Miguel Herrero de Miñón

xurista e político español

Miguel Herrero Rodríguez de Miñón[n. 1] , nado en Madrid o 18 de xuño de 1940, é un político e xurista español.

Miguel Herrero de Miñón
Miguel Herrero y Rodríguez de Miñón 2015 (cropped).jpg
Nome completoMiguel Herrero y Rodríguez de Miñón
Nacemento18 de xuño de 1940
 Madrid
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade Complutense de Madrid
Ocupaciónpolítico e xurista
PremiosGran Cruz da Orde de Isabel a Católica, Creu de Sant Jordi, Decoration of the Order of Civil Merit, Premio Blanquerna, Grand Officer of the Order of Merit of the Italian Republic, honorary doctorate of Pontificia Comillas University e Honorary Doctorate of University of Buenos Aires
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Formación universitariaEditar

Fillo do catedrático de instituto e hispanista Miguel Herrero García,[1] estudou Dereito en Madrid, onde, segundo di nas súas Memorias de estío, pasou por "más estudioso que estudiante". Logo de licenciarse en 1961, doutorouse en 1965 cunha tese sobre o Dereito Constitucional xurdiido trala descolonización. Completou a súa formación en Oxford, en París e en Lovaina, onde se licenciou en Filosofía en 1968. Letrado do Consello de Estado desde 1966, comenzou a colaborar en prensa -Diario Ya, Diario Madrid, Informaciones-, difundindo as súas ideas sobre o que debería ser a transición á morte de Francisco Franco.[2] En 1975 casou con Cristina Jáuregui Segurola, filla de Ramón Jáuregui Epalza e M.ª Luisa Segurola Guereca.

 
En 1980.

Actividadw políticaEditar

Rodríguez de Miñón foi Secretario General Técnico do Ministerio de Xustiza, colaborando de maneira moi activa na primeira amnistía (1976), na Lei para la Reforma Política e na primeira normativa electoral da democracia. Participou na elaboración da Constitución de 1978 e ocupou o cargo de portavoz no Congreso dos deputados, tanto do partido do Goberno (UCD) como da oposición (AP). Foi deputado de UCD entre 1977 e 1981. Algúns autores sinálano como un dos artífices da «operación de acoso e derribo» contra Adolfo Suárez, que remataría coa súa coronación como xefe do grupo parlamentario da UCD.[3] Herrero de Miñón tamén tería mantido contactos con líderes políticos da oposición co obxectivo de sacar a Suárez do poder.[4][n. 2]

Abandonou UCD en febreiro de 1982, ingresando en xullo dese ano en Alianza Popular.[6][7] Foi elixido deputado de AP e do PP nos comicios de 1982, 1986 e 1989.

En 1979 foi elixido concelleiro do Concello de Madrid nas elecciones municipales de abril.[8][9] En 1987 optou á Presidencia de Alianza Popular, pero foi derrotado por Antonio Hernández Mancha.

Actividade profesionalEditar

A súa dilatada carreira profesional inclúe os postos de conselleiro do Banco Exterior de España, vicepresidente da Comisión Xurídica, da Asemblea Consultiva do Consello de Europa (1979-1982) e vicepresidente da Comisión Política da Asemblea do Atlántico Norte, órgano do que formou parte de 1983 a 1993. Ademais, foi membro da Comisión Trilateral.

Militou no Partido Popular ata 2004.[10]

Estudoso do derecho constitucional e as relacións internacionais, publicado numerosos traballos, colaborou asiduamente en prensa e radio, e exerceu tamén como avogado e consultor.

Participou, entre 1998 e 2009, unaha á semana na Tertulia de sabios xunto a Santiago Carrillo, ex-secretario xeral do Partido Comunista de España, Ernest Lluch e Pere Portabella no programa La Ventana da Cadena SER.[11] Abandonou o programa debido ao seu nomeamento como membro permanente do Consello de Estado.

Foi membro do Tribunal Constitucional de Andorra entre 2001 e 2009, presidíndoo entre 2001 e 2003.[12]

Miguel Herrero é asiduo colaborador da Universidade Internacional Menéndez Pelayo.

Academias e asociacións ás que pertenceEditar

  • Membro da Real Academia de Ciencias Morales y Políticas dende o 9 de abril de 1991.[8]
  • Membro correspondente da Academia Nacional de Derecho de Buenos Aires (2017).
  • Membro correspondente da Academia Nacional de Derecho de Córdoba (2017).
  • Membro correspondente da Academia Nacional de Ciencias Morales y Políticas de la República Argentina.

IdeoloxíaEditar

Autopresentado como «españolista de la España Grande»,[13] foi encadrado como representante dunha corrente minoritaria do nacionalismo de tipo neoforalista no espazo conservador español.[14]

ObrasEditar

  • El principio monárquico (1971)
  • Idea de los derechos históricos (1991)
  • Memorias de estío (1993)
  • La reforma del Senado (1996)
  • El aguijón. Un relato de ficción (1997)
  • Derechos históricos y Constitución (1998)
  • 20 años después. La constitución cara al siglo XXI (1998)
  • El valor de la Constitución (2003)
  • Cádiz a contra pelo: 1812-1978 : dos constituciones en entredicho (2013)[15]

Premios e recoñecementosEditar

NotasEditar

  1. Tamén citado simplemente como Miguel Herrero de Miñón.
  2. A este respecto, o escritor Gregorio Morán sinala:
    La trayectoria política de Miguel Herrero de Miñón se caracterizó más por su eficacia destructora que por su capacidad creadora; nunca consiguió que alguien se fiara de él por mucho tiempo.[5]
  1. , Isidro (2012). ALMUD, ed. Educación, Ciencia y Cultura en España: Augue y colapso (1907-1940). Pensionados de la JAE (en español). Ciudad Real: Ediciones de Castilla-La Mancha. p. 257. ISBN 9788493977580. 
  2. Diario Vasco, 18 de julio de 1968
  3. Morán 2009, pp. 246-247.
  4. Morán 2009, p. 246.
  5. Morán 2009, p. 247.
  6. "Herrero de Miñón solicitará hoy su ingreso en AP". El País. 7 de julio de 1982. Consultado o 25 de marzo de 2016. 
  7. Martín Aguado & Vilamor 2012, p. 185.
  8. 8,0 8,1 "Concejales electos por Madrid". El País. 5 de abril de 1979. 
  9. "Miguel Herrero y Rodríguez de Miñón". Real Academia de Ciencias Morales y Políticas. Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2016. Consultado o 30 de marzo de 2020. 
  10. "Los sabios que hicieron la Constitución". RTVE. 28 de noviembre de 2008. Arquivado dende o orixinal o 06 de marzo de 2016. Consultado o 30 de marzo de 2020. 
  11. Miguel Herrero de Miñón se despide de La Ventana en CADENASER.COM
  12. "Tribunal Constitucional de Andorra". Arquivado dende o orixinal o 05 de setembro de 2014. Consultado o 30 de marzo de 2020. 
  13. Lacasta Zabalza 1999.
  14. Núñez Seixas 2005, p. 128.
  15. Alli Aranguren 2013, pp. 759-797.
  16. "Nombramientos. La Universidad Pontificia de Comillas nombra doctores honoris causa a los artífices de la Constitución española". ABC (Madrid). 20 de noviembre de 2018. p. 60. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar