexentou un negocio no que vendía o invento que el mesmo fabricara. Grazas ao seu invento foi convidado a ser membro do Chartered Institute of American Inventors, unha das asociacións de inventores máis importantes do seu tempo.[2]

De volta a Galicia, viviu na súa casa do lugar de Rebordelos (Carballo) ata que faleceu en 1963.

A figura de Manuel Rodríguez-Arijón Pallas volveuse coñecida logo de que o Concello de Carballo impulsase xunto con Phottic o proxecto Carballo na Memoria, para compilar o patrimonio fotográfico municipal. Entre as imaxes achegadas por un descendente seu, encontrábanse imaxes da patente.[2][3]

Notas editar

  1. Barro, David. "Galicia ten un relato" (PDF). Galicia. O deseño como motor (en galego e castelán) (Xunta de Galicia): 14. Consultado o 20 de outubro de 2019. 
  2. 2,0 2,1 Rey, Manuel (29 de novembro de 2017). "Descobren que un galego inventou as pinzas dos tirantes grazas a unha foto familiar". GCiencia. Consultado o 19 de outubro de 2019. 
  3. Viñas, María (15 de xullo de 2018). "Que una foto vale por mil recuerdos". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 20 de outubro de 2019.