República dos Tuva

República federal de Rusia

A República dos Tuva[1][2] (ruso: Республика Тыва; tuva: Тыва Республика), ou Tuva (Тува́), é unha república rusa. Está localizada no centro xeográfico de Asia, no sur de Siberia. A súa capital é a cidade de Kyzyl. Segundo o censo de 2010 ten unha poboación de 307.930 habitantes.

República dos Tuva
Тыва Республика (en tuva)
Республика Тыва (en ruso)
Bandeira da República dos Tuva
Escudo da República dos Tuva
BandeiraEscudo
Tuva in Russia.svg
Himno: Men – Tyva Men
EstadoFlag of Russia.svg Rusia
CapitalKyzyl
 • Poboación109.918 (censo 2010)
Cidade máis poboadaKyzyl
Lingua oficialTuva e ruso
Forma de gobernoRepública federada
Sholban Kara-ool
Estabelecemento13 de outubro de 1944
SuperficiePosto 21º
 • Total170.500 km²
PoboaciónPosto 77º
 • Total307.930 (2010) hab.
 • Densidade1,81 hab./km²
Xentiliciotuva[1]
Fuso horarioUTC+7
Código ISORU-TY

CulturaEditar

 
Competición de loita no estadio "Хүреш" ("Khuresh").

O pobo tuva é famoso polo seu canto de gorxa ou Xöömej. Khuresh, a forma tuva de loita, é un deporte moi popular. As competicións desta disciplina celébranse anualmente no festival Naadym de Tos-Bulak.

Sainkho Namtchylak é unha das poucas cantantes de Tuva cun recoñecemento internacional. Está moi involucrada na cultura tuva, e cada ano convida a artistas occidentais a actuar en Kyzyl e que descubran o país, a súa cultura e a súa música. Kongar-ool Ondar tamén ten un certo recoñecemento no mundo occidental, en gran medida por aparecer en Genghis Blues xunto co cantante Paul Pena. Huun-Huur-Tu é outro dos expoñentes da música de Tuva da década de 1990, e Alash acadou a fama na década do 2000.

A lingua tuva pertence á familia turca, malia que moitas palabras proceden do mongol. Escríbese no alfabeto cirílico modificado, mais no pasado empregáronse runas turcas, a escrita mongol e o alfabeto latino.

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 Definición de tuva no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
  2. «Tuva, República de». Diciopedia do século 21 3. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). Editorial Galaxia. 2007. p. 2101. ISBN 9788482893600. 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar


 
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.