República dos Tuva
A República dos Tuva[1][2] (ruso: Республика Тыва; tuva: Тыва Республика), ou Tuva (Тува́), é unha república rusa. Está localizada no centro xeográfico de Asia, no sur de Siberia. A súa capital é a cidade de Kyzyl. Segundo o censo de 2010 ten unha poboación de 307.930 habitantes.
Тыва Республика (tyv) | |||||
Himno | Tooruktug Dolgay Tangdym (en) (1991-2011) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Rusia | ||||
Capital | Kyzyl (pt) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 337.524 (2024) (1,98 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua rusa Lingua tuvaniana | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 170.500 km² | ||||
Comparte fronteira con | República de Altai Khövsgöl (pt) Zavkhan (pt) Uvs (pt) Buriatia Krai de Krasnoiarsk oblast de Irkutsk Khakassia Bayan-Ölgiy (pt) | ||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 24 de maio de 1991 | ||||
Organización política | |||||
• Lista (pt) | Sholban Kara-ool (en) | ||||
Órgano lexislativo | Great Khural of Tuva (en) , (Escano: 32) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | RU-TY | ||||
Identificador OKTMO | 93000000 | ||||
Identificador OKATO | 93 | ||||
Sitio web | rtyva.ru |
Cultura
editarO pobo tuva é famoso polo seu canto de gorxa ou Xöömej. Khuresh, a forma tuva de loita, é un deporte moi popular. As competicións desta disciplina celébranse anualmente no festival Naadym de Tos-Bulak.
Sainkho Namtchylak é unha das poucas cantantes de Tuva cun recoñecemento internacional. Está moi involucrada na cultura tuva, e cada ano convida a artistas occidentais a actuar en Kyzyl e que descubran o país, a súa cultura e a súa música. Kongar-ool Ondar tamén ten un certo recoñecemento no mundo occidental, en gran medida por aparecer en Genghis Blues xunto co cantante Paul Pena. Huun-Huur-Tu é outro dos expoñentes da música de Tuva da década de 1990, e Alash acadou a fama na década do 2000.
A lingua tuva pertence á familia turca, malia que moitas palabras proceden do mongol. Escríbese no alfabeto cirílico modificado, mais no pasado empregáronse runas turcas, a escrita mongol e o alfabeto latino.
Notas
editar- ↑ Definición de tuva no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
- ↑ «Tuva, República de». Diciopedia do século 21 3. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). Editorial Galaxia. 2007. p. 2101. ISBN 9788482893600.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- Páxina oficial da República dos TuvaArquivado 12 de febreiro de 2014 en Wayback Machine. (en ruso)
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |