E. T. A. Hoffmann
Ernst Theodor Amadeus Hoffmann, nado en Königsberg (Prusia Oriental; agora Kaliningrado, en Rusia) o 24 de xaneiro de 1776 e finado en Berlín o 25 de xuño de 1822, foi escritor e compositor alemán, que influíu no movemento romántico da literatura alemá.[1]
Traxectoria
editarFillo dun avogado aínda que despois da separación dos seus pais en 1778 foi criado pola familia da súa nai. O seu terceiro nome era orixinalmente Wilhelm, pero máis tarde tomou o de Amadeus en honor a Wolfgang Amadeus Mozart.
Hoffmann estudou dereito na Universidade de Königsberg pero soamente exerceu o seu cargo de avogado durante un curto período de tempo, antes de dedicarse á pintura. En 1814 regresou á administración civil prusiana en Berlín e exerceu como xuíz até a súa morte.
Obra
editarHoffmann é moito máis coñecido como escritor. As súas obras de ficción, combinan o grotesco e o sobrenatural cun poderoso realismo psicolóxico, encóntranse entre as máis influentes do movemento romántico.
As máis famosas son os contos fantásticos nos que Jacques Offenbach baseou a ópera Os contos de Hoffmann (1880) e Léo Delibes o seu ballet Coppélia (1870).
Moitas das novelas curtas máis famosas de Hoffmann foron reunidas nas súas Pezas fantásticas de 2 volumes, (1814-1815), que tamén contén unha colección de crítica musical e as ilustracións propias. Hoffmann escribiu tamén a obra Os elixires do diaño (1816).
Notas
editar- ↑ Sobre a concepción romántica da música en Hoffmann ver Fausto Cercignani, "E. T. A. Hoffmann, Italien und die romantische Auffassung der Musik", in S. M. Moraldo, Das Land der Sehnsucht. E. T. A. Hoffmann und Italien, Heidelberg, Winter, 2002, 191-201 ISBN 978-3-8253-1194-0.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: E. T. A. Hoffmann |