Enrique Tierno Galván

político, sociólogo, xurista e ensaísta español (1918-1986)


Enrique Tierno Galván, nado en Madrid o 8 de febreiro de 1918 e finado na mesma cidade o 19 de xaneiro de 1986, foi un político, sociólogo e ensaísta español, alcalde de Madrid entre 1979 e 1986.

Modelo:BiografíaEnrique Tierno Galván

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento8 de febreiro de 1918 Editar o valor en Wikidata
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Morte19 de xaneiro de 1986 Editar o valor en Wikidata (67 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio de La Almudena Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Madrid
19 de abril de 1979 – 19 de xaneiro de 1986
← Luis María Huete (pt) TraducirJuan Antonio Barranco Gallardo →
Concelleiro de Madrid
19 de abril de 1979 – 19 de xaneiro de 1986 – José Manuel Rodríguez Martínez →
Deputado no Congreso dos Deputados
20 de marzo de 1979 – 31 de agosto de 1982

Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Madrid

Deputado no Congreso dos Deputados
4 de xullo de 1977 – 2 de xaneiro de 1979

Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Madrid

Catedrático de universidade
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónAgnosticismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Central Editar o valor en Wikidata
Director de teseFrancisco Elías de Tejada Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, xurista, profesor universitario, escritor, sociólogo Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Princeton (1966–1967)
Universidade de Salamanca (1953–1965)
Universidade de Murcia (1948–1953) Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español (1978–1986)
Partido Socialista Popular (–1978) Editar o valor en Wikidata
Interesado enJoaquín Costa Martínez Editar o valor en Wikidata
Obra
DoutorandoAntonio Rovira Viñas (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosEnrique Tierno Pérez-Relaño Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1092527 Dialnet: 20486 Find a Grave: 11834261 Editar o valor en Wikidata

Doutor en Dereito, Doutor en Filosofía e Letras, Catedrático de Dereito Político dende 1948 ata 1953 na Universidade de Murcia, e dende 1953 ata 1965 na Universidade de Salamanca.

Biografía

editar

Foi o primeiro en traducir o Tractatus de Ludwig Wittgenstein e realizou importantes achegas sobre a novela picaresca, a novela histórica e a socioloxía de masas. Home moi culto, escribiu unhas interesantes Acotaciones a la historia de la cultura occidental en la Edad Moderna (1964) e traduciu a obra fundamental de Edmund Burke, as Reflexiones sobre la Revolución Francesa.

Foi procesado en 1957 polas súas actividades políticas. En agosto de 1965 foi expulsado da universidade por apoiar as protestas estudantís en contra da ditadura franquista, xunto cos profesores universitarios José Luis López Aranguren e Agustín García Calvo. En 1966 trasládase aos Estados Unidos onde foi profesor na Universidade de Princeton (1966-1967). Afiliado ó PSOE (Partido Socialista Obrero Español) na clandestinidade, e expulsado despois por diferenzas doutrinais, ó volver a España, en 1968, funda o Partido Socialista del Interior (PSI), que posteriormente, en 1974, pasou a chamarse Partido Socialista Popular (PSP). Ese mesmo ano, xunto ó Partido Comunista de España (PCE), o Partido del Trabajo de España (PTE), o Partido Carlista (PC) e numerosas personalidades independentes, formaría a Xunta Democrática de España (XDE).

Morto Francisco Franco en 1975, ó ano seguinte foi reposto na súa cátedra. Nas primeiras eleccións democráticas, o 15 de xuño de 1977, obtivo a acta de deputado por Madrid, nas listas do PSP (o PSP obtivo en ditas eleccións seis deputados), pero rematou por integrar o seu partido no PSOE, do que foi elixido presidente de honra (abril de 1978). Volveu a ser elixido deputado nas Eleccións Xerais de 1979. Nas primeiras eleccións municipais da democracia (abril de 1979) preséntase como candidato socialista á alcaldía de Madrid. Tras lograr un empate a 25 concelleiros coa UCD, se ben tendo máis votos os centristas, foi elixido alcalde grazas ao apoio dos 9 concelleiros do PCE establecendo unha coalición de goberno con estes. Compaxinou a alcaldía co seu cargo de deputado ata a disolución da cámara en agosto de 1982. Nas eleccións de maio de 1983 foi reelixido por maioría absoluta á fronte do PSOE, se ben continuou contando con edís do PCE no goberno. Permaneceu no cargo ata o seu pasamento en xaneiro de 1986. Durante os case que sete anos de mandato, levou a fin importantes reformas, alcanzando unha gran popularidade. Escribiu un libro de memorias, Cabos sueltos (1981), nunha prosa culta e irónica. Porén, os seus adversarios acusárono de desfigurar a súa propia traxectoria.

Aínda así, gañou o agarimo dos madrileños cos seus humorísticos e ben escritos Bandos municipais e con iniciativas que coidaban os detalles pequenos como devolver os parrulos ó río Manzanares e as flores ós parques públicos, incluso entre a xente nova, ó apoiar a chamada Movida madrileña. O seu enterro, o día 21 de xaneiro, converteuse nunha das concentracións máis numerosas ocorridas na capital de España.


Predecesor:
Luis María Huete
  
Alcalde de Madrid
 
1979 - 1986
Sucesor:
Juan Barranco

Coñecido cariñosamente como O vello profesor, foi autor de varias obras, e nestas destacan:

  • Los Supuestos escotistas en la política de Juan Bodin (1951)
  • Sociología y Situación (1954)
  • Costa y el Regeneracionismo (1961)
  • Humanismo y Sociedad (1964)
  • Diderot como pretexto (1965)
  • Conocimiento y Ciencias Sociales (1966)
  • Babeuf y Los Iguales (1967)
  • Tradición y Modernismo (1973)
  • Sobre la novela picaresca y otros escritos (1974)
  • Democracia, Socialismo y Libertad (1977)
  • Cabos sueltos (1981)

Ademais foi o encargado de redactar o preámbulo da Constitución española de 1978.