Iván V de Rusia (en ruso: Ива́н Алексе́евич, Ivan Alekseievich), nado o 6 de setembro de 1666 e finado o 29 de xaneiro de 1696, foi tsar de Rusia xunto co seu medio irmán Pedro I. Xuntos gobernaron Rusia entre 1682 e 1696. Foi o máis novo dos fillos de Alexis I e María Miloslávskaya. O seu reinado foi formal debido ás súas incapacidades físicas e mentais.

Infotaula de personaTeodoro Alekseievich Romanov
Nome orixinal(ru) Іѡа́ннъ Алеѯї́евичъ Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento27 de agosto de 1666 (Xuliano) Editar o valor em Wikidata
Moscova
Morte29 de xaneiro de 1696 (Xuliano) Editar o valor em Wikidata (29 anos)
Moscova
Lugar de sepulturaCatedral do Arcanjo São Miguel (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Cargos
Tsar de Rusia
Período7 de maio de 1682 - 7 de maio de 1696
AntecesorTeodoro III
SucesorPedro I
Datos persoais
País de nacionalidadeTsarato ruso Editar o valor em Wikidata
RelixiónCristianismo ortodoxo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua rusa Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloTsar of All Russia (en) Traducir (1682–1696) Editar o valor em Wikidata
FamiliaDinastía Romanov Editar o valor em Wikidata
CónxuxePraskovia Feodorovna Saltykova (pt) Traducir (1684 (Xuliano), 1684–1696) Editar o valor em Wikidata
FillosCatarina Ivanovna da Rússia (pt) Traducir, Maria Ivanovna (en) Traducir, Praskovia Ivanovna da Rússia (pt) Traducir, Ana I de Rusia, Theodosia Ivanovna (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisAlexis I de Rusia Editar o valor em Wikidata  e Maria Miloslavskaya (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsPedro I de Rusia, Sofia Alekseievna da Rússia (pt) Traducir, Tsarevna Yevdokia Alekseyevna of Russia (en) Traducir, Catherine Alekseyevna of Russia (en) Traducir, Natalya Alexeevna of Russia (en) Traducir, Feodosia Alekseyevna of Russia (en) Traducir, Maria Alekseyevna of Russia (en) Traducir, Marfa Alekseyevna of Russia (en) Traducir, Teodoro III de Rusia, Tsarevich Alexei Alexeyevich of Russia (en) Traducir, Tsarevich Dmitry Alexeyevich of Russia (en) Traducir e Tsarevich Simeon Alexeyevich of Russia (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Романов-13 Find a Grave: 7661910 Editar o valor em Wikidata

O conflito sucesorio editar

Iván foi o segundo fillo do tsar Alexis I e da súa primeira muller María Miloslávskaya. Tras a morte do seu irmán máis vello, Teodoro III, Iván sucédeo no trono. Ó ser física e mentalmente discapacitado, a Duma de Boiardos decide nomear rexente ó medio irmán de Iván, Pedro, o que provoca a disputa polo trono.

Os motivos se deben ós dous matrimonios do pai de Iván e Pedro, xa que a descendencia da súa primeira muller e da segunda, Natalia Naryshkina, combatían por todos os medios para asegurar a sucesión ó trono do seu propio irmán. Xuridicamente, non se podía facer nada para impedir que gobernara Iván, posto que non había ningunha norma que impedira que un discapacitado fose tsar.

Os Streltsi editar

 
A Gran Duquesa Sofía Alexeiievna Romanova.

Arredor do 1540 a fidelidade ó tsar por parte dos Streltsy estaba poñéndose a proba. Eles eran considerados a elite da milicia do tsar, aínda que tiñan fama de ebrios e corruptos.

No conflito pola sucesión, aliáronse con Sofía Alexeiievna, irmá de Iván, e a súa maior defensora, así coma a máis grande inimiga do seu medio irmán Pedro. Comezou así, unha brutal e sanguenta acción de limpeza durante a revolución moscovita de 1682, na que preto de setenta partidarios da familia contraria foron axustizados nun baño de sangue.

O compromiso pola sucesión editar

A continuación da revolta dos parentes de Iván, conducida pola súa irmá, a Duma de Boiardos, definiu a Iván como o Primeiro Tsar, a Pedro como Segundo Tsar, e a Sofía Alexeiievna como Rexente. Iván e Pedro foron coroados ó mesmo tempo o 25 de xullo de 1682.

Iván, a causa da súa condición de saúde tan deteriorada non tivo un papel importante no goberno do país.

Descendencia editar

Iván casou no 1684 con Praskovia Saltykova, coa que tivo cinco fillos:

Predecesor:
Teodoro III de Rusia
 
Tsar de Rusia xunto con Pedro I

1682 - 1682
Sucesor:
Pedro I