Vissarion Belinski

Vissarion Grigorievich Belinski (en ruso, Виссарио́н Григо́рьевич Бели́нский), nado en Sveaborg o 11 de xuño de 1811 e finado o 7 de xuño de 1848, foi un crítico literario ruso.

Vissarion Belinski
Vissarion Belinsky by K Gorbunov 1843.jpg
Nome completoVissarion Grigorievich Belinski
Nome de nacementoВиссарио́н Григо́рьевич Бели́нский
Nacemento30 de maio de 1811
Lugar de nacementoSuomenlinna
Falecemento7 de xuño de 1848 (37 anos)
Lugar de falecementoSan Petersburgo
Causatuberculose
SoterradoLiteratorskie mostki e cemiterio Volkovo
NacionalidadeImperio Ruso
EtniaPobo ruso
Alma máterMoscow University's Department of Philosophy e Universidade Estatal de Moscova
Ocupaciónfilósofo, escritor, crítico literario, xornalista, violinista, teórico literario e xornalista de opinión
CónxuxeMaria Orlov
Na rede
Find a Grave: 29121016 Editar o valor em Wikidata
Vissarion Belinsky (signature).jpg
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Fillo dun médico militar, estudou nos institutos de Chembar e Penza. Entre 1829 e 1832 estudou na Universidade de Moscova, pero tivo que deixala por organizar un grupo de adeptos da filosofía alemá e ler en público o drama romántico Dimitri Kalinin, no que se criticaba a servidume. Con moitos problemas económicos, viviu facendo traducións do francés e colaborando nalgunhas publicacións. En 1833 entrou no faladoiro filosófico e literario que organizara o poeta Nikolai Stankevich, interesándose polos problemas literarios e afondando no coñecemento da filosofía alemá de Kant, Friedrich Schelling e Hegel. O seu primeiro artigo de crítica literaria publicouno en 1834, e de 1835 a 1836 apareceron en Teleskop outros ensaios sobre a novela rusa, Gógol ou Vladimir Benediktov.

En 1837 caeu enfermo de tuberculose, curou en Piatigorsk, onde coñeceu a Lérmontov. Dous anos despois instalouse en San Petersburgo, para dirixir Otechestvennie Zapiski (Отечественные Записки. Apuntamentos patrióticos) ata 1846. A publicación converteuse no voceiro da vangarda literaria rusa, nela publicou numerosos traballos e comezou unha serie de panorámicas anuais. Publicou tamén obras de Gógol. Belinski expuxo os principios e o manifesto do Naturalismo en Rusia, escola á que se uniran Gógol, Fiódor Dostoievski, Iván Goncharov, Grigorovich e outros. En 1842 apoiou a Gógol tirando do prelo a novela As almas mortas, prohibida pola censura tsarista. Escribiu estudos que comparaban autores occidentais cos eslavos: Pushkin fronte a Byron e Shakespeare; Lérmontov e Byron; Vladimir Odoievski e E. T. A. Hoffmann etc. Tamén realizou estudos de autores occidentais por separado, como George Sand, Schiller, Goethe, Walter Scott e outros. En 1846 deixou a revista por conflitos co seu propietario. Pasou a realizar a sección de crítica literaria de Sovremennik (O contemporáneo) dirixida polo poeta Nikolai Nekrasov, alí publicou as panorámicas literarias de 1846 e 1847 e numerosos artigos, notas e recensións literarias.

En 1847 trasladouse a Berlín e Salzburgo para tratar a súa enfermidade, xa moi avanzada. Desde este último lugar escribiu a famosa Carta a Gógol en resposta ó seu cambio ideolóxico cara ó tradicionalismo, na que o acusaba de predicador do látego e apóstolo do escurantismo. Considérase esta carta o exemplo máis brillante de crítica literaria na literatura rusa do XIX. Belinski morreu un ano máis tarde, nas vésperas do seu arresto pola policía. Mesmo a mención do seu nome na prensa estivo prohibida ata 1856. As súas obras completas, en doce volumes, publicáronse entre 1859 e 1862.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar