República dos Buriatos
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2015.) |
A República dos Buriatos[1][2] (en ruso Респу́блика Буря́тия, Respúblika Buriàtia; en buriato Буряад Республика, Buriaad Respúblika) é unha república (suxeito federal) asiática da Federación Rusa, situada na rexión centromeridional de Siberia, na beira oriental do lago Baikal. Segundo o censo de 2002 tiña unha poboación de 981.238 habitantes, nunha extensión de 351.300 km². A capital é Ulan-Udé.
Буряад Республика (buriato) Республика Бурятия (ruso) | |||
---|---|---|---|
| |||
Himno: Himno nacional da República dos Buriatos | |||
Estado | ![]() | ||
Capital | Ulan-Ude | ||
• Poboación | 359.391 (censo 2002) | ||
Cidade máis poboada | Ulan-Ude | ||
Lingua oficial | Buriato e ruso | ||
Forma de goberno | República federada | ||
Vyacheslav Nagovitsyn | |||
Estabelecemento | |||
durante a URSS | 30 de maio de 1923 | ||
Superficie | Posto 15º | ||
• Total | 353.300 km² | ||
Costas | 0 km | ||
Poboación | Posto 56º | ||
• Total | 981.238 (2005) hab. | ||
• Densidade | 2,8 hab./km² | ||
Fuso horario | UTC+8 | ||
• Horario de verán | UTC+9 | ||
Código ISO | RU-BU | ||
Limita, dentro de Rusia, ao norte e ao leste coa provincia de Irkutsk e o lago Baikal, ó suroeste coa república de Tuva e ao leste coa provincia de Tchita. Ó sur limita con Mongolia.
XeografíaEditar
O 80% do territorio é montañoso; ó suroeste álzanse as montañas Saian, que culminan no Munku Sardik (3.491 m), na fronteira con Mongolia. Ao leste do lago Baikal atópanse as montañas Iablonovi. As principais unidades de relevo son:
- O altos de Selenga (Sëlëngë), ao sur (1.800–700 m).
- Os Vostochny Saians, ao leste, co Munko-Sardyk / Münxë Sar'dag xada (3.491 m), o punto máis alto do país, e o Munku Sasan (3.164 m).
- A rexión montañesa do Baikal, cos complexos montañosos de:
- Hamar Daban, co Han Ula (2.371 m) e Sohon (2.316 m).
- Ulan Burgasy.
- Chikokorsky Hrebet, co Barun-Shabartuj (2.519 m).
- Onon Baldzinsky Hrebet, con 1.741 m.
Os ríos principais son o Selenga (Sëlëngë müren), Barguzin (Bargazhan), Udá, Verkhnaia Angara (afluentes do Baikal), Vitim (do Lena) e Irkut, Oka e Kitoi (Süxë gol) (do Ienissei). E ademais do Baikal (Bajgal nuur), o 60% da liña de costa do cal pertence á república, hai outros lagos, como o Gusinoe Ubukun (Galuuta), Baunt, Barguzin e Severnyi Baikal. Tamén hai máis de 300 arshans (fontes de auga termal).
A temperatura media anual é de -1,6 °C,sendo a media do inverno de -22 °C e a media de verán de 18 °C.
EconomíaEditar
Os recursos naturais dos Buriatos son o ouro, o tungsteno, o cinque, o uranio e outros. A economía da república está baseada en importantes produtos agrícolas e comerciais que inclúen ó trigo, ás hortalizas, á madeira, á pel, ó grafito e ós téxtiles. A pesca, a caza, a gandería, a minería e a industria alimentaria, entre outros, tamén teñen a súa importancia económica.
PoboaciónEditar
- Poboación: 981.238 (2002)
- Urbana: 584.970 (59,6%)
- Rural: 396.268 (40,4%)
- Masculina: 467.984 (47,7%)
- Femenina: 513.254 (52,3%)
- Grupos étnicos
Segundo o censo ruso de 2002, os rusos eran arredor dos dous terzos da poboación da república, mentres que os buriatos eran tan só o 27,8%. Outros grupos son os ucraínos (1,0%), tártaros (0,8%), e outros con menos do 0,5% da poboación.
Censo de 1939 | Censo de 1959 | Censo de 1970 | Censo de 1979 | Censo de 1989 | Censo de 2002 | |
---|---|---|---|---|---|---|
Buriatos | 116.382 (21,3%) | 135.798 (20,2%) | 178.660 (22,0%) | 206.860 (23,0%) | 249.525 (24,0%) | 272.910 (27,8%) |
Soiots | 2.739 (0,3%) | |||||
Rusos | 393.057 (72,0%) | 502.568 (74,6%) | 596.960 (73,5%) | 647.785 (72,0%) | 726.165 (69,9%) | 665.512 (67,8%) |
Ucraínos | 13.392 (2,5%) | 10.183 (1,5%) | 10.769 (1,3%) | 15.290 (1,7%) | 22.868 (2,2%) | 9.585 (1,0%) |
Tártaros | 3.840 (0,7%) | 8.058 (1,2%) | 9.991 (1,2%) | 10.290 (1,1%) | 10.496 (1,0%) | 8.189 (0,8%) |
Evenkis | 1.818 (0,3%) | 1.335 (0,2%) | 1.685 (0,2%) | 1.543 (0,2%) | 1.679 (0,2%) | 2.334 (0,2%) |
Outros | 17.277 (3,2%) | 15.384 (2,3%) | 14.186 (1,7%) | 17.630 (2,0%) | 27.519 (2,7%) | 19.969 (2,0%) |
NotasEditar
- ↑ "Buriatos, República dos". Diciopedia do século 21 1. Edicións do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 374.
- ↑ "Buriatos, República dos [Bur'atskaja AR] Entidade político-administrativa, situada en Siberia, Rusia, entre o lago Baikal e Mongolia..." en Diccionario Enciclopédico Galego Universal, t.11. p. 41.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: República dos Buriatos |
Outros artigosEditar
Ligazóns externasEditar
- Páxina de Buriatia Arquivado 06 de outubro de 2007 en Wayback Machine. (en varias linguas)
- Páxina da Academia Estatal de Agricultura de Buriatia Arquivado 07 de marzo de 2019 en Wayback Machine. (en varias linguas)