República de Altai

A República de Altai (en ruso: Республика Алтай, en altai: Алтай Республика) é unha das vinte e unha repúblicas que constitúen a Federación Rusa. A súa capital é Gorno-Altaisk. Atópase na zona sur do país, e ten fronteiras internacionais con Mongolia, China e Casaquistán. Ten unha extensión de 92.600 km². Máis do 87% da súa poboación é de etnia rusa ou altai. Alberga os ríos Katún e Biya, así como o lago Teletskoie. A súa economía é maioritariamente agrícola, cun significativo sector turístico en desenvolvemento.

República de Altai
Республика Алтай
Алтай Республика
Bandeira da República de Altai
Escudo da República de Altai
BandeiraEscudo
Altai Republic in Russia.svg
Himno: [[Himno Nacional da República de Altai

]]
EstadoFlag of Russia.svg Rusia
CapitalGorno-Altaisk
Alexander Berdnikov
Asemblea estatal — O Kurultai
Constitución da República de Altai
Fundación1 de xullo de 1922
SuperficiePosto 35º
 • Total92600 km² km²
Costas0 km² km
PoboaciónPosto 79º
 • Total210.344 hab.
 • Densidade2,2 hab/km² hab./km²
Fuso horarioOMST (UTC+7)
Código ISORU-AL

HistoriaEditar

A República de Altai creouse o 1 de xuño de 1922 como o Óblast Autónomo de Oyrot (Ойротская автономная область), que conformaba o krai de Altai. O nome orixinal desta rexión foi Bazla. O 7 de xaneiro de 1948 pasou a chamarse Óblast Autónomo de Gorno-Altai (Горно-Алтайская автономная область). En 1991 reorganizouse como a República Socialista Soviética Autónoma de Gorno-Altai. En 1992 renomeouse República de Altai.

XeografíaEditar

O seu territorio ocupa unha superficie de 92.600 km², polo que a súa extensión pode compararse coa de Portugal.

Limita ao norte co óblast de Kemerovo, ao nordeste coa República de Khakasia, ao leste coa república de Tuvá, ao sueste con Mongolia (provincia de Bayan-Olgiy), ao sur con China (rexión autónoma de Xinjiang), ao suroeste con Casaquistán (provincia de Shyghys Qazaqstan), e ao noroeste co krai de Altai.

HidrografíaEditar

Os seus maiores ríos son o Katún e o Biya, que se orixinan ambos nas montañas e flúen cara ao norte. O seu conxunción crea o río Obi, o maior de Siberia, que desemboca no mar de Kara, que forma parte do océano Ártico. Na rexión atópase así mesmo o lago Teletskoie (Озеро Телецкое), incluído na lista do Patrimonio da Humanidade da Unesco desde 1998.[1] O lago ten unha profundidade máxima de 325 m e é un dos vinte e cinco lagos máis profundos do mundo.[2]

DemografíaEditar

A República de Altai está composta polas seguintes etnias: rusos 57 % (116 510), altais 30,6 % (62 192), casacos 5,97 % (12 108), telengits 1,18 % (2 386), tubalares 0,76 % (1 533), ucraínos 0,71 % (1 437).

EconomíaEditar

A República de Altai é unha rexión altamente agrícola. Tamén alberga unha industria de produtos alimenticios, metalurxia non ferrosos, produtos químicos, extracción aurífera, calzado, produción leiteira e madeira. O turismo é un sector económico de crecente importancia, e apareceron varios novos hoteis e resorts destinados aos "novos rusos".

Divisións administrativasEditar

 
Amencer no poboado de Tungur.
  • Cidade estatal: Gorno-Altaisk (Горно-Алтайск)
  • Distritos:
    • Chemalski (Чемальский), con 7 selsovets
    • Choyski (Чойский), con 7 selsovets
    • Kosh-Agachski (Кош-Агачский), con 12 selsovets
    • Mayminski (Майминский), con 7 selsovets
    • Ongudayski (Онгудайский), con 10 selsovets
    • Shebalinski (Шебалинский), con 11 selsovets
    • Turochakski (Турочакский), con 9 selsovets
    • Ulaganski (Улаганский), con 7 selsovets
    • Ust-Kansky (Усть-Канский), con 11 selsovets
    • Ust-Koksinsky (Усть-Коксинский), con 9 selsovets

NotasEditar

  1. "Altai - Pearl of Siberia". Arquivado dende o orixinal o 22 de marzo de 2007. Consultado o 30 de novembro de 2006. 
  2. "Altai Reserve". altai-republic.ru. Arquivado dende o orixinal o 13-09-2007. Consultado o 31-07-2007. 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar