Imperio Ruso

antigo país, 1721-1917
(Redirección desde «Rusia imperial»)

O Imperio ruso foi un Estado que existiu oficialmente dende 1721 até 1917 e que desapareceu como consecuencia da Revolución Rusa de 1917. Foi o sucesor do Tsarato ruso e o predecesor da Unión Soviética. A comezos do século XIX Rusia era o meirande estado do mundo.

Modelo:Xeografía políticaImperio Ruso
Российская империя (ru) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
(1909)

HimnoDeus salve o tsar (1833-1917) Editar o valor en Wikidata

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 60°N 70°L / 60, 70
CapitalSan Petersburgo (1730–) Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación181.537.800 (1916) Editar o valor en Wikidata (7,66 hab./km²)
Lingua oficiallingua rusa
lingua polaca
lingua finesa
lingua sueca Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa ortodoxa rusa, Cristianismo ortodoxo e Igrexa ortodoxa Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie23.700.000 km² Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
FundadorPedro I de Rusia Editar o valor en Wikidata
Creación22 de outubro de 1721 (Xuliano) Editar o valor en Wikidata
Disolución1 de setembro de 1917 (Xuliano) Editar o valor en Wikidata
Sucedido porRepública Rusa Editar o valor en Wikidata
Evento clave
14 de decembro de 1812Invasión francesa de Rusia
26 de decembro de 1825Revolta decembrista
outubro de 1853Guerra da Crimea
30 de marzo de 1867Compra do Alasca (pt) Traducir
24 de abril de 1877Guerra ruso-turca
22 de xaneiro de 1905Revolución Rusa de 1905
5 de setembro de 1905Guerra ruso-xaponesa
1917 (Xuliano)Revolución de Febreiro
11 de novembro de 1918Primeira guerra mundial
século XXdissolution of the Russian Empire (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Organización política
Forma de gobernomonarquía dual (1905–1917 (Xuliano))
monarquía absoluta (1721 (Xuliano)–1905)
monarquía constitucional Editar o valor en Wikidata
• Emperador Editar o valor en WikidataNicolao II de Rusia (1894 (Xuliano)–1917 (Xuliano)) Editar o valor en Wikidata
• Lista (pt) Traducir Editar o valor en WikidataNikolay Rumyantsev (pt) Traducir (1810–1812)
Ivan Shcheglovitov (en) Traducir (1917–1917) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Moedagold rouble (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

A capital do imperio foi San Petersburgo (despois de 1914 rebautizada como Petrogrado). Ao final do século XIX o tamaño do Imperio aproximábase aos 21 799 825 km2. De acordo co censo de 1867 a súa poboación acadaba os 128 200 000 persoas, porén, a maioría deles (93,4 millóns) vivían na Rusia europea. Máis de 200 grupos étnicos vivían xuntos no Imperio. Ademais do territorio actual da Rusia, en 1917 o Imperio ruso incluía territorio dos estados bálticos, a Belarús, parte da Polonia, a Moldova, o Cáucaso, a Finlandia, a maioría da Asia Central e unha parte da Turquía. Entre 1732 e 1867 o Imperio Ruso tamén incluía Alasca, ao outro lado do Estreito de Bering.

En 1914 o Imperio estaba dividido en 81 provincias (Óblasti) e 20 rexións (guberniyas). Vasalos e protectorados do imperio incluían o Emirato de Bujara, o Khanato de Jiva e despois de 1914 Tuva.

O Imperio ruso era unha monarquía hereditaria liderada por un emperador autocrático (tsar) dende a dinastía Romanov. O cristianismo ortodoxo foi a relixión oficial do imperio e era controlado polo monarca a través do Sagrado Concilio. Os habitantes do Imperio dividíanse en estratos (clases) tales como dvoryanstvo (nobreza), o clero, comerciantes, cosacos, e campesiños. Os nativos de Siberia e a Asia central rexistráronse oficialmente como o estrato chamado inorodsty (estranxeiros).

O seu escudo de armas foi o grande escudo do Imperio Ruso, e o himno nacional, foi "Deus salve o tsar" (Боже, Царя храни)

Despois de derrocar á monarquía tsarista durante a Revolución de Febreiro en 1917, a Rusia foi declarada República baixo un goberno provisional.

Etimoloxía

editar

O territorio controlado pola dinastía Romanov na Europa oriental até o século XVII chamábase Moscovia. Antes da proclamación do Imperio ruso en 1721, chamábase popularmente Rusia (s.XVII en ruso Русія ou Росія), aparentemente de influencia do grego Ρωσια (Rosia), a nación eslava que existía antes da chegada dos mongois, a Rus de Kíiv Русь). Mentres a etnia rusa sempre considerou "Rus" un nome para eles e a súa nación, modernos intelectuais ucraínos debaten pola exactitude do termo. Ao identificárense coa grafía moderna Россия (con c dobre) foi oficial dende 1713 (e non se distinguía entre и e і, actualmente éo, e o ruso é o que non ten i, e o ucraíno si)

Emperadores

editar
Nicolao II de RusiaAlexandre III de RusiaAlexandre II de RusiaNicolao I de RusiaAlexandre I de RusiaPaulo I de RusiaCatarina II de RusiaPedro III de RusiaIsabel I de RusiaIván VI de RusiaAna IvanovnaPedro II de RusiaCatarina I de RusiaPedro I de Rusia

Historia

editar

Pedro o grande e o Grande Imperio Ruso

editar
 
Pedro o Grande.

Pedro I de Rusia, o fillo do segundo matrimonio do tsar Alexis I, foi o primeiro en ser relegado ao rango político. Como varias faccións da Corte loitaron para controlaren o trono, Alexis foi sucedido polo fillo do seu primeiro matrimonio, Fiodor III, un rapaz enfermizo que morreu en 1682. Como resultado da Revolta de Estreltsy, Pedro foi coroado co-tsar co seu medio irmán Iván V, pero a media irmá de Pedro Sofía, mantivo o verdadeiro poder. Ela reinou mentres o mozo Pedro xogaba a xogos de guerra e cabalgaba no Cuartel Alemán de Moscova. Estas experiencias levárono a un interese pola práctica militar de occidente, particularmente a enxeñaría, artillaría, navegación e construción de barcos. En 1691, empregando tropas que el adestrara durante os seus xogos de guerra, planeou como destronar a Sofía. Cando Iván I morreu en 1696, Pedro converteuse no único tsar.

A guerra dominou a maior parte do reinado de Pedro. Ao principio Pedro intentou asegurar as fronteiras do sur dos tártaros e o Imperio Otomán. As súas Campañas de Azov fallaron inicialmente, pero, despois de embarcarse coa súa nova armada deseñada por el mesmo, Pedro puido capturar o tan importante forte de Azov en 1696. Para continuar coa súa guerra contra o Imperio Otomán, Pedro viaxou pola Europa para buscar aliados. Foi o primeiro tsar en facer esa viaxe. Pedro visitou Brandeburgo, os Países Baixos (nos cales ao ver a súa bandeira inspirouse para facer a súa), o Reino Unido, e o Sacro Imperio Romano Xermánico, durante a súa chamada Grande Embaixada. Pedro aprendeu moito e alistou a centos de especialistas técnicos. A embaixada foi curta polo intento de Sofía de desbancalo do trono, cunha revolta que foi esmagada por Pedro e os seus seguidores. Como resultado, este tiña centos de participantes mortos ou torturados, e publicamente expuxo os seus corpos para advertir aos demais, polo cal foi chamado "raro".

 
Batalla de Poltava.

Pedro fracasou na súa coalición europea contra o Imperio Otomán, pero durante as súas viaxes encontrou interese por comezar unha guerra contra a Suecia, ao ser unha forte potencia de poder no norte de Europa. Vendo unha oportunidade en entrar no Mar Báltico, Pedro fixo a paz co Imperio Otomán en 1700 e despois a Batalla de Narva, onde atacou os suecos en Narva, no Golfo de Finlandia. Aínda que o novo rei Carlos XIII, probou as súas tropas, as cales acabaron co exército de Pedro. Afortunadamente para Pedro, Carlos non seguiu a súa vitoria cunha contra-ofensiva, xa que comezou as guerras na Mancomunidade polaco-lituana.

 
Golfo de Finlandia.

Este descoido permitiulle a Pedro formar un novo exército, combinando as fortalezas de seu coas de occidente. Cando os líderes se enfrontaron outra vez en Poltava en 1709, Pedro derrotou a Carlos. Cando este último escapou ao territorio otomán, Pedro volveu a entrar en guerra co Imperio. O tsar coincidiu en botar ao porto de Azov aos otománs en 1711. A Gran Guerra do Norte, que en esencia foi a Batalla de Poltava, continuou até 1721, cando os suecos decidiron asinaren o Tratado de Nystad. O tratado permitiu reter os territorios obtidos pola Rusia: a Livonia, a Estonia, e máis a Ingría. Mediante esa expansión territorial, Pedro adquiriu un enlace directo coa Europa Occidental. Despois en celebración, Pedro asumiu o papel de "Emperador" (императoр) e Tsar do Grande Imperio Ruso, que foi proclamado en 1721. Pedro conseguiu as expansión da Rusia e a súa transformación en Imperio, baixo certas iniciativas maiores. Estableceu as forzas navais rusas, reorganizou o exército mediante o sistema europeo, organizou racionalmente o goberno e mobilizou o financiamento para os recursos humanos. So o poder de Pedro, o exército que se recrutou baixo condicións de traballo para toda a vida, incluíndo aos oficiais da realeza, os cales participaban en traballos da administración civil e militar. En 1722 Pedro introduciu a Táboa de Rangos que determinaba a posición ou status da persoa no seu servizo ao Tsar, xa fora plebeo ou nobreza. Até a xente máis común aparecía na táboa automaticamente.

A reorganización de Pedro na estrutura gobernamental non puido ser menos minuciosa. Substituíu os prizaki (burócratas) cun corpo colexiado e creou un senado para coordinar as políticas do goberno. As reformas de Pedro no goberno local tiveron poucos logros, pero os seus cambios permitiron ao goberno local recolectar impostos e a manter a orde. Como parte das reformas do goberno, a Igrexa Ortodoxa foi parcialmente incorporada á estrutura administrativa do estado. Pedro aboliu o Patriarcado e substituíuno por un corpo colectivo, o Sínodo Sagrado, dirixido por un oficial gobernamental.

Pedro triplicou os ingresos da tesouraría estatal cunha cantidade moderada de impostos. Impuxo a capitación, ou sondaxe de impostos, en todas as persoas a excepción dos cregos e nobres. Tamén gravou con impostos o alcohol, sal, e incluso por levar barba. Para proporcionar armas e uniformes para os seus soldados, desenvolveu industrias metalúrxicas e téxtiles.

 
Academia rusa das artes

Pedro quería equipar a Rusia con moderna tecnoloxía, institucións e ideas. Dotou dunha educación occidental a todos os nobres, introduciu as escolas naturais para ensinar a escrita rusa e aritmética básica, estableceu unha casa imprenta e fundou a Academia Rusa das Ciencias, a cal foi inaugurada xusto antes da súa morte en 1725 e converteuse nun dos principais institutos de cultura da Rusia Imperial. Tamén recomendou que os rusos adquirisen roupa, gustos pola arte e costumes de occidente. O resultado foi unha profunda greta cultural entre a nobreza e as masas. A mellor ilustración da occidentalización de Pedro, foi a súa ruptura coas vellas tradicións e os seus métodos occidentais na arquitectura, que o levaron á construción da nova capital, Petrogrado, en 1703. Situada na terra nova, conseguida na guerra con Suecia, na cal foi axudada polo reino de Dinamarca-Noruega, a Mancomunidade polaco-lituana e o Reino de Saxonia, no Golfo de Finlandia. Aínda que Petrogrado asumiu a súa occidentalización, esta foi forzada, polo cal non puido demostrar a súa individualidade, que Pedro tanto admiraba.

A era das revolucións en palacio

editar
 
Gardas Lieib na recepción do Strelna.

Pedro cambiou as regras de sucesión ao trono despois de exiliar ao seu fillo, Alexis, que se opuxo ás reformas do seu pai e se presentou como figura de grupos antirreformistas. Unha nova lei expedida por Pedro I proporcionaba ao tsar a decisión de elixir o seu sucesor, pero Pedro non o fixo antes da súa morte en 1725. Nas décadas que seguiron, a ausencia de regras para a sucesión deixou á monarquía aberta en intrigas, complots e varios golpes de estado. En diante, o factor crucial para obter o trono foi apoiado pola garda de elite do pazo en Petrogrado.

Despois da morte de Pedro, a súa dona, Catarina I, tomou o trono. Pero cando ela morreu en 1727, o neto de Pedro, Pedro II, foi coroado Tsar. En 1730 Pedro II caeu enfermo da varíola, e Ana, filla de Iván V, que foi co-tsar con Pedro, ascendeu ao trono. O Supremo Consello Imperial que colocou a Ana no torno, impúxolle moitas condicións. Na súa loita contra esas condicións, Ana tivo que apoiar os nobres que temían que a oligarquía reinase sobre a autocracia. Así o principio da autocracia recibiu grande apoio nese caótico conflito ao trono.

 
Segunda galería na academia de artes, 1836.

Ana morreu en 1740, e o seu aínda novo bisneto foi proclamado tsar como Iván VI. Despois de varios golpes de estado, foi substituído pola segunda filla de Pedro, (r. 1741 - 1762). Durante o reinado de Isabel, que foi moito máis efectivo que o dos seus preceptores inmediatos, produciuse a "occidentalización" da cultura rusa. Entre os eventos culturais máis destacados atópase a fundación da Universidade de Moscova en 1755 e a Academia das Artes finas en 1757 e a aparición do primeiro científico e escolar ruso, Mikhail Lomonosov.

 
operacións do exército ruso na guerra dos sete anos 1756-1762.

Durante o reinado dos sucesores de Pedro, a Rusia tivo un rol na Europa moito máis importante. Dende 1726 a 1761, a Rusia foi unha aliada do Imperio Austríaco contra o Imperio Otomán ao cal a Francia usualmente apoiou. Na guerra de sucesión polaca, a Rusia e máis a Austria bloquearon o candidato ao trono polaco. Nunha Serie de Guerras Ruso-Turcas, Rusia adquiriu o porto de Azov. O alcance máis grande que a Rusia tivo coa Europa foi na Guerra dos Sete Anos (1756 - 1763), a cal tivo lugar en tres continentes, entre a Francia, o Imperio Británico e os numerosos aliados dos dous bandos. Nesta guerra, a Rusia continuou a súa alianza coa Austria, pero a Austria cambiou a unha alianza coa Francia en contra da Prusia. En 1760 as forzas rusas (como se acostuma na historia) estaban ás portas de Berlín. Afortunadamente para a Prusia, Isabel morreu en 1762, e o seu sucesor, Pedro III, aliou a Rusia coa Prusia pola súa devoción ao rei prusiano Federico o Grande.

 
Retrato de Pedro III de Rusia, por Lucas Conrad Pfandzelt.

Pedro III tivo un reinado curto e impopular. Aínda que foi neto de Pedro O grande, o seu pai foi duque de Holstein-Gottorp, polo cal Pedro foi criado nunha familia luterana e os rusos considerábano estranxeiro. Facendo caso omiso disto e sen ocultar o seu concepto da Rusia, creou un gran resentimento na realización dos grandes ensaios militares prusianos na milicia rusa, atacando á Igrexa Ortodoxa Rusa, e privando a Rusia dunha gran vitoria que cambiaría a historia da Rusia e de todo o mundo, establecendo unha repentina alianza coa Prusia. Facendo uso do seu descontento e temendo a súa propia posición, a dona de Pedro III, Catarina, depuxo ao seu dono nun golpe de estado e o seu amante, Alexis Orlov matouno, e por defecto en xuño de 1762 Catarina a Grande converteuse en Tsarina.

Expedicións oceánicas

editar

Pedro I deixou a frota rusa aos seus descendentes, pero, de Catarina I a Pedro III, ningún dos emperadores compartiu o grande amor de Pedro cara ao mar. Nas décadas que seguiron á súa morte en 1725, aos sucesores de Pedro parecíalles inconcibible que unha exhibición de buques de guerra era a mellor maneira de demostrar o poder e a estatura da Rusia en todo o mundo. Nin era prudente xulgar para manter algún propósito inmediato, a frota de Pedro de trinta carabelas e os centenares de naves complementarias; o custo de gardar tal forza a flote esgotaría as caixas do estado. Aínda máis incrible era o plan de Pedro para aumentar a frota, para así realizar o seu desexo de crear unha armada para o extenso mar. A Gran Guerra do Norte, que durou vinte e un anos, servira xa para esgotar os recursos da Facenda Rusa. Por conseguinte, houbo un período na redución de gastos na frota que seguiu á morte de Pedro, e outro marcado pola redución na construción de naves e na diminución no número de mariñeiros e oficiais. A escola náutica e a Academia Marítima, polo contrario, continuaron prosperando. Os seus estudantes e graduados preserváronse realizando as tradicións da navegación rusa.

Dende 1716 a 1719 os rusos navegaron nunha grande Carabela o tramo que vai dende o Mar de Okhotsk até Kamchakta, no territorio que xa fora explorado por Vladimir Atlasov a finais do século XVII. Os graduados de 1720 da academia marítima, o navegador xeodésico Ivan Yevreinov e Fiodor Luzhin, exploraron e trazaron as catorce Illas Kuriles. A información que trouxeron converteuse na base para a expedición ben coñecida do Capitán Comodoro Vitus Bering. No inverno xeado de 1724, Bering alcanzou Kamchakta por terra e en vela. O obxectivo principal dos navegantes rusos era atopar un paso da Rusia cara á India e á China a través do océano Ártico. De 1728 a 1729 Bering navegou a través do Pacífico do norte no San Gabriel (barco de Bering). Entumecido polo frío vento polar, o San Gabriel e o seu equipo pasaron polo estreito que separaba a Asia e a América, o que máis tarde se denominaría Estreito de Bering.

A expedición de Bering explorou a ruta entre o océano Pacífico e o Mar de Okhotsk descubrindo as Illas Kuriles e rexistrando a cartografía das costas de Kamchakta. No comezo do ano 1741 dous barcos, o San Pedro e o San Paulo, saíron do tranquilo porto de Petravlosk nas Illas Privilof. A expedición, capitaneada por Bering, tivo un incidente ao regresar a porto, ao estrelarse cerca das Illas de Komandorskiye. Nestas illas Bering caeu enfermo e morreu. Porén, como consecuencia da viaxe a costa do noroeste americano foi moi ben explorada, por iso a Rusia fíxose co poder de Alasca, que en 1867 sería vendida aos Estados Unidos.

Coas exploracións e as conquistas elaborouse o primeiro mapa do Imperio Ruso no ano 1745.

O Imperio baixo Catarina II

editar
 
Catarina a Grande.

A extensión imperial ofrecida no reinado de Catarina II, trouxo ao imperio enormes territorios novos no sur e no oeste; e a consolidación interna despois da Guerra de Crimea co Imperio Otomán en 1768. Polo Tratado de Kuchuk-Kainarji en 1774 Rusia adquiriu conexión co Mar Negro, e os tártaros de Crimea convertéronse nun estado independente aos otománs. En 1783 Catarina anexionou Crimea, axudando a consolidar a guerra Ruso Turca (1777 - 1778), chegando Rusia ao suroeste, ampliándoa até o Dniester. Os termos do tratado baixaron as metas do proxecto "grego" reputado por Catarina -a expulsión dos otománs de Europa e a renovación do Imperio Romano de Oriente baixo o control ruso. O Imperio Otomán foi sempre unha ameaza para Rusia, porén, tivo que tolerar a influencia rusa sobre os Balcáns.

A extensión territorial que ía cara ao oeste deu lugar á repartición de Polonia. Como Polonia chegou a ser cada vez máis débil no século XVIII, cada un dos seus veciños -Rusia, Prusia e Austria- intentaron colocar o seu propio candidato no trono polaco. En 1772 os tres chegaron a un acordo para levar a cabo unha repartición do territorio polaco, polo cal Rusia recibiu as partes que comprenden a actual Belarús e Livonia. Despois da repartición, Rusia iniciou un programa extenso de reformas, que incluíu unha constitución democrática, o cal alarmou ás faccións reaccionarias. Empregando o perigo do radicalismo, as mesmas tres potencias aboliron a constitución de 1793, polo que Polonia volveu a ver reducido o seu territorio. Esta vez Rusia obtivo a maior parte de Belarús e parte de Ucraína. A partición de 1793 deu lugar a unha sublevación dos movementos anti-rusos e anti-prusianos en Polonia, que terminou cunha terceira repartición en 1795. Consecuentemente Polonia desapareceu do marco político internacional.

 
Mapa de asentamento xudeu.

Aínda que se integrou parte do territorio de Polonia ao imperio, isto tamén creou novas dificultades. Ao perder a Polonia como estado intermediario, Rusia tivo que compartir as fronteiras con Prusia e Austria. Ademais o Imperio chegou a ser o máis heteroxéneo ao absorber unha gran cantidade de etnias, tales como os ucraínos, belarusos en xudeus. Os ucraínos e belarusos, que traballaban sobre todo como servos, cambiaron pouco baixo o poder ruso. Os polacos católicos resistíanse a perder a súa independencia, polo que foron un pobo difícil para ser controlado, efectuando varias sublevacións contra a ocupación. Rusia eliminara aos xudeus de gran parte do imperio en 1742. Un decreto do 3 de xaneiro de 1792, iniciou formalmente a Ashkenazi, que obrigou aos xudeus a vivir soamente na parte occidental do imperio, de tal maneira que se fixou a etapa para o Antisemitismo e a discriminación en períodos máis últimos. No mesmo tempo, Rusia permitiu a autonomía de Ucraína, dos territorios bálticos e de varias áreas cosacas. Co seu énfase nun imperio uniformemente administrado, Catarina presaxiou a política de Rusificación que nos últimos anos se viñera facendo da man dos seus antecesores, e que se continuaría facendo en xeracións vindeiras. Os historiadores discutiron a sinceridade de Catarina como monarca aclarada, pero poucos dubidan que ela creu no activismo do goberno, dirixindo e explotando os recursos do imperio facendo a administración máis eficaz. Inicialmente, Catarina procurou racionalizar procedementos do goberno con lei. En 1767 creou a Comisión Lexislativa, debuxada de nobres, señores de pobo e outros, para codificar as leis de Rusia. Aínda que a comisión non formulou un novo código da lei, a Instrución á Comisión de Catarina introduciu a algúns rusos o pensamento político e legal occidental.

 
Iemelián Pugachev.

Durante 1768 - 1774 na guerra co Imperio Otomán, Rusia experimentou unha axitación social importante, a sublevación de Pugachev. En 1773 un cosaco do Don Iemelián Ivánovich Pugachev declarado como o tsar re-inesperado Pedro III. Outros cosacos e traballadores industriais dos Montes Urais, así como os campesiños que esperaban fuxir da servidume, ensamblaron toda a rebelión. A preocupación de Rusia coa guerra permitiu a Pugachev tomar o control de gran parte do Volga, pero o exército regular machucou a rebelión en 1774.

A sublevación de Pugachev alentou a determinación de Catarina para reorganizar a administración provincial rusa. En 1775 dividiu Rusia en provincias e distritos segundo unha estatística de poboación. Ela entón, deu a cada provincia unha ampliada administrativa, unha policía e un órgano xudicial. Os nobres deixaron de servir no goberno central , xa que moitos de les recibiron papeis significativos para administrar gobernos provinciais.

Catarina tamén intentou organizar a sociedade en grupos sociais ben definidos, ou estados. En 1785 publicou cartas aos nobres e donos de pobo. As cartas á nobreza confirmaron a liberación dos nobres do servizo obrigatorio e deulles dereitos que non igualan á autocracia que podían infrinxir. A carta ás cidades probou a ser complicada e en última estancia menos acertada que a publicada para os nobres.

 
Retrato de Alexandre Radichev

A "occidentalización" de Rusia continuou durante o reinado de Catarina. Un aumento no número de libros e periódicos levou adiante discusións intelectuais e a crítica social da Aclaración rusa. En 1790 Alexandre Nicolaevich Radichev publicou o seu libro A viaxe de San Petersburgo a Moscova, un ataque feroz contra o sistema de servidume e a autocracia. Catarina, asustada xa pola Revolución francesa, fixo arrestar a Radichev e foi enviado a Siberia. Radichev gañou máis adiante o recoñecemento como o pai do radicalismo ruso.

Catarina levou a moitas das políticas de Pedro o grande a fruición e fixo no século XIX a fundación do Imperio. Mandou construír o Pazo Pavlovsk para o seu fillo Paulo, que está considerado Patrimonio da Humanidade. Rusia converteuse nunha potencia enerxética, diplomática e militar, capaz de facer fronte aos seus veciños europeos. A organización da sociedade e do sistema de goberno, seguía sen cambios, até que en 1861 se aprobou a emancipación dos servos. Catarina deu un pulo cara ao sur, incluíndo un establecemento en Odesa como porto ruso no Mar Negro, que serviría como base para o comercio ruso do gran durante o século XIX.

A pesar de tales realizacións, o Imperio continuaba con problemas fundamentais. A sociedade seguía baseada nun sistema de servidume, e a economía, aínda que crecía a un nivel aceptable, non era suficiente para afrontar o desenvolvemento industrial como o que estaban sufrindo outros países europeos.

A extensión territorial e a incorporación a Rusia de centos de non-rusos no imperio, fixaron a etapa para o problema das nacionalidades.

Durante o século XIX, a poboación de Rusia, os recursos, a diplomacia internacional e as forzas militares fixérono un dos países máis influentes do mundo. O seu poder internacional permitiulle desempeñar un papel fundamental nos asuntos de Europa. Este papel debuxou ao imperio dentro dunha serie de guerras contra Napoleón, que tiñan consecuencias de grande envergadura para Rusia e para o resto de Europa. Despois dun período de aclaración, Rusia sentiu ben a un opositor activo das tendencias da liberalización en Europa central e occidental.

Internamente, a poboación rusa crecera de forma diversa con cada adquisición territorial. A poboación incluía Luteranos, Fineses, bálticos, Alemáns, Estonios e algo de Lituanos, Católicos, Polacos, Ortodoxos Belarusos Ucraínos, musulmáns,, gregos ortodoxos, Sakartvelos e membros da Igrexa católica armenia.

 
Soldados rusos e franceses nun combate corpo a corpo en Malakhov Kurgan durante a guerra de Crimea.

Como a influencia occidental e a oposición á autocracia aumentaban no Imperio, o réxime creou a policía secreta e aumentou a censura para deter a aquelas persoas que avogaban polo cambio. O réxime seguía confiando a súa economía nun réxime de servos, pero a debilidade de Rusia ante o resto de Europa levouna á Guerra de Crimea, unha guerra entre Rusia e toda Europa, que calquera outro país perdería moito antes.

Guerra e paz en Rusia (1796-1825)

editar
 
Paulo I de Rusia.

Catarina II morreu en 1796, e o seu fillo Paulo (r. 1796-1801) sucedeuna. Ao saber que a súa nai quería nomear ao seu fillo Alexandre como tsar, Paulo instituíu unha primoxenitura na liña masculina como a base para a sucesión. Sería unha das reformas que durarían do breve reinado de Paulo. El tamén sostivo a Compañía Ruso-Americana, a cal levou a Rusia a adquirir Alasca. Paulo era xeneroso pero volátil, a súa xenerosidade cara aos seus servos causoulle moitos inimigos. Como poder europeo, Rusia non podía fuxir das guerras que implicaban á Francia napoleónica. Paulo converteuse nun opositor firme de Francia, e Rusia, xunto co Reino Unido e o Austria na Segunda Coalición trabaron unha guerra contra Francia. Entre 1798-1799 as tropas rusas realizaron brillantes campañas na República Cisalpina e en Suíza. A axuda de Paulo á Orde de Malta, enfureceu a moitos dos membros da súa corte. Xunto con políticos liberais descubriu a enorme corrupción que había na Facenda, o que fixo que fora asasinado en 1801.

 
Retrato ecuestre de Alexandre I.

O novo tsar, Alexandre I (r. 1801-1825), tomou o trono como resultado do asasinato do seu pai, no cal se rumoreou que estaba implicado. Preparado para o trono pola súa avoa Catarina, na ilustración e na arte, Alexandre tamén tiña unha inclinación cara ao romanticismo e o misticismo relixioso, particularmente no último período do seu reinado.

O foco primario de Alexandre non estaba na política doméstica, senón en asuntos exteriores, e particularmente en Napoleón. Temendo as ambicións expansionistas e o crecemento de Napoleón, Alexandre continuou coa política de unión entre Gran Bretaña e Austria contra o emperador francés. Napoleón derrotou aos rusos e aos austríacos na batalla de Austerlitz en 1805 e derrotou aos rusos na batalla de Friedland en 1807. Alexandre foi forzado a demandar a paz, e coa firma do Tratado de Tilsit en 1807, faise aliado de Napoleón. Rusia perdeu pouco territorio baixo o tratado, e Alexandre fixo uso da súa alianza con Napoleón para estender os seus dominios. Grazas a Guerra Finlandesa gañou o Gran Ducado de Finlandia e Suecia en 1809, e adquiriu Besarabia do Imperio Otomán como resultado da Guerra Ruso-Turca de 1086 a 1812.

A alianza Ruso-francesa foise desfacendo gradualmente. Napoleón foi gañando interese nos puntos estratéxicos de Rusia no Bósforo e nos Dardanelos. Ao mesmo tempo, Alexandre viu como o Gran Ducado de Varsovia quedaba controlado polo Imperio francés. O requisito de ensamblar o Bloqueo Continental de Framcia contra Gran Bretaña era unha interrupción seria do comercio ruso, e en 1810 Alexandre negou a obriga.

 
Retirada de Moscova, obra de Adolph Northern.

En xuño de 1812 Napoleón invadiu Rusia con 600.000 tropas, unha forza regular máis grande que todo o exército regular ruso. Napoleón esperaba inflixir unha derrota importante para os rusos e a forza de Alexandre para demandar a paz. A resistencia Rusa obstinada, os membros da cal declararon a guerra patriótica, combinada co inverno ruso e a política chamuscada da terra levou a Napoleón a unha derrota desastrosa: menos de 30.000 das súas tropas volveron á súa patria. Despois de vencer aos franceses, o exército ruso perseguiu aos franceses até as portas de París.

 
O exército ruso entra en París (30 de marzo de 1814)

Despois de que os aliados derrotaran a Napoleón, Alexandre foi coñecido como o salvador de Europa, e el desempeñou un papel moi importante para a creación dun novo mapa de Europa no Congreso de Viena en 1815. No mesmo ano, baixo a influencia do misticismo relixioso, Alexandre iniciou a creación da Santa Alianza, que protexía a todos aqueles monarcas que estaban baixo os principios cristiáns. Máis pragmática foi, en 1814, a coalición entre Rusia, Gran Bretaña, Imperio Austríaco e Prusia, que formaron a Sexta Coalición (ou Cuádrupla Alianza). Os aliados crearon un sistema internacional para manter o statu quo territorial a previr o rexurdimento da Francia expansionista. A Cuádrupla Alianza, confirmada por un número de conferencias internacionais, asegurou a influencia de Rusia en Europa.

No mesmo tempo, Rusia continuou a súa expansión. O Congreso de Viena deu lugar ao Congreso de Polonia á cal Alexandre concedeu unha constitución. Así Alexandre faise monarca constitucional de Polonia, mentres que segue sendo o tsar autocrático de Rusia. El era tamén o monarca limitado de Finlandia, a cal fora anexionada en 1809 e era estado autónomo concedido. Rusia en 1813 gañou a área de Bakú, no Cáucaso a expensas de Persia.

Os historiadores están convencidos de que os movementos revolucionarios se deron de forma máis potente durante o reinado de Alexandre, por motivo de todos aqueles que perseguiran a Napoleón por Europa, e na súa volta levaran a Rusia as ideas revolucionarias, os dereitos humanos o goberno representativo e a democracia. A occidentalización intelectual que fora fomentada no século XVIII por un estado paternalista autocrático, agora incluíu a oposición á autocracia, as demandas para o goberno representativo as chamadas á abolición da servidume e, nalgúns casos, defensa du derrocamento revolucionario do goberno. Os oficiais eran insensatos, particularmente porque Alexandre concedera unha constitución a Polonia, mentres que Rusia permanecía sen ela. Varias organizacións clandestinas preparábanse para unha sublevación, cando en 1825 Alexandre morreu de forma inesperada. Despois da súa morte, había confusión sobre quen o sucedería, porque o seguinte na liña sucesoria, Constantino Pavlovich abandonara o seu dereito ao trono.

 
Decembristas na cámara de senadores rusa

Un grupo de oficiais que ordenaban a cerca de 3.000 homes rexeitou xurar a lealdade ao novo tsar, o irmán de Alexandre I, Nicolao I proclamou a súa lealdade a unha proposta de constitución para Rusia. Os acontecementos revolucionarios, movementos decembristas, foron facilmente sufocados por Nicolao, e os participantes que quedaban vivos foron exiliados a Siberia.

Rusia baixo Nicolao I

editar
 
Emperador Nicolao I de Rusia.

Nicolao I Pavlovich (Николай I Павлович, 6 de xullo de 1796 - 2 de marzo de 1855) foi o emperador de Rusia dende 1825 até a súa morte en 1855.

Nicolao careceu totalmente da grandeza espiritual do seu irmán; el viu o seu papel simplemente como un autócrata paternal que gobernaba a súa xente por calquera medio necesario. Experimentado o trauma da Revolta decembrista, Nicolao estaba determinado para refrear a sociedade rusa. A policía secreta, a suposta terceira sección, creou unha rede enorme de espías e informadores. O goberno exercitou a censura e a educación excesiva dos controis, o publicar, e todas as manifestacións da vida pública. En 1833 o ministro de educación, Sergey Uvarov, ideou un programa de "Autocracia, Ortodoxia e Carácter Nacional" como o principio de guía do réxime. A xente debía de mostrar a súa lealdade cara ao Tsar, as tradicións da Igrexa Ortodoxa Rusa, e, dunha maneira vaga, a nación rusa. Estes principios non gañaron a axuda da poboación senón que polo contrario conducida pola represión e a supresión das nacionalidades aos non rusos e o resto das relixións.

A pesar das represións deste período, Rusia experimentou un florecemento na literatura e nas artes. A través dos traballos de numerosos escritores, a literatura rusa acadou un grao de recoñecemento que se estendeu a todo o mundo. O ballet tomou raíz en Rusia, a pesar de ser importado de Francia. Tamén acadaron grande importancia as composicións de música clásica.

Desenvolvemento económico

editar
 
Imperio Alemán.
 
Imperio Xaponés.

Os séculos XIX e XX foron tempos de crise no imperio. Non só a tecnoloxía e a industria se desenvolveron máis rápido en occidente, senón tamén novos, dinámicos e competitivos persoeiros no teatro mundial: Otto von Bismarck unificou o Imperio alemán en 1860, a Guerra civil estadounidense, converteu os EUA na terceira potencia mundial, e o Imperio xaponés rexurdiu tras a Revolución Meiji. Aínda que Rusia se estaba expandindo xigantescamente cara a Asia central, non podía xerar suficiente capital para soster o avance tecnolóxico e industrial característico dun país desenvolvido.

Na última metade do século XIX, a economía rusa desenvolveuse de forma máis lenta que o resto das demais potencias do mundo. A poboación rusa era substancialmente maior á do resto de países de Europa occidental, pero a maioría vivía en comunidades rurais, con pouca tecnoloxía e primitiva agricultura. A industria en xeral, tivo unha participación maior que en occidente, pero sectores específicos desenvolvíanse de forma primitiva e con participación estranxeira. Entre 1850 e 1900, a poboación rusa duplicouse, pero mantívose estritamente rural até o século XX. A poboación rusa tivo a maior taxa de natalidade entre 1850 e 1910, e era a maior de todos os países en desenvolvemento, con excepción dos Estados Unidos.

 
Comparación entre o estado do mar de Aral en 1989 e o 12 de agosto de 2003. (orixe da Ficheiro: NASA).

A agricultura, a tecnoloxía menos desenvolvida mantívose en mans das familias de servos e granxeiros, que xuntos conformaban os catro quintos da poboación rural. Terreos de máis de 50 km² compoñían o 20% das terras fértiles, pero poucos deses terreos traballaban eficientemente a grande escala. Granxas de pequena escala e a poboación rual en incremento, que solicitaba máis terras, no Turquestán os gandeiros pedían desviar os ríos Amu Daria e Sir Daria, que alimentan o mar de Aral. A lei fixo a vista gorda e o tsar Alexandre III decretou unha lei de protección dos recursos do territorio ruso, o que afogou as expectativas de desviar os ríos. Esta proposta volvería nos anos 60 coa URSS, que comezaría a desviar as augas dos ríos para regar os cultivos en Uzbekistán e Casaquistán. O crecemento industrial era insignificante e inestable, e en termos absolutos non era extensivo. As rexións industrializadas de Rusia incluían Moscova, as rexións centrais da Rusia europea, Ingermanland, o mar Báltico, e os Urais. En 1890 Rusia tiña máis de 32.000 km de vías ferroviarias e 1,4 millóns de empregados nas fábricas, dos vales a maioría traballaba na industria téxtil.

Entre 1860 e 1890 a produción anual de carbón crecera cerca dun 1.200% a máis de 6,6 millóns de toneladas, e a produción de ferro e aceiro duplicáranse a máis de 2 millóns de toneladas por ano. O plan estatal duplicárase, pero a débeda e os gastos cuadriplicárase, constituíndo un 28% dos gastos oficiais en 1891. A exportación era inadecuada para o que o imperio necesitaba. O estado introduciu tarefas industriais estratosféricas en 1880, pero con isto non puido financiar o comercio co oeste por que non era suficiente para cubrir as débedas.

Guerra de Crimea

editar
 
Principios da Guerra de Crimea.

Seguindo un conflito en Belén entre os católicos romanos protexidos polo Segundo Imperio Francés, e ortodoxos protexidos por Rusia, as relacións entre a Rusia Imperial e o Imperio Otomán topáronse contra o chan até a declaración da guerra.

No entanto, este conflito entre monxes católicos en Terra Santa foi un pretexto. O negocio era axustado polos turcos, que estaban a favor dun clero ortodoxo, pero Rusia requiría ao sultán garantías a favor para todo cristián que habitase no imperio. Pero as ambicións reais foron as ansias de Rusia por anexionar Constantinopla e o mar de Mármara para acadar o mar Mediterráneo. Seguindo a negativa dos turcos, o tsar invade Moldova e Valaquia. Turquía declara a guerra a Rusia o 4 de outubro de 1853.

Ao Imperio Otomán únenselle os franceses, británicos e os sardos. A frota turca é destruída polos rusos no porto de Sinope o 30 de novembro de 1853.

O 10 de abril de 1854 a frota franco-británica bombardea durante 12 hora Odesa, o principal porto mercantil do sur de Rusia, provocando unha reacción negativa na prensa europea. Para despexar a situación, os aliados decidiron desembarcar en Crimea e atacar a principal base naval rusa no mar Negro, Sebastopol.

Despois do seu desembarco en Crimea o 14 de setembro de 1854, os aliados derrotaron as forzas rusas na batalla do Alema o 20 de setembro, e despois comezaron o asedio a Sebastopol.

Enfrontáronse nas batallas de Balaclava (25 de outubro) e Inkerman (5 de novembro).

A caída da torre Malajov o 8 de setembro de 1855, chave da cidade, que queda controlada polo mariscal francés Patrice de Mac-Mahon, que pronunciou as palabras "eu estou alí!, eu permanezo alí!". Co asentimento de Alexandre II, as conversas para a paz comezaron. O Tratado de París, asinado o 30 de marzo de 1856, acabou co conflito.

Rusia na guerra

editar

En 1914 e tras o asasinato do arquiduque de Austria-Hungría, estala a primeira guerra mundial, na cal Rusia uniuse ao bando aliado. Por entón o Imperio tiña unha extensión de 23 000 000 de km2 e unha poboación de 171 000 000 de habitantes cun crecemento demográfico do 1,8% anual. O goberno tsarista mandou mobilizar a máis de 8 000 000 de homes superando amplamente o exército alemán, que soamente tiña 3 000 000, dous terzos estaban no fronte francés, polo cal quedaban para a fronte do oeste 1 000 000 de persoas, ou sexa que o exército ruso superaba ao alemán en 8 a 1, pero o exército ruso non estaba ben adestrado para a guerra, e iso quedou marcado na batalla de Tanneberg, onde 250.000 alemáns venceron a 700.000 soldados rusos, a partir dese momento, os rusos non fixeron máis que retroceder en número de efectivos.

En 1915 os alemáns volven a derrotar ás forzas rusas na batalla dos Lagos Mazurianos, o que provocou un descontento social en Rusia. En 1817 tras varios fracasos na fronte, apareceron movementos revolucionarios marxistas. O goberno tivo que desprotexer a fonte para deter aos insurrectos, isto foi aproveitado polas forzas xermanas que avanzaron rapidamente polo territorio ruso. En 1917 tras a revolución de outubro, o goberno Bolxevique firma un tratado de paz cos alemáns (Tratado de Brest-Litovsk), que puxo fin a participación rusa na primeira guerra mundial.

Países postimperiais

editar

Nesta sección enuméranse todos os países que formaron o territorio imperial ruso. Estes países creáronse a partir da caída do goberno do Imperio Ruso. Un exemplo parecido son as Repúblicas da URSS que se separaron en 16 repúblicas máis pequenas, pero nesta non eran un goberno e todos os seus ideais os que caían, senón que á vez caían multitude de grupos étnicos, pensamentos revolucionarios e resentimento. Todo iso uniuse e tivo como consecuencia a revolución e as agrupacións que despois formarían aos novos estados predecesores dos actuais.

Estados post-Imperiales
 
Estados Numerados

Xeografía

editar
 
Imaxe vía satélite do Cáucaso.
 
Situación do mar de Kara, á dereita do mapa.

A Rusia Imperial, ao ser o terceiro imperio máis grande do mundo (despois do Imperio Británico e do Imperio Mongol) contiña moitos territorios e estados. O Imperio Ruso na súa maior extensión. distribuíase pola maior parte do norte do continente de Eurasia, polo cal controlaba gran variedade de paisaxes e climas. A maior parte da paisaxe consiste en chairas enormes, tanto na parte europea coma na asiática, que son coñecidas como Siberia e Turquestán. Estas chairas son predominantes na estepa ao sur e na arboredo no norte, coa tundra ao longo da costa norte. Atópanse cadeas montañosas ao longo das fronteiras do sur, coma o Cáucaso, o Tian Shian (o punto máis alto do Imperio cunha altura de 7.100 m) e o Altai, e na parte oeste, a cordilleira de Verjoyansk ou os volcáns sobre a península de Kamchatka, e en Alasca as grandes cordilleiras. Son notables os montes Urais na parte central que serven como división principal entre o Imperio europeo e o Imperio Asiático.

A Rusia Imperial tiña a costa máis extensa do mundo con máis de 43.000 km, ao longo dos Ártico e do Pacífico, así como mares interiores coma o mar Báltico, Mar Negro e mar Caspio. As illas principais que se atopan neles son Nova Zembla, a Terra de Francisco Xosé, as illas de Nova Siberia, illa de Wrangel, as illas Kuriles e Sakhalin.

Moitos grandes río flúen a través das chairas desembocando nas costas rusas. En Europa son o río Volga, río Don, o río Kama, río Oka, río Dvina, río Dnieper e o Dvina Occidental. En Asia, río Obi, río Irtich, río Ienisei, río Angara, río Lena e río Amur. Os lagos principais son o lago Baikal, o lago Ladoga e o lago Onega.

Relevo

editar
       
       

O relevo caracterízase pola gran planicie de Siberia a través do continente asiático. O territorio é percorrido por longos sistemas montañosos así como os montes Urais, os montes do Cáucaso, os cales se definen como unha separación entre Asia e Europa. En Siberia, os montes Altai, cordilleira de Anadir, cordilleira de Cherski, montes Dzhugdzhur, montes Gidan, montes Koryak, montes Sayan, montes Tannu-Ola, montes Verkhoyansk e os montes Yablonoi. Ao sur atópase a depresión do Caspio e a chaira de Asia Central.

Extensión espacial

editar

Os dous puntos máis separados, entre os moitos puntos que o imperio conquistou, están a 10.000 km nunha liña xeodésica. O Imperio Ruso controlaba 14 fusos horarios.

 
Observense os 14 fusos horarios que o Imperio Ruso manexaba, dende Polonia até o Iukón

Estado

editar

Política

editar

Poder Executivo

editar
Emperador e Tsar
editar
  • Véxase o artigo principal Tsar

En Rusia o termo tsar foi empregado, a parte de referencias do Imperio Bizantino, dende 1480 polo Gran Príncipe Iván III, seguindo a independencia da Horda de Oro e o seu matrimonio coa princesa bizantina. Isto foi relacionado coas crecentes ambicións de Moscova en converterse na Terceira Roma. O rei moscovita for recoñecido emperador polo Sacro Imperio Romano en 1514, durante o reino de Vasili III. Pero o primeiro príncipe ruso en ser coroado como "Tsar de toda Rusia" foi Iván IV (o terrible) en 1547. En 1721 un edicto de Pedro o Grande decretou que o título latino Император (Imperator) fose empregado en lugar do de tsar. O título de tsar quedou sendo utilizado habitualmente. En 1815, cando parte de Polonia foi anexada, o título foi traducido ao polaco -"Król"-, e o emperador ruso asumiu o poder como Król de Polonia, e o estado polaco foi chamado oficialmente Królewstwo Polskie en polaco e Царство Польское - Tsarato de Polonia - en ruso.

Familia Imperial
editar

Tsarita (царица) termo empregado para a emperatriz, aínda que pola influencia do español emprégase comunmente tsarina. En Rusia despois foi empregado Emperatriz (Императрица). A Tsarita podía rexer o Imperio no caso da ausencia do seu marido.

Tsesarevich (Цесаревич) (literalmente, "fillo do tsar") é un termo masculino, o título completo era (Herdeiro Tsesarevich Наследник Цесаревич) e informalmente O herdeiro ("Naslednik").

Tsarevna (царевна) era o termo empregado para referirse á neta do Tsar.

Tsesarevna (Цесаревна) era a dona do Tsesarevich.

Poder Xudicial

editar
Ministerio do interior
editar
 
Actual emblema do MVD (Ministerio do Interior Ruso).

O MVD foi creado por Alexandre I en 1802 durante o proceso de reformas para substituír as antigas institucións de Pedro o Grande. Foi un dos principais piares do Imperio, responsable das forzas policiais e da supervisión da administración das guberniyas. Entre as súas competencias iniciais, tamén se atopaba o mantemento das cárceres, corpos de bombeiros, empresas estatais, servizo de correos, terreos e inmobles do Estado, estradas, sanidade, clero, recursos naturais e nobreza; moitas destas funcións foron transmitidas a outros ministerios creados a mediados do XIX.

Tras o crecemento de movementos revolucionarios, e o asasinato do Tsar Alexandre II, o Departamento de Policía Estatal herdaría as funcións da policía secreta da Terceira Sección, e transferiu as do máis capaz Corpo Especial de Xendarmes á Okhrana. Durante a primeira guerra mundial, o departamento creou unha sección de espionaxe.

Tras a Revolución de Febreiro de 1917, os Xendarmes e a Okhrana foron desmantelados por ser considerados antirrevolucionarios.

Departamento de seguridade
editar
Artigo principal: Okhrana.
 
Ficha policial da Okhrana.

A Okhrana (do Ruso Охранное отделение, Ojrannoyie Otdelenyie, Departamento de Seguridade) foi o corpo de policía secreta do réxime Tsarista dende mediados do século XVIII.

A Okhrana formaba parte do MVD, axudada polo Corpo Especial de Xendarmes. O seu obxectivo principal era garantir a seguridade da familia imperial; dadas as condicións do país naquel momento, isto implicaba que moitas das súas accións se centrasen na represión de actividades revolucionarias, especialmente por parte de grupos anarquistas e socialistas que planeaban acabar coa Dinastía Romanov.

Posto que boa parte das organizacións revolucionarias contaban con sedes fóra de Rusia, a Okhrana contaba con numerosos axentes por toda Europa, especialmente en París, onde Pytor Rachkovsky estivo destacado; moitos destes operaban infiltrándose como topos ou axentes provocadores nos grupos revolucionarios, mantendo así informada a oficina central dos plans de actividade. Entre os axentes máis destacados atópase Jacob Zhitomirsky, que chegou a ser colaborador íntimo de Lenin. Así mesmo, a Okhrana tratou de comprometer o movemento obreiro mediante a creación de sindicatos controlados pola policía, unha práctica coñecida como zubatovshchina.

Entre outras actividades da axencia, atópase a propaganda antisemita dos Protocolos dos Sabios de Sion e o caso Beilis.

Os axentes entregaban os prisioneiros ao poder xudicial, pero en circunstancias especiais, os axentes dispuñan de licenza para levar a cabo execucións sumarias e torturas en caso de necesidade. Isto valeulle a organización unha triste fama, só igualada durante o réxime Nazi pola Gestapo.

Corpo Especial de Xendarmes
editar

O Corpo Especial de Xendarmes (Отдельный корпус жандармов) foi unha policía militar na Rusia Imperial do século XIX até a formación da Unión Soviética. As súas responsabilidades principais eran reforzar as leis e a seguridade do Estado.

A responsabilidade dos xendarmes tamén incluía a execución das ordes da Corte: perseguir fuxitivos, control das masas e detención de criminais. Os xendarmes tamén podía ser asignados para asistir á policía local.

Os precursores deste corpo militar foron o exército de xendarmería, creado en 1815, baseado no rexemento Dragóns Borisoglebsk, e as unidades do corpo especial de gardas interinos, ou Tropas Internas do Ministerio do Interior. Despois da Revolta Decembrista, o novo Tsar Nicolao I, creou a oficina de Xefe de Xendarmes en xullo de 1826, responsable da cal era o Conde Alexandre Cristoforovich Benkendorf.

En 1836, a Xendarmería de Gardas Internos foi transformada no Corpo Especial de Xendarmes. Os corpos dividíronse en sete distritos territoriais, seis en Rusia e un no Reino de Polonia, cada un cun directorio. Un Directorio Principal, xunto con Directorios Guberniales adicionais.

Os xendarmes empregaban rangos de cabalería da Táboa de Rangos.

Os corpos consistían en:

En 1871 os xendarmes adquiriron o dereito de investigar casos políticos e criminais.

Só os máis competentes oficiais do exército podía unirse ao Corpo de Xendarmes. Aínda que o corpo mantiña a súa poderosa imaxe, a súa longa rede de informadores e axentes de espionaxe, só servían para informar de rumores, os Xendarmes eran incapaces de infiltrarse en organizacións revolucionarias. En agosto de 1880, a Terceira Sección e o Corpo Especial de Xendarmes foron transferidos ao Ministerio de Asuntos Interiores.

División Política

editar
 
División con nomes en ruso.

En 1708 o Imperio Ruso dividiuse oficialmente grazas a Pedro I, nun intento por mellorar a flexibilidade do goberno, a administración e o poder sobre os territorios. O edicto foi publicado polo Pazo Imperial de Petrogrado en 1708, no cal se dividía Rusia en 8 guberniyas.

Antes diso o Imperio Ruso dividíase e uyeds (distritos) e volosts (distritos rurais).

A continuación móstranse as oito guberniyas:

Área:km² 1 317 800

Área:km² 393.700

Área:km² 482.500

Área:km² 1 398 600

Área:km² 231.000

  • Gobernatura xeral de Moscova

Área:km² 128.600

  • Gobernatura xeral Siberiana

Área:km² 10 978 300

Área:km² 85.400.

Co tempo engadíronse máis á lista conforme aumentaba o territorio ruso, ademais fóronse dividindo. Aínda que foran aumentando cada vez máis, estas asociáronse en grandes rexións (Большиe Регионы) que a xente empregaba para non ter que aprender todas as Gobernaturas.

O 28 de xaneiro de 1825 realizouse un gran censo no Imperio Ruso onde se mostrou a poboación de cada unha das 20 gobernaturas e as 81 rexións:

División política do Imperio Ruso
 
Gobernatura Poboación (1825) Superficie (km²) Capital
Rusia Imperial 135 000 000 23,850,000 San Petersburgo
1. Arkhangelgorod 1 051 000 5 625 Arkhangelsk
2. Astrakán 2 842 000 71 546 Astrakán
3. Belgorod 517 000 73 943 Belgorod
4. Kazán 751 000 57 727 Kazán
5. Kíiv 4 256 000 73 681 Kíiv
6. Moscova 3 238 000 247 487 Moscova
7. Nizhny Nóvgorod 2 475 000 151 445 Nizhny Nóvgorod
8. Nóvgorod 562 000 5 627 Nóvgorod
9. Polonia 1 489 000 123 367 Varsovia
10. Oremburgo 4 893 000 30 621 Oremburgo
11. Revel 3 116 000 63 618 Tallín
12. Riga 2 334 000 20 856 Riga
13. Ingermanland 6 652 000 78 630 San Petersburgo
14. Siberia 14 161 000 22 333 Irkutsk
15. Smolensk 3 988 000 58 667 Smolensk
16. Voronezh 1 605 000 4 892 Tambov
17. Viborg 943 000 27 862 Helsinqui
18. Besarabia 4 164 000 64 203 Chisinau
19. Bakú 3 522 000 93 343 Bakú
20. Extremo oriente 5 391 000 34 251 Vladivostok

En 1911 presentáronse as últimas gobernaturas do Imperio Ruso.

Relacións externas

editar

Relacións Anglo-Rusas

editar

O Reino Unido e o Imperio Ruso concluíron o Ente Anglo-Ruso o 31 de agosto de 1907, en San Petersburgo. Definiron as súas esferas de interese respecto a Persia, o Baixo Turquestán e o Tíbet, con Rusia tomando as áreas ao norte do Golfo Pérsico e no sur. Outra das súa prioridades discutidas era revisar o expansionismo colonial do Imperio Alemán.

O Ente Anglo-Ruso xunto co Entente Cordiale e a Alianza Francesa, formou o Triplo Ente entre Gran Bretaña, Francia e Rusia.

Relacións Sino-Rusas

editar

O primeiro contacto diplomático entre a Rusia Imperial e o Imperio chinés foi en 1660 como resultado dun conflito sobre o banco do oeste do Río Amur. En 1869, os dous países firmaron o Tratado de Nerchinsk, que lle concedeu o territorio a China.

En 1858, durante a Segunda Guerra do Opio, China converteuse no "Home enfermo de Asia", mentres que Rusia se fortalecía, eventualmente anexando o banco esquerdo do río Amur, incluíndo Vladivostok e Sakhalín, nos tratados de Unequal e Aigun. En 1899 a Rebelión dos Boxers desafiou o poder do Triplo Ente, que previamente fora ratificado na Convención de Pekín.

Os dous países viron as súas monarquías abolidas durante a segunda década do século XX, a Dinastía Qing en 1912, e a Romanov en 1918.

Efecto nos territorios conquistados

editar

Ingría

editar
 
Mapa da Gobernatura xeral de San Petersburgo en 1900

Grazas á conquista da terra de Ingría aos suecos, Pedro I outorgouse o título de Emperador e fundou a nova capital do Imperio San Petersburgo en 1703.

Pedro estableceu a Ingría dentro do Ducado de Ingermanland, co príncipe Menshikov como duque, até que en 1710 se estableceu a Gobernatura Xeral de San Petersburgo.

Polonia

editar

A independencia de Polonia terminou cunha serie de particións (1772, 1793 e 1795) entre Rusia, Prusia e Austria, con Rusia coa maior parte do territorio da Mancomunidade, incluíndo os territorios de Lituania (excepto Podolia), Volinia, Ucraína, Livonia e Curlandia. Austria gañou tamén as terras comprendidas entre Galicia e Livonia, en 1795 conseguiu tamén as terras entre Cracovia e Varsovia, entre o Vístula e o Pilica. Prusia adquiriu as terras ao oeste do Mar Báltico.

Despois de que o Emperador francés, Napoleón derrotara a Prusia, instaurou un estado coa tutela francesa, o Gran Ducado de Varsovia. Cando o Imperio Austríaco foi vencido en 1809, Lodomeria foi engadida ao ducado dándolle unha poboación de 3 750 000 habitantes.

Coa derrota de Napoleón, o Congreso de Viena en 1815 converteu o Ducado no Tsarato de Polonia e foille entregado a Rusia. Polonia independizouse en 1917 tras a caída do Imperio Ruso.

Autoridade tsarista en Polonia

editar
 
Bandeira do Congreso de Polonia.
 
Mapa do Congreso de Polonia.

En 1795, Polonia, en gran parte católica, fora dividida entre Prusia, Austria e Rusia, polo cal deixou de existir como estado independente. Co acordo internacional en Viena no 1815, o tsar ruso Alexandre I , ampliou as súas terras, pero outorgoulle a estas un goberno autónomo. En 1830, un ano de axitación en Europa, os polacos reveláronse contra os rusos, para buscar a creación dunha nación completa, e en 1835, en resposta, o tsar Nicolao derrogou a Constitución de 1815, o que fixo a Polonia parte indivisible da Rusia Imperial. Nicolao fechou as institucións polacas de aprendizaxe superior e quitoulle terras a igrexa católica. A lingua rusa foi de obrigado estudo nas escolas secundarias, e os traballos dos principais autores polacos foron suspendidos. No último ano da década de 1850, con Alexandre II como tsar, foille concedida a amnistía a todos aqueles polacos que se opuxeran aos rusos, celebráronse eleccións municipais e os funcionarios rusos foron substituídos en oficinas gobernamentais subordinadas. Alexandre restaurara todo aquilo que Nicolao quitara, incluíndo a restauración do bispado católico e o dereito dos polacos a decidir sobre as asembleas provinciais e locais.

En Londres e París, mentres tanto, estaban exiliados polacos que organizaban resistencia ao goberno ruso. Os nobres polacos eran felices sobre o favoritismo que Alexandre facía aos campesiños. Unha sublevación contra os rusos, comezou cando uns campesiños protestaron contra o reclutamento do exército ruso. A rebelión separou aos lituanos (que eran na súa maioría católicos romanos) dos belarusos (na súa maioría ortodoxos). Unha carencia de forza militar forzou aos polacos a levar a cabo unha guerra de guerrillas. Con centenares de tropas militares, os rusos derrotaron a resistencia polaca en 1864. A autonomía polaca rematou con Alexandre II. Houbo execucións públicas de 128 rebeldes, e 12.000 deportacións a Siberia. As posesións da Igrexa católica foron confiscadas. A lingua polaca foi prohibida en lugares oficiais. O diñeiro confiscado serviu para financiar campañas militares e para a construción de igrexas ortodoxas.

Finlandia

editar
 

Durante a Guerra Finlandesa entre Suecia e Rusia, Finlandia foi conquistada polos exércitos do Tsar Alexandre I. Os catro estados da Finlandia ocupada por Suecia foron reorganizándose no Congreso de Porvoo o 29 de maio de 1809. O país foi ocupado até o 6 de decembro de 1917 cando o Gran Ducado de Finlandia declara a súa independencia e se converte na República de Finlandia.

División de Finlandia

editar

A división de Finlandia remóntase ao ano 1634, cando Suecia dividiu o territorio en 4 reinos. Coa entrada dos rusos o territorio dividiuse en 8 guberniyas (en ruso Великое княжество Финляндскaя губерния e en finés Suomen suuriruhtinaskunta lääni):

Militarización de Finlandia

editar

Entre 1809 e 1917, Finlandia foi parte autónoma do Imperio Ruso baixo o nome de Gran Ducado de Finlandia. Entre 1881 e 1901 o Gran Ducado obtivo o seu propio exército.

O Gran Ducado herdou o seu sistema de asignación polo ruotujakolaitos, a organización militar Sueca, aínda que, por algunha décadas os tsares non necesitaron o servizo militar finés, xa que as operacións de defensa foron realizadas polo exército ruso.

O Goberno Finés fixo un pacto co tsar Alexandre I, polo que Finlandia pagaría un imposto a Rusia como compensación, se o seu exército non era convocado. Este acordo chegou até a Guerra de Crimea en 1854, durante a cal Finlandia enviou varios batallóns de francotiradores.

Guerras Napoleónicas
editar

Durante a invasión napoleónica de Rusia en 1812, seis batallóns foron formados en Finlandia, e serían desmembrados en 1830.

Un batallón de adestramento formado en 1827 foi nomeado Henkikaartin Suomen Tarkkampujapataljoona (Batallón de Gardas Francotiradores) que foron mellor coñecidos como Garda de Finlandia (Suomen kaarti). Permaneceu como parte do exército ruso até que este foi desmembrado. A escola de cadetes (Jamina) foi fundada en 1812 e desapareceu en 1903. O Suomen Krenatööritark ampujapataljoona (Batallón de granadeiros francotiradores) foi fundado en 1846 e desmantelado en 1860.

Guerra de Crimea
editar

Durante a Guerra de Crimea nove batallóns foron formados. Os soldados foron recrutados empregando o antigo método de Ruotulaitos. Os batallóns desapareceron en 1867.

A acta de recrutamento de 1878
editar
Ranks
Galego Finés Ruso
Xenerais Kenraalit
Xeneral Kenraali
Tenente-Xeneral Kenraaliluutnantti
Maior-Xeneral Kenraalimajuri
Esiupseerit
Coronel Eversti
Tenente Coronel Everstiluutnantti
Yliupseerit
Capitán Kapteeni Капитан
Capitán Segundo Alikapteeni Штабс-капитан
Tenente Luutnantti
Subtenente Aliluutnantti
Alférez Vänrikki
Oficiais Alipäällikkö-kunta ja miehistö
Sarxento Capitán Varusmestari Каптенармус
Sarxento Maior Vanhempi aliupseeri Старший унтер-офицер
Sarxento menor Nuorempi aliupseeri Младший унтер-офицер
Corporal Jefreitteri Ефрейтор
Soldado Sotamies Рядовой

Durante o recrutamento de 1860 viuse como medida efectiva manter o exército. En 1878 unha lei expedida por Alexandre II, chamaba ao recrutamento xeral en Finlandia. O resultado foi un exército separado do ruso. O exército estaba formado por cidadáns fineses capitaneados por un gobernador xeral. O límite de tropas do exército púxose en 5.600 e consistía en:

Os batallóns foron fundados en 1880 - 1881 e completados en 1883.

  • Henkivartioväen 3. Tarkampujapataljoona (Helsinqui)
  • Suomen 1. Uudenmaan Tarkampujapataljoona (Helsinqui)
  • Suomen 2. Turun Tarkampujapataljoona (Turku)
  • Suomen 3. Vaasan Tarkampujapataljoona (Vaasa)
  • Suomen 4. Oulun Tarkampujapataljoona (Oulu)
  • Suomen 5. Kuopion Tarkampujapataljoona (Kuopio)
  • Suomen 6. Mikkelin Tarkampujapataljoona (Mikkeli)
  • Suomen 7. Hämeenlinnan Tarkampujapataljoona (Hämeenlinna)
  • Suomen 8. Viipurin Tarkampujapataljoona (Vyborg)
  • Suomen Rakuunarykmentti (Lappeenranta) (1890)
  • Suomen Kadettikoulu (Jamina)

Un batallóns consistía en catro compañías. O Rexemento de Dragóns (Rakuunarykmentti) consistía en seis escuadróns (eskadrona), 32 compañías de reserva foron fundadas en 1883.

Letonia

editar
 
Bandeira da República Independente de Letonia.
 
Vista de Letonia dende o espazo.

No comezo do século XVIII, a Gran Guerra do Norte enfrontou a Rusia e Suecia. O curso da guerra foi directo ao territorio letón, que ao final da guerra quedou en posesión de Rusia. Unha das principais metas do Imperio era asegurar o rico porto de Riga. En 1710 o Tsar Pedro I, asegurou Livonia e logo Curlandia para formar unha provincia.

Dende Livonia a Riga, Rusia obtivo un claro pasaxe a Europa. Para o fin do século XVIII, grazas ás particións polacas, todo o territorio da actual Letonia estivo baixo o mandato ruso. Coa chegada da Revolución de Novembro en 1918 a Gobernatura Xeral de Riga converteuse na República Independente de Letonia.

Sakartvelo

editar

A absorción de Xeorxia polo Imperio Ruso foi un proceso de varias etapas. O interese ruso en Xeorxia comezou no final do século XVI cando os tsares se preocupaban cada vez máis da extensión do seu Imperio cara Oriente Medio, os Principados Xeorxianos, o Imperio Persa e o Otomán. Os reinos unidos de Kartli e Kajeti aceptaron a protección rusa en 1783. Dúas décadas máis tarde, as terras xeorxianas pasaron a ser parte do Imperio Ruso.

Asia Centra

editar

O descubrimento de ouro nos bancos do Amu Daria durante o reinado de Pedro I, xunto co desexo de Rusia para abrir unha ruta cara a India, produciu unha expedición armada baixo o mando do Príncipe Alexandre Bekovich Cherkaski.

En canto recibiu a expedición, o Khan jivano estableceu un campo baixo pretensión de boa vontade, e despois atacou e saqueou os envíos. Pedro I, enleado en guerras contra o Imperio Sueco e o Imperio Otomán nin se inmutou con esta noticia.

O Tsar Paulo I tamén intentou conquistar a cidade, pero a súa expedición pesimamente manexada e pouco apoiada terminou en completo fracaso. Durante os gobernos dos Tsares Alexandre II e III, foron realizados grandes esforzos para anexar a cidade.

Outro episodio sucedeu no denominado Gran Xogo, involucrando a unha expedición rusa, que pretendía liberar os escravos vendidos polos agresores turcománs da fronteira rusa no Mar Caspio, pero tamén pretendían estender os seus territorios mentres os ingleses enfrascábanse na Primeira Guerra Anglo-Afgá en 1839. A expedición comandada polo xeneral Perovski, consistía en 5.000 soldados de infantaría e 10.000 camelos. Pola mala planificación, pésima loxística e un pouco de mala sorte, saíron en novembro de 1839 nun dos peores invernos da historia do Turquestán, e foron forzados a volver o 1 de febreiro do seguinte ano a Oremburgo, sufrindo máis de 1.000 perdas sen un só tiro.

 
Forzas rusas tomando Jiva, pintura de Vasili Vierieschaguín.

Ao mesmo tempo, os británicos, preocupados polos intentos rusos de anexar Jiva, lanzaron, no seu esforzo por anexar estas terras, un xeneral disfrazado de afgán en Herat, o capitán James Abbott, que comezou os seus movementos na Noiteboa. Chegou ao lugar no ano 1840, pero aínda que o Khan sospeitaba del, tivo éxito ao lle ser permitido poder facer chegar unha carta para o Tsar con respecto ao tema dos eslavos. El deixou a cidade o 7 de marzo de 1840, pero na súa viaxe de volta foi traizoado polo seu guía. Despois, os seus superiores, ao non saber do seu destino, enviaron a outro oficial, ao tenente Richmond Shakespear. Era evidente que Shakespear foi máis acertado que Abbott xa que dalgunha forma falou con Khan para que liberara aos escravos dos rusos. Os escravos libres chegaron ao Forte Alexandrovsk o 15 de agosto de 1840 e Rusia perdeu o motivo para conquistar Jiva.

 
Bandeira de Jiva até 1917.

O Khanato gradualmente comezou a diminuír o seu tamaño pola presión da conquista rusa no Turquestán, e en 1873, despois de que Rusia conquistara as cidades veciñas de Samarcanda, e Tashkent, o xeneral Constantino von Kaufman, lanzou un exército de 13.000 soldados cara Jiva, que caeu o 28 de maio de 1873, sendo reducida a un protectorado ruso.

Demografía

editar

Principais cidades

editar
Principais zonas metropolitanas
Cidade Pob. (1913)
Moscova (Moscova) 1 175 000
San Petersburgo (Ingermanland) 1 439 000
Varsovia (Polonia) 686,000
Odesa (Ucraína) 669,000
Riga (Riga) 517,500
Kíiv (Kíiv) 498,724
Lodz (Polonia) 343,900
Kazán (Kazán) 206,600
Omsk (Siberia) 154,200

Moscova, San Petersburgo, Varsovia, Odesa, Riga, Kíiv, Smolensk, Arjangelsk, Vladivostok, óblast de Khárkiv, Novgorod, Lodz, Vyborg, Rostov do Don, Vilna, Tblisi, Sebastopol, Astrakán, Białystok, Perm e Ufa foron as cidades principais do Imperio Ruso segundo a súa economía, actividades industriais, servizos, extensión territorial e relevancia cultural e política.

Idiomas

editar

O ruso foi o idioma máis común de todos os idiomas da Rusia Imperial, falado polo 70% da poboación, onde o 40% se atopa na Rusia europea e os seus territorios adxacentes como Kíiv, Minsk, e en Asia a través das cidades cruzadas polo Transiberiano. A través das conquistas territoriais aumentáronse os idiomas manexados polo Imperio, dende o aleutiano no Estreito de Bering até o kurdo. Moitos dos idiomas asiáticos de Siberia agora están en perigo de desaparecer.

Grupos étnicos

editar

O Imperio Ruso tiña máis de 200 Etnias diferentes, grazas a súa expansión por Eurasia e as súas masivas campañas, dende o Turquestán até o Extremo Oriente e en América. Na súa máxima extensión, calcúlanse 298 grupos étnicos diferentes. O censo de 1897, marcou as seguintes nacionalidades, que se definían pola lingua materna, pero hai que ter en conta que ucraínos e belarusos denominados respectivamente pequenos rusos e rusos brancos aparecían como falantes de lingua rusa no censo.

    • Rusos (Gran Rusos) 83 933 567
    • Ucraínos (Pequenos Rusos) 22 380 551
    • Belarusos (Rusos Brancos) 5 885 547
    • polacos 7 931 307
    • Tártaros 3 737 627
    • Xudeus (definidos etnicamente para o censo como os falantes de yiddish e outras linguas xudías) 5 063 156
    • Alemáns do Volga 1 790 489
    • Letóns 1 435 937
    • Lituanos 1 210 510
    • Armenios 1 130 491
    • Romaneses e moldavos 1 121 669
    • Búlgaros 172.659

O 1,6% da poboación non eran nativos do territorio. O censo engadiu un grupo adicional de outras etnias de 42.980 persoas (0,03%).

Relixión

editar
 
Estudantes xudeus cun mestre en Samarcanda 1910.

O Imperio Ruso oficialmente era un estado Ortodoxo. O cristianismo e o islam eran as relixións máis seguidas. Os cristiáns pertencían a varias Igrexas: a ortodoxa que tiña maior número de crentes, a católica e a bautista e varias seitas Protestantes. A maioría islámica eran os Sunís, pero tamén había xiítas por herdanza do Irán, pero con moita menos poboación. O xudaísmo tamén contaba cun bo número de seguidores. Outras relixións que eran practicadas por pequenos grupos eran: o budismo, lamaísmo e xamanismo.

Ademais atopábanse as enormemente variadas relixións Paleo-Siberianas e as Fino-Úgricas do norte.

Índice de Desenvolvemento Humano

editar
 
Muller anciá de Pierm 1910.

Estudos de países históricos, demostraron que o Índice de Desenvolvemento Humano na Rusia Imperial era alto, oscilando entre os 0,800 e 0,850 puntos Isto era debido ás campañas de alfabetización empregadas polo goberno, ademais a xente vivía dignamente , aínda que existía a servidume , o cambio foi moi grande coa emancipación dos servos, ademais existía unha cantidade importante de ricos na zona europea e coa anexión de Polonia e Finlandia, aumentou o nivel de desenvolvemento. A parte a anexión das culturas de Siberia engadiu unha porcentaxe pequena pero importante.

Cultura

editar

Literatura

editar

Era de Pedro

editar

A Occidentalización de Rusia, comunmente asociada a Pedro o Grande e a Catarina II, coincide coa reforma do alfabeto ruso e o incremento da tolerancia da idea de empregar unha linguaxe popular para propósitos literarios. Autores como Antioj Kantemir, Vasily Trediakovsky e Mikhail Lomonosov no século XVIII prepararon o terreo para poetas como Gavril Derzhavin, autores como Aleksandr Sumarokov e Denis Fonvizin, e escritores en prosa como Nikolai Karamzin e Aleksandr Radichev.

Páxinas escritas por Pedro I, Alfabeto cirílico, selección de letras para o alfabeto civil

Era de Ouro

editar
 
León Tolstói, escritor de referencia da literatura rusa.

O século XIX é tradicionalmente referido coma a "idade de ouro" da literatura rusa. O Romanticismo permitiu o florecemento especialmente dun talento poético. Os nomes de Vasili Zhukovski e Aleksandr Pushkin foron seguidos decontado por Mikhail Lermontov e Fiódor Tiutchev.

Os adiantos do século XIX incluíron a Ivan Krylor o fabulista; poetas como Evgeny Baratynsky, Konstantin Batyushkov, Nikolai Alekseevich Nekrasov, Aleksei Tolstoi, Fiodor Tiutchev e Afanasij Fet; e un grupo de coñecidos novelistas como Nikolai Gogol, Lev Tolstoi, Fiódor Dostoievski, Nikolai Leskov, Ivan Turgenev, Mikhail Saltykov-Chedrin e Ivan Goncharov.

Idade de Prata

editar

Outros xéneros entraron ao foro co acercamento do século XX. Antón Chejov foi un excelente escritor de historias curtas de drama, e Anna Akhmatova representou líricas anovadoras.

O principio do século XX marca o principio da era de prata da poesía rusa. Escritores ben coñecidos como Anna Akhmatova, Inokenti Anensky, Andrei Beli, Valery Bryusov, Marina Tsvetaeva, Sergei Esenin, Nikolai Gumyliov, Daniil Kharms, Velimir Khlebnikov, Osip Mandelstam, Vladimir Maiakovski, Fiodor Sologub e Maximiliano Voloshin.

Festividades

editar

As festividades e vacacións no Imperio Ruso foron empregadas até a súa caída en 1917.

Data Nome en galego Nome en ruso Notas
14 de xaneiro Aninovo Новый Год
7 de xaneiro Nadal Ortodoxa Рождество
8 de marzo Día da Muller женский день Existiu antes que o internacional, instaurado por Catarina.
7 de xullo Día Iván kupala Иван-Купала Ritual de orixe pagá aceptado pola Igrexa Ortodoxa.
8 de agosto Día do Tsar Царий день Empregado dende Iván o Terrible até a abdicación de Nicolao.
4 de novembro Día da unidade popular День народного единства Conmemora a revolta popular contra os polacos.

Gastronomía

editar
 
Vendedor de Kvas na rúa Jreschatiken Kíiv, Ucraína.
 
borscht.

A cociña do Imperio Ruso deriva dos seus ricos e variados pratos grazas a multiculturalidade e extensión do seu Imperio. A cociña rusa xorde da poboación rural, onde o clima axuda a unha mestura de peixe, aves de curral, fungos, bagas e mel. As colleitas de centeo, trigo, cebada e millo dan lugar a unha plétora de pan, cereais, kvass, cervexa, e a bebida nacional, o vodka. As sopas e os guisados centráronse con produtos como o peixe e as carnes estacionais. Estes alimentos enteiramente nativos, xunto con especias e as técnicas empregadas para a carne e a fabricación do leite coagulado amargo, traído de Mongolia e Tataria polo Khanato de Jiva, seguían sendo os alimentos preferidos dos rusos até ben entrado o século XX. A proximidade ao Cáucaso, a Persia e ao Imperio Otomán proporcionaron un carácter ineludible á cociña rusa.

As grandes extensións de territorio, a influencia doutros países, e o interese por novas culturas durante o XVI e XVIII, levaron a Rusia alimentos máis refinados e novas técnicas culinarias. Foi nesa época, cando as carnes e os peixes afumados, os pasteis, as ensaladas, o chocolate, os xeados e o viño foron importados do estranxeiro.

Símbolos patrios

editar

O Imperio Ruso tiña uns elementos emblemáticos e simbólicos establecidos por lei autocrática do emperador.

Himno Nacional

editar

«Бо́же, Царя́ храни́» (Deus salve ao Tsar) — foi o Himno nacional do Imperio Ruso escrito en 1815 por Vasili Zhukovski cunha modificación ao Himno Nacional Británico:

Боже, Царя храни!

Славному долги дни Дай на земли! Гордых смирителю, Слабых хранителю, Всех утешителю —

Все ниспошли!

A canción, foi elixida nunha competición en 1833. O compositor era un príncipe violinista, chamado Alexandre Lvov, e a letra foi do poema de Vasili Zhukovski:

Боже, Царя храни!

Сильный, Державный, Царствуй на славу, на славу нам! Царствуй на страх врагам, Царь православный!

Бо-о-оже, Царя храни!

Serviu até 1917, cando a Revolución rusa tomou o control e a monarquía abdicou. Nese tempo, o himno evolucionou até ser:

Боже, Царя храни!

Сильный, державный, Царствуй на славу, на славу нам! Царствуй на страх врагам, Царь православный! Боже, Царя, Царя храни!

Боже, Царя храни! Славному долги дни Дай на земли! Дай на земли! Гордых смирителю, Славных хранителю, Всех утешителю — все ниспошли!

Перводержавную Русь православную, Боже, храни! Боже, храни! Царство ей стройное, В силе спокойное! Все ж недостойное прочь отжени!

Воинство бранное, Славой избранное, Боже, храни! Боже, храни! Воинам-мстителям, Чести спасителям, Миротворителям долгие дни!

Мирных воителей, Правды блюстителей Боже, храни! Боже, храни! Жизнь их примерную Нелицемерную, Доблестям верную воспомяни!

О, Провидение! Благословение Нам ниспошли! Нам ниспошли! К благу стремление, В счастье смирение, В скорби терпение дай на земли!

Будь нам заступником, Верным сопутником Нас провожай! Нас провожай! Светло-прелестная, Жизнь поднебесная,

Сердцу известная, сердцу сияй!

Escudo

editar
 
Actual escudo da Federación Rusa.
 
Escudo simple da Rusia Imperial.

A aguia bicéfala chegou ao escudo de Rusia en 1452 proveniente do Imperio Bizantino. Naquela época o mundo cristián vivía momentos difíciles coa recente caída de Constantinopla polos turcos, que coa conquista deste, continuaron conquistando territorios polo Mediterráneo.

O papa Paulo II tivo como único recurso para defenderse do ataque dos turcos, recorrer á familia de Tomé Paleólogo, irmán do último emperador bizantino, morto na toma de Constantinopla. Tomé tiña unha filla, a princesa Sofía. O pai quería que se casara cunha persoa influente, capaz de fortalecer o papel de Roma nese período difícil.

Procurando unha alianza favorable, Toás terminou por optar en Moscova, onde reinaba o gran príncipe Iván III. O príncipe, que contaba con 20 anos e xa estivera casado e agora era viúvo. O Papa arranxou todo para levar a cabo o matrimonio entre os dous mozos, matrimonio que convertería ao príncipe ruso en herdeiro e sucesor dun inmenso territorio.

O escudo non sufriu alteracións até o reinado de Iván IV, o Terrible. O Tsar mandou colocar un escudo no peito da aguia coa imaxe do patrón, San Xurxo, combatendo contra un dragón.

 
O Salvador (1410, por Andrei Rubliov).

Dende iconas e domos característicos de Rusia, até o suprematismo e o barroco de Stalin, a arte rusa e a arquitectura é buscada polos seus visitantes. Isto repercutiu dende o antigo estado da Rus de Kíiv, continuando coa tradición nos seguintes estados sucesores na historia rusa: República de Novgorod, Moscova, que consistiron na tradicional arte eslava, pero con falta de influencia de Europa.

Aínda que falar de arte no Imperio Ruso é falar dun dos imperios máis grandes en canto a: culturas, grupos étnicos e estilos de vida, nestes apartados intentaranse mencionar os unicamente rusos.

Iconas

editar
 
A Icona (arte) "Vladimir" (século XII).

A tradición iconoclasta foi herdada do Imperio Bizantino, cando comezou a ser tradición dentro dos frescos e mosaicos da fe ortodoxa. Durante os séculos XVIII e XIX, a controversia iconoclasta na Igrexa Ortodoxa deu lugar a pregunta de se as imaxes eran unha práctica relixiosa ou eran un sacrilexio idólatra. Aínda que o uso de imaxes non desapareceu, apuntou a apreciación entre a intención da arte para a contemplación espiritual e desviar a realidade. Esa é unha das razóns pola que as iconas son tan diferentes unhas das outras. Durante o século XIV en particular, o movemento iconoclasta tomou o grao de subxectividade e expresión persoal. Unha das máis notables figuras deste cambio foi Andrei Rublev, cuxos traballos se poden apreciar no Museo Ruso en Moscova e no Museo de San Petersburgo. Os seus traballos apreciados polo tsar Alexandre I, foron protexidos para evitar a súa prohibición por parte da igrexa ortodoxa, grazas a un decreto de Alexandre I.

Ballet

editar
 
Ballet por Chaikovskii O Cascanoces.

Rusia fixo unha contribución única ao ballet clásico. O ballet clásico foi introducido en Rusia xunto con outras formas aristocráticas de danza como parte do programa de occidentalización de Pedro I en 1770. A primeira escola de ballet clásico foi establecida en 1734, e fundouse a primeira compañía completa de ballet clásico na escola imperial de ballet clásico en San Petersburgo en 1740. Os bailaríns italianos e os coreógrafos franceses predominaron neste período, pero antes de 1800 os ballets rusos xa predominaban sobre o resto de Europa. Os críticos europeos de ballet clásico conviron que a danza rusa tiña unha influencia positiva no ballet clásico de Europa occidental.

 
Ilustración de George Barbier representando a Vaslav Nijinski e Ida Rubinstein en Scheherazada, produción dos Ballets Rusos en 1910.

Marius Petipa, un coreógrafo francés que pasou cincuenta anos efectuando ballets clásicos en Rusia, era a gran figura dominante neste período; os seus triunfos máis grandes foron o estacionamento dos ballets clásicos de Tchaikovsky. Outros bailaríns europeos coñecidos eran Marie Taglioni, Johansson Cristian e Enrique Cecchetti.

A figura máis influente do vixésimo século foi o empresario Serguéi Diaghilev, que fundou unha compañía anovadora do ballet clásico que viaxaba en 1909 co coreógrafo Miguel Fokine, o bailarín Vaslav Nijinski e o deseñador Alexandre Benois. Despois do estacionamento de Stravinsky, a primeira guerra mundial e a revolución de 1917, Diaghilev coidouse de non volver a Rusia. Até que Diaghilev morreu en 1929, a súa compañía de danza, o ballet clásico de Russe, foi establecido en París. No mesmo período, a bailarina Anna Pavlova viaxou polo mundo exercendo unha forte influencia nesta arte.

O grande experimento

editar
 
Casa de estilo Europa Occidental en San Petersburgo.

A influencia da cultura europea durante os séculos XVII e XVIII levou as familias rusas máis próximas a Europa, as tradicións máis arraigadas dese continente en canto a pintura. Non sería até finais do século XIX cando apareceron os estilos artísticos unicamente rusos, converténdose en forzas liberais da reforma social. Este movemento moderno tomou diversas direccións no seu inicio, e sería imposible describir todos. Con todo, coñecer as súas ideas e intereses fai moi accesible o seu estudo.

Dende o comezo, o movemento moderno da arte, foi referido a romper coa tradición e crear unha nove clase de arte que contara a vida da sociedade rusa. Este novo movemento converteuse nun interese pola pintura popular e decorativa, e por suposto das iconas. A arte decorativa gañou en patróns abstractos, as liñas, as formas e a cor foron empregadas para construír ritmos e formas enérxicas. O reexame da pintura das iconas deu aos pintores empregar unha perspectiva visual plana, de dúas dimensións.

A finais do século XIX até cerca de 1910, o movemento moderno da arte seguía centrado nos aspectos tradicionais da vida rusa, a relixión e a vida da aldea eran tan influentes como a vida nas grandes cidades. Mentres que as forzas de reforma social se ligaron máis ao levantamento de traballadores industriais, os artistas do avant-garde de Rusia deron a volta cada vez máis a fabrica e avanzaron o paso frenético da vida urbana. As formas simplificadas e agudamente angulares das cores brillantes, e unha énfase na enerxía liberadora do mundo moderno, converteuse na base para as novas e cada vez máis abstractas composicións. Cubo-futurismo, Raionismo e Suprematismo eran os máis importantes estilos das escolas daquel tempo. Entre os artistas máis destacados estaban Kasimir Malevich, Vladimir Tatlin, Mijail Larinov e Natalia Goncharova.

Despois da Revolución Rusa, o Avant-Garde saltou ao servizo do réxime bolxevique.

Cinematografía

editar

O cine chegou a Rusia da man dos Irmáns Lumière en 1896. A primeira película rodada en Rusia foi tomada por un camarógrafo dos Lumière, tratábase da coroación do Tsar Nicolao II. Pouco tempo despois abriríanse salas de exhibición das casas Pathé e Gaumont. En 1908 Aleksander Drankov produciu a primeira película rusa Stenka Razin, dirixida por V.Romashkov. Nos seguintes anos produciríanse máis de cen películas enteiramente rusas que competirían coa produción francesa, alemá e inglesa.

En 1912 inauguráronse os estudos Khazhonkov e produciuse a película Oborona Sevastopolya (A defensa de Sebastopol) dirixida por Ivan Mozhukhin, que tamén facía o papel de Napoleón. O Tsar Nicolao axudou á produción desta e outras películas, e incluso tiña un camarógrafo persoal, que tomaba películas caseiras, pero nun existía promoción oficial do estado. En 1914, coa primeira guerra mundial, os cineastas introdúcense na creación de películas patrióticas anti-alemás, aumentando a produción e elevando a produción a 499 películas en 1916. Os aliados de Rusia importaban as mellores películas.

Finalmente, no medio da guerra, cara 1917 prodúcese a Revolución Rusa, se ben hai un certo intento dos produtores en adaptarse e fanse algunha películas antitsaristas, finalmente o cine da Rusia Imperial desaparece. A última película deste período foi Otets Sergii (Pai Sergius) que xa se estrearía baixo o réxime soviético.

Fotografía

editar
 
Sergei Prokudin-Gorski, 1915.

O fotógrafo máis recoñecido do período foi Serguéi Mijáilovich Prokudin-Gorskii Estudou con científicos de renome en San Petersburgo, Berlín e París, desenvolvendo as técnicas para as primeiras fotografías en cor.

Dos seus resultados xurdiron as primeiras patentes de películas positivas a cores e de proxección de películas con movemento. Cara 1905, Prokudin-Gorskii concibiu o gran proxecto de documentar, con fotografías en cores, e enorme diversidade de historia, cultura e avances do Imperio ruso, para ser utilizado nas escolas do imperio, grazas ao sistema de reformas culturais de Nicolao II.

Para o seu proxecto, o Tsar Nicolao II puxo a disposición de Prokudin-Gorskii, un vagón de tren equipado cunha cámara escura e os aparellos necesarios. Igualmente obtivo todos os permisos para visitar áreas de acceso restrinxido e contar co apoio da burocracia do imperio. Así equipado, Prokudin-Gorskii recorreu o imperio entre 1909 e 1915, documentándoo con imaxes e dando a coñecer a magnitude do imperio a dos seus habitantes

Mobles

editar
 
Peza arquitectónica en Suzdal.

A Rusia Imperial foi un crisol de culturas unificadas, dende os antigos santuarios ortodoxos, o islam levado a Crimea polos turcos, as herdanzas étnicas de Siberia, as herdanzas do Turquestán, a China na Manchuria rusa, os cosacos do sur do Dniéper, e os múltiples habitantes do Cáucaso, pero onde houbo unha uniformidade nas conviccións foi en Finlandia.

Os vellos mobles suecos e rusos son parte do Patrimonio Cultural finlandés. Finlandia foi anexada ao Imperio como Gran Ducado de Finlandia en 1809 e permanecería así até 1917. Había moitos oficiais do goberno e artesáns que traballaban en San Petersburgo, e levaron mobles con eles. San Petersburgo, que era capital do Imperio dende 1712 crecía rapidamente. A cidade tiña contactos fortes con Francia, Países Baixos, Alemaña e Italia que tamén dotaron a San Petersburgo de moitos arquitectos e artesáns que construíron e deseñaron os interiores dos pazos. Os mobles tamén foron traídos dende o estranxeiro. Os carpinteiros decorativos rusos empregáronos como modelos para combinalos coas características dos estilos grego, romano e exipcio. Isto deu luz a un estilo ruso, caracterizado polo dourado e a riqueza en decoración. Os mobles chapeábanse con madeiras finas duras que chegaron a ser moi populares no século XVIII. Antes disto, os mobles pintábanse. As decoracións de bronce eran moi raras, en lugar diso, os mobles eran feitos de madeira e despois pintábanse de dourado para simular o bronce. Os mobles rusos foron deseñados para os pazos monumentais e polo tanto parecen máis “pesados” en comparación con outros estilos. Os modelos para o estilo ruso, foron sacados dos franceses e dos ingleses, o principal arquitecto que o levou a cabo foi Andrei Voronikhin, de San Petersburgo, que deseñou mobles no 1810. Os mobles tiñan formas de paxaro, quimera, esfinxes. Os mobles máis finos foron feitos para os cuartos de recepción do pazo. Os mobles de caoba foron empregados para outros cuartos, as cadeiras eran adornadas con ricas tallas. Os apoiabrazos foron tallados en forma de cisne e dourados para simular o bronce. As pernas foron forradas en latón.

Economía

editar
 
Vía férrea do Transiberiano, foto tomada por Prokudin-Gorskii.

En 1891 o traballo sobre o ferrocarril transiberiano comezou, e en 1895 o do ferrocarril transcaspiano. Os historiadores observaron que coa ascensión de Nicolao II ao trono en 1894, o paso da industrialización de Rusia foi incrementando. Outro factor foi a Alianza francesa; bancos franceses investiron considerablemente en Rusia. En 1897 Rusia adoptou o Patrón Ouro, unha medida que animou o investimento estranxeiro e axudou a acelerar o proceso de industrialización.

En 1892, o Imperio Ruso tiña unha rede de ferrocarrís dunha lonxitude combinada de 31.202 quilómetros, e en 1905 de 61.085 quilómetros. En 1892, as minas de carbón rusas produciron 6,9 millóns de toneladas de carbón e en 1905 acadou unha produción de 18,7 millóns de toneladas. Mentres que as figuras indicaban un crecemento industrial impresionante -a industria rusa creceu máis rapidamente que a inglesa e a alemá- Rusia aínda estaba atrasada respecto a outras nacións en termos de renda per capita. A poboación rusa creceu tamén máis rapidamente que o resto de nacións de Europa. A poboación do Imperio acadou os 125 000 000 de persoas en 1894, e en 1904 os 146 000 000. A industrialización rápida tamén significou unha urbanización rápida.

En contraste coas nacións industrializadas de Europa central, e occidental, Rusia continuaba aumentando as terras de labranza, onde o grao e as papas foron cultivados en 13,4 millóns de hectáreas en 1895, e 20,01 millóns de hectáreas en 1905. A produción de trigo pasou de 8,4 millóns de toneladas en 1895 a 12,8 millóns de toneladas en 1905.

Ingresos e gastos do goberno ruso 1894-1905
Ano Ingreso Gasto Ano Ingreso Gasto
1894 1.154.000.000 1.155.000.000 1900 1.704.000.000 1,883,000,000
1895 1.256.000.000 1.521.000.000 1901 1.799.000.000 1.874.000.000
1896 1.369.000.000 1.484.000.000 1902 1.905,000,000 2.167.000.000
1897 1.416.000.000 1.495.000.000 1903 2.032.000.000 2.108.000.000
1898 1.585.000.000 1.772.000.000 1904 2.018.000.000 2.738.000.000
1899 1.673.000.000 1.785.000.000 1905 2.025.000.000 3.205.000.000

Rublo ruso

editar
Valor Anverso Reverso
1
 
 
3
 
 
5
 
 
10
 
 
25
 
 
100
 
 

Agricultura na Rusia Imperial

editar
 
Campos de colleita preto de Samarcanda no Turquestán.

A agricultura da Rusia Imperial no século XIX e XX fíxose tan forte como a dos países desenvolvidos, a pesar de que Rusia estaba entre os maiores provedores de produción agrícola, os esforzos da Sociedade Económica Libre por mellorar a tecnoloxía agrícola non remataban.

Na Rusia Imperial existían dúas rexións oficiais para cada cultivo, é dicir:

Turquestán: Algodón

Sacartvelo:

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
Enciclopedias
  • Diccionario enciclopédico Brocgaus e Efron: 1890.
  • Identidade Nacional na cultura rusa: Introdución (en castelán)
  • El libro rojo de la gente del imperio ruso: Margus Kolga Igor Tõnurist Lembit Vaba Jüri Viikberg
Historia
  • Marc Lvovich, Slonim Teatro ruso del Imperio a los Soviets 1965.
  • Voltaire, François. Historia del Imperio Ruso bajo Pedro el Grande.
  • Zorrilla, José. Álbum de un Loco 2005
  • Soloviev, Serguéi. Rusia desde tiempos antiguos 1855.
  • Brower, Daniel. El destino del Imperio ruso y el Turquestán
  • W.E.D. Allen. Embajadas rusas hacia los reyes Georgianos, 1589-1605 Prensa da universidade de Cambridge, Sociedade Hakluyt,1970, 2 vols.
  • J.E.O. Screen, Suomalaiset tarkk'ampujat, Suomen vanha sotaväki 1881 - 1901
  • J.E.O. Screen, El ejército finés, 1881 - 1901,Entrenamiento de batallones francotiradores
  • J.T. Antonov The Code of Principal Laws of the Russian Empire (Свод Основных Государственных Законов) 1906.
Biografías
  • troyat, Henry. Catalina la Grande Ediciones B - México.
  • Davies, Norman, White Eagle, Red Star: the Polish-Soviet War, 1919-20, Pimlico, 2003. (Primera edición: St. Martin's Press, inc., Nova York, 1972)
Territorios
  • Turkestan Down to the Mongol Invasion (Londres: Luzac & Co) 1928 (Trans. T. Minorsky & C.E. Bosworth)
  • "A Short History of Turkestan" (1920) in Four Studies on the History of Central Asia (Leiden: E.J. Brill) 1956 (Trans. V. & T.Minorsky)
  • An Historical Geography of Iran (Princeton: Princeton University Press) 1984 (translated by Svat Soucek; edited by C.E. Bosworth)
  • Собрание Сочинений (Москва: Издательство Восточной Литературы) 1963-77 9 Vols.
  • Отчет Поездке в Среднюю Азию с Научную Целью (С.Пб.: Тип. Имп. Академии Наука) 1897
  • История Культурной Жизни Туркестана (Москва: Изд. Академии Наук СССР) 1927
  • Работы по Исторической Географии (Москва: Изд. Фирма «Восточная Литература» РАН) 2002

Eugene Schuyler Turkistan (Londres) 1876 2 Vols.

  • G.N. Curzon Russia in Central Asia (Londres) 1889
  • Ген. М.А. Терентьев История Завоевания Средней Азии (С.Пб.) 1903 3 Vols.
  • Count K.K. Pahlen Mission to Turkestan (Oxford) 1964
  • Seymour Becker Russia's Protectorates in Central Asia, Bukhara and Khiva 1865-1924 (Cambridge, Mass.) 1968
  • Adeeb Khalid The Politics of Muslim Cultural Reform. Jadidism in Central Asia (Berkeley) 1997
  • T.K. Beisembiev The Life of Alimqul (Londres) 2003
  • Daniel Brower Turkestan and the Fate of the Russian Empire (Londres) 2003

Ligazóns externas

editar