Nikolai Nekrasov
Nikolai Alekseevich Nekrasov (en ruso Николай Алексеевич Некрасов), nado en Nemirov (Gobernación de Podolia) o 10 de decembro de 1821 e finado en San Petersburgo o 8 de xaneiro de 1878, foi un poeta e autor teatral ruso.
Nikolai Nekrasov | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 28 de novembro de 1821, 10 de decembro de 1821, 28 de novembro de 1821 e 1821 |
Lugar de nacemento | Nemyriv |
Falecemento | 8 de xaneiro de 1878, 27 de decembro de 1877, 27 de decembro de 1878, 27 de decembro de 1878 e 1877 |
Lugar de falecemento | San Petersburgo |
Causa | Cancro colorrectal |
Soterrado | Novodevichy Cemetery |
Nacionalidade | Imperio Ruso |
Alma máter | Imperial St. Petersburg University e Universidade Estatal de San Petersburgo |
Ocupación | poeta, escritor, autobiógrafo, crítico literario, xornalista e xornalista de opinión |
Irmáns | Anna Alekseyevna Butkevich |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria editar
Naceu nunha familia de terratenentes e a súa infancia transcorreu nas beiras do río Volga, das que contou as súas grandezas e miserias nos seus versos. Dende moi neno padeceu un ambiente familiar tenso, coas cacerías e ruidosas bacanais que organizaba o seu pai, e as escenas de castigos, maltratos e desprezos que este, home despótico e cruel, inflixía aos seus servos campesiños deixaron fonda impresión na mente e no espírito do futuro poeta. Cursou estudos en distintos internados e no instituto público de Iaroslavl, onde comezou a escribir algunhas poesías satíricas e se interesou polo teatro; porén, estudaba mal e apenas foi capaz de facer cinco cursos en seis anos. En 1838 chegou a Moscova e intentou dous anos consecutivos ingresar na universidade, mais non logrou superar os exames de ingreso. Malviviu os tres anos seguintes, durmindo en albergues para vagabundos e escribindo cartas de encargo na praza do mercado a cambio de comida. A súa primeira poesía, "Дума" ("O pensamento"), publicouse en 1838 na revista Syn otechestva.
En febreiro de 1840 Nekrasov publicou a súa primeira colección de poemas empregando as iniciais "N. N." seguindo o consello do seu patrón Vasili Zhukovski que suxeriu que o autor podía sentirse avergoñado polos seus exercicios infantís nalgúns anos.[1] O libro, con críticas favorables de Piotr Pletniov e Ksenofont Polevoi, foi rexeitado por Alexei Galakhov e Vissarion Belinsky. Varios meses máis tarde, Nekrasov destruíu os exemplares non vendidos. Algunhas copias que sobreviviron convertéronse nunha rareza dende entón.[2]
Buscando a súa identidade literaria, escribiu varios vodevís que se estrearon con éxito e boa crítica, mais tampouco era este o camiño que quería seguir.[3]
A súa verdadeira actividade chegou coa adquisición dos dereitos de publicación das revistas Sovremennik en 1847 e Anais da Patria en 1866, onde colaboraron as plumas máis importantes das letras rusas. Na medida que se ía radicalizando cara á esquerda a postura da primeira delas, foron marchando dela os aristócratas Lev Tolstoi, Ivan Turgenev, Goncharov, Saltikov-Shchedrin, e entraron os narodniki ou "populistas" e "heteroxéneos", homes máis afíns ás ideas social-revolucionarias, como Nikolai Dobroliubov, Nikolai Chernishevski, Vissarion Belinski, Nikolai Pomialovski, Fiodor Reshetnikov e outros, amigos e colaboradores de Nekrasov.
As Obras completas de Nekrasov, do grupo de poetas populistas e cantor do campo e das liberdades cívicas, ocupan doce tomos. Está enterrado no cemiterio Novodevichi de San Petersburgo. Catro mil persoas acudiron ao seu enterro, e a comitiva converteuse nunha manifestación política.[1]
Obra editar
A obra poética de Nekrasov é ampla, polifacética e rica, cunha temática variada: poesía lírica e intimista, cívica e social e, moi especialmente, de temática campesiña, mais sempre cun carácter de denuncia social, protesta e inconformismo. A actitude crítica e negativa ante o estado das cousas constitúe a característica esencial da súa creación poética.
Tamén se ocupou dos nenos escribindo para eles unha serie de poemas como Дедушка Мазай и зайцы (1870).[3]
Nos seus últimos anos, canso de loitar e enfermo, escribiu fermosas elexías e poesías líricas intimistas, en que intenta resumir a súa vida, próxima á súa fin.[4]
Notas editar
- ↑ 1,0 1,1 Garkavi, A.M. N.A.Nekrasov's biography. Timeline. The Works by N.A.Nekrasov in 8 vol. Khudozhestvennaya Literatura, Moscova. 1967. Vol. VIII. Pp. 430-475
- ↑ Nekrasov, Nikolai Alexeyevich. Russian Biographical Dictionary. 1911.
- ↑ 3,0 3,1 Lebedev, Yu, V. (1990). "Nekrasov, Nikolai Alekseyevich". Russian Writers. Biobibliographical Dictionary. Vol. 2. Ed. P.A.Nikolayev. Moscow. Prosveshchenye Publishers. Consultado o 1 de maio de 2014.
- ↑ Skatov, N.N. Nekrasov. Contemporaries and Followers// Современники и продолжатели. Páx. 258
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- "Nikolai Alekseevich Nekrasov" in the Russian Biographical Dictionary (online)
- Terras, Victor. A History of Russian Literature. ISBN 0-300-04971-4
Ligazóns externas editar
- Several poems by Nekrasov translated into English
- English translations of 3 poems by Babette Deutsch and Avrahm Yarmolinsky, 1921
- English translations of 4 short poems
- English translation of "A Friendly Correspondence Between Moscow and Petersburg" in The Hopkins Review
- Some texts by Nikolai Nekrasov in the original Russian
- Nekrasov Library