Abrir o menú principal

Jorge Verstrynge

político español
(Redirixido desde "Jorge Verstrynge Rojas")

Jorge Verstrynge Rojas, nado en Tánxer o 22 de setembro de 1949, é un politicólogo franco-español, doutor en Ciencias Políticas,[1] e profesor tirular desa materia na Universidade Complutense de Madrid. Está especializado en Xeopolítica, Partidos Políticos, Mundialización e Inmigración.

Jorge Verstrynge
Verstryge.jpg
Nome completoJorge Verstrynge Rojas
Nacemento22 de setembro de 1949 (69 anos)
 Tánxer
NacionalidadeEspaña Español
Alma máterUniversidade Complutense de Madrid e Universidade Complutense de Madrid
OcupaciónPolítico
editar datos en Wikidata ]

Índice

TraxectoriaEditar

Pasou a infancia na súa cidade natal, a mocidade en Francia e posteriormente trasladouse a España a cursar Ciencias Políticas e Socioloxía (especialidade en Estudios Internacionais), na Universidade Complutense de Madrid, licenciándose en 1972. Doutorouse en 1976 coa tese Los efectos de la guerra en la sociedad industrial.

Comezou a súa carreira política no seo do neofascismo francés, evolucionando despois cara o nacionalcomunismo, segundo confesa no seu libro Memorias de un maldito. Alumno de Manuel Fraga na universidade, foi un dos fundadores de Reforma Democrática, embrión do que logo sería Alianza Popular. Foi deputado nacional (1982-1989) e Secretario Xeral de Alianza Popular entre 1979 e 1986, aínda que con anterioridade ocupara a Secretaría de Acción Territorial (1976-1978) e a Secretaría de Organización (1978-1979). Candidato á alcaldía de Madrid no 1983 por AP, resultou derrotado polo socialista Enrique Tierno Galván. Tras verse obrigado a dimitir polo seu enfrontamento con Manuel Fraga o 1 de setembro de 1986, evolucionou ideoloxicamente para posturas políticas socialistas e europeístas e, actualmente, marxistas e antimundializadoras.

Formou parte do Partido Socialista Obreiro Español, aínda que sen ocupar ningún cargo de importancia. Posteriormente foi asesor do político comunista catalán Francisco Frutos, ao que dixo considerar un político sincero e intelixente.

Obras publicadasEditar

EnsaioEditar

  • Una sociedad para la guerra, 1979.
  • Memorias de un maldito, 1999.
  • La guerra periférica y el Islam revolucionario, 2005.
  • Rebeldes, revolucionarios y refractarios, 2006.
  • Frente al Imperio, 2007.
  • Proteccionismo y economías de gran espacio, 2009.
  • ¡Viva la desobediencia!, 2011, Península.
  • Contra quiénes luchar, 2013, Península.

NotasEditar

  1. "Ficha no Congreso dos Deputados". Consultado o 10-07-2017. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar