Nova Zembla
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Nova Zembla - Нoвая Земля | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Localización | |||||
Datos | |||||
Capital | Belushya Guba | ||||
País | Rusia | ||||
Linguas | |||||
Poboación (2002) | 2.716 hab. | ||||
Superficie | |||||
Densidade | |||||
Concellos | |||||
Coordenadas | 75°10′N 57°50′L / 75.167, -57.833 | ||||
Maior Altura | 1.590 m (Illa Norte) |
Nova Zembla,[1] Nova Terra[2][3] ou Nova Cembla[4] (en ruso: Но́вая Земля́, Terra Nova), é un arquipélago ártico ruso localizado entre o Mar de Barents a oeste e o Mar de Kara a leste. Situado próximo do continente, o territorio máis próximo é a illa de Vaygatch, a suroeste, da cal está separado polo estreito Karskiye Vorota, ou estreito de Kara. Esta illa, á súa vez, está separada do continente por un estreito de preto de 10 km de largura.
A Nova Zembla componse de dúas grandes illas (Illa Severny ao norte e Illa Yuzhny ao sur), separadas por un estreito canal, o Matotchkin Shar, e dun número considerable de illas adxacentes. Aínda que xeoloxicamente constitúa o prolongamento cara ao norte dos Montes Urais, o arquipélago inclúese en Europa.
NotasEditar
- ↑ Inés Santa María Otero e Noé Massó Lago: Atlas xeográfico e histórico de Galicia e do Mundo (2009), Edicións do Cumio, ISBN 978-84-8289-328-0: Páxinas 33, 35, 182, 183 e 206: Illa de Nova Zembla. Páxina 186: Nova Zembla.
- ↑ Enciclopedia Galega Universal, t. 12: Páxina 453: Nova Zembla => Nova Terra. Páxina 450: Nova Terra [ruso: Novaja Zeml'a] ou Nova Zembla Arquipélago do Océano Ártico, que separa os mares de Laptev e Siberia Oriental e forma parte de Iacutia...
- ↑ Diccionario Enciclopédico Galego Universal, t. 45: Páxina 51: Nova Zembla => Nova Terra. Páxina 48: Nova Terra ou Nova Zembla [ruso: Novaja Zeml'a] Arquipélago do océano Ártico, que forma parte da oblast' de Arkhangel'sk, en Rusia (830.001.339 km²)...
- ↑ "Nova Cembla". Diciopedia do século 21 2. Edicións do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 1479.
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Nova Zembla |