A iurta[1] (en mongol: Гэр; romanización: ger)[2] é unha vivenda utilizada polos nómades nas estepas de Asia Central. Distintos pobos usaron este tipo de vivenda desde a Idade Media. Na Idade Media, a vida nómade dos mongois obrigou a que tivesen unha vivenda para os seus constantes desprazamentos. Esta tenda de campaña estaba protexida por unha grosa cuberta, era fácil de transportar e óptima para soportar os intensos cambios climáticos de Mongolia.

A artesanía tradicional do ger mongol e os costumes conexos
Unha iurta ou ger mongol.
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
País Mongolia
LocalizaciónN/D
TipoCultural inmaterial
CriteriosCriterios
Inscrición2013
Rexión da UNESCOAsia e Pacífico
Identificador00872
Coñecementos e técnicas tradicionais vencellados á fabricación de iurtas, kirguises e kazajas (hábitat nómade dos pobos túrcos)
Iurta tradicional kirguís.
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
País Kirguizistán
Casaquistán
LocalizaciónN/D
TipoCultural inmaterial
CriteriosCriterios
Inscrición2014
Rexión da UNESCOAsia e Pacífico
Identificador00998
Muller turca na porta dunha iurta.

A visita a unha iurta implicaba un rigoroso ritual protocolario. Podíase executar unha persoa polo só feito de entrar na iurta dun mandatario sen anunciar previamente a súa visita.

A súa influencia na cultura de Asia Central vese reflectida nos deseños do escudo de Casaquistán e a bandeira de Kirguizistán, ambos adoptados en 1992.

A artesanía tradicional relativa á iurta mongol foi designada como Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade pola Unesco o 5 de decembro de 2013.[3] Ao ano seguinte, o 26 de novembro de 2014, igualmente foi designada a artesanía da iurta kirguiz e kazaka.[4]

Partes dunha iurta orixinal editar

Na antigüidade, a iurta era modular e desmontable, pois estaba formada por varias partes e realizada con diversos materiais. As actuais conservan a forma, pero os materiais utilizados na súa construción cambiáronse por outros máis evolucionados e mellorados tecnoloxicamente. Por exemplo, resultan agora máis lixeiros, resistentes e ignífugos. As súas partes máis diferenciadas eran:

  • Recubrimento: A tenda estaba cuberta por varias capas de palla e lonas de la. O seu número variaba dependendo da estación do ano.
  • Anel: Burato que se encontraba na parte central superior da tenda. Soportaba a carga do extremo das vigas máis cara ao interior e, ao mesmo tempo, permitía a saída de fume e a entrada de luz ao recinto.
  • Jana: Eran as paredes da tenda e formábanse cun entramado de madeiras. Encargábanse de soportar o peso do outro extremo das vigas cara ao exterior, sen necesidae de usar cordas tensoras.
  • Porta: Estaba delimitada por un marco de taboleiros suxeitos ao jana con cordas. Podía tratarse dunha simple lona reforzada na súa parte posterior cunha madeira con bisagras.
  • Vigas: Daban unha forma redondeada ao teito. Apoiábanse sobre a parte superior do jana e estendíanse ata o anel. Pola forma na que eran colocadas, non requiría de piares de reforzo no centro da vivenda, o que outorgaba un maior aproveitamento do espazo interno.
  • Cortina: Localizábase a certa distancia das paredes, colgada das vigas. A súa función era a de separar o espazo común do centro das áreas privadas.

Armado dunha iurta mongol editar

Iurtas en Occidente editar

Fóra da zona de uso tradicional da iurta, tamén se empregou, e séguese facendo na actualidade,[cando?] noutros países.[onde?] Hainas máis ou menos fieis ás orixinais, en canto á forma, usos e materiais de construción.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar