Historia de Lugo
A historia de Lugo abrangue a historia da cidade de Lugo, o asentamento urbano máis antigo de Galicia. Arredor do ano 25 a. C, Caio Antistio Veto, legado de Octavio Augusto na Tarraconense ao mando das tropas romanas que loitaban nas Guerras Cántabras, establece na área do que hoxe é Lugo un campamento militar. Posteriormente, en nome do emperador, Paulo Fabio Máximo[1] funda " Lucus Augusti " sobre este campamento (algunhas voces sosteñen que a nova cidade asentouse tamén sobre a antiga localización dun castro galaico[2]). A partir do ano 50 asístese á expansión da cidade co asentamento de galaicos dos castros próximos. Posteriormente a cidade convértese nun importante núcleo urbano, representativo da cultura e do modo de vida romano.
Historia de Lugo | |
Mapa da cidade de Lugo de 1864. | |
Historia | de Lugo, Galicia |
Categoría | Historia de Lugo |
Relacionados | |
Historia | Historia de Galicia · Historia da Coruña · Historia de Santiago · Historia de Pontevedra · Historia de Vigo · Historia de Ourense |
Dende a chegada dos suevos a Galicia alternáronse na cidade ciclos de decadencia e rexurdimento. No ano 585 o Reino de Galicia pasa a mans visigodas, perdendo Lugo a súa condición de sé metropolitana por mor da fin da división de Galicia en dúas provincias. Iníciase así un período de decadencia que se vería acentuado pola invasión musulmá de principios do século VIII.
Entre os séculos XI e XIII, coma outras cidades do Camiño Xacobeo, foi protagonista duna serie de revoltas populares contra o poder feudal. En Lugo esta rebelión sería contra o bispo, quen compartía a súa potestas co Cabido. A comezos do século XIII, os burgueses de Lugo comezaron a desafiar, coma nunca antes fixeran, esta potestade xurisdicional.[3]
A principios do século XVI, a pesar de ser nomeada capital do Reino de Galicia por Carlos I, Lugo iniciou un longo declive. Esta etapa prolongouse até finais do século XVII, mentres que Santiago de Compostela cobraba protagonismo.[4] No século XVIII comeza un novo ascenso económico e cultural da cidade, converténdose na gran capital agraria de Galicia. As feiras de San Froilán cobran unha extraordinaria importancia económica, abastecendo de gando cabalar e mular a León e Castela; importancia que se reforzou coa chegada do ferrocarril en 1875 e que fixo de Lugo o maior mercado gandeiro de vacún de toda a península.
Prehistoria
editarDiversas zonas do contorno da cidade estiveron habitadas dende idades moi antigas, por mor quizais das condicións hidrolóxicas e edafolóxicas favorables para a explotación do terreo.
Entre os restos máis destacables achados na zona están un pico ou biface do Paleolítico inferior atopado en Silvarrei ou unhas pezas de sílex preto da actual Porta de San Pedro. Mais sobre todo, o conxunto prehistórico máis importante é o sitio arqueolóxico de Cova da Valiña en Bolaño, un asentamento de cazadores-recolectores entre o Paleolítico medio e o superior (ao redor do 30.000 a. C.).
Moito máis numerosos son os restos da etapa megalítica, coma necrópoles de túmulos megalíticos, que demostran que no contorno da cidade houbo unha ocupación humana numerosa e activa. Entre os exemplos máis destacados están os conxuntos de mámoas de Santo Matías, As Arieiras e Piúgos, ou os grupos do val de Mera, Orbazai e Adai onde hai hoxe unha cámara dolménica visible. Todos estes (e outros moitos atopados coma por exemplo en Parada ou Bonxe) están datados entre o 3200 e o 1800 a. C. Tamén se encadran no período precastrexo algúns achados, escasos, da Idade de Bronce, coma o vaso cerámico de Martul, aínda que non se deron vencellado a ningún asentamento en concreto. Á mesma época é probable que tamén pertenzan algúns gravados rupestres atopados no monte do Castrillón de Adai, que hoxe comparten lugar con marcas feitas na Idade Media ou máis modernas.
Os castrexos
editarNo ano 2017 atopáronse na rúa dos Cregos restos de vivendas castrexas[5], constituíndo o primeiro indicio que fai plausible a idea de que a cidade romana puido levantarse parcialmente enriba dun castro. Este achado hai que sumalo a outro feito dez anos antes, no 2007, cando no barrio da Piringalla se atoparon os restos doutro castro, aínda que neste caso localizábase lonxe do casco antigo de cidade. Convén indicar que tradicionalmente coidábase improbable a existencia dun castro baixo o centro da cidade de Lugo.[6][7]
Tanto na área actual da cidade coma no val que esta ocupa existiu un denso poboamento castrexo,[8] sobre todo nas zonas montañosas (e agás no noroeste e sueste deste val). Densidade de poboamento propiciada presuntamente pola explotación dos seus recursos, polo que se podería adxudicar a algúns dos pobos que cita Plinio na listaxe de populi desta zona da Gallaecia. Así, aínda que tempo despois a zona fose chamada polos propios romanos coma Conventus lucensis, de Lucus, considerouse que no lugar da cidade habitasen os caporos, lindando polo oeste cos supertamarcos, ao norte cos egobarros e ao sur cos cibarcos. É difícil saber, debido aos datos difusos, se esta densidade de poboamentos foi unha das causas que motivou aos romanos fundar aí Lucus Augusti.
Idade Antiga
editarO Alto Imperio
editarA orixe de Lucus Augusti
editarExisten dúas teorías contrapostas sobre a orixe de Lucus Augusti:
A primeira, a única ata data recente, fala da fundación de Lugo sobre o campamento que Caius Antistus Vetus, o xeneral romano que dirixía as tropas que participaban nas Guerras Cántabras (debido á ausencia por enfermidade do emperador Augusto) procedentes de Lusitania, estableceu na zona da actual Lugo. Neste campamento, base do que sería Lucus Augusti,[7][9][10] crearía unha ceca[11] para cuñar moeda provincial romana de bronce para pagar á media lexión (cinco cohortes) que tiña ao seu mando.
Por outra banda, outras investigacións[12] apuntan cara a unha orixe relixiosa ou simbólica, o que coincidiría coa explicación etimolóxica do nome indíxena, por canto o termo "Lucus" semella proceder dunha raíz "Luc-", "Lug-" ou "Llug-", coincidente co nome de "Lugh", unha divindade céltica relacionada coa luz e con todo o que brilla. Ademais, en dous lugares lucenses (Sinoga-Rábade) e (Liñarán-Sober) aparecen deuses co apelativo Lugobes, Lucoubus e semellantes. Outra teoría sobre a etimoloxía do topónimo fala sobre que os romanos formaron un "Lucus" (do latín: claro na fraga) ou bosque sagrado, sendo o sitio un lugar sagrado de reunión por tódolos castrexos de arredores.
Esta tese refórzaa o feito de que, nuns momentos onde a difusión do culto imperial era case tan importante coma as campañas militares, un lugar destas características sería idóneo para instalar nel unha cidade adicada a Augusto. O nome da cidade recibiría o título de Augusti a xeito de propaganda, para asimilarse á tradición indíxena.
Porén, a teoría que máis forza está a gañar nos últimos anos é a do campamento militar. E, en calquera caso, a elección da localización da nova capital conventual (considerando a inexistencia de cidades previas ás romanas en todo o noroeste) cumpría perfectamente as súas necesidades ao ser accesible para tódolos pobos que pertencían ao conventus, estar ben comunicada, contar con augas termais e contar cun río navegable ata o Sil.[13]
A fundación de Lucus Augusti
editarCAESARI PAVLLVS FABIVS MAXVMVS LEGAT CAESARIS V(rbis) C(onditori) A(ugusto) M(onumentum) Caesari —Inscrición dos monólitos fundacionais de Lucus Augusti.[14]
|
En calquera caso, pouco despois (entre o 15 a. C. e o 13 a. C.) Paulo Fabio Máximo, legado do emperador Octavio Augusto que participaba na organización política do noroeste da Península Ibérica, funda nas coordenadas tolemaicas de 7º25' - 44º25') a cidade de Lucus Augusti.[15] Deste xeito consagrábase o pacto sagrado, Sacramentum, entre Augusto e os habitantes da Gallaecia polos que estes manteríanse leais e en paz constante, habitando as cidades e campamentos romanos. Para selar este pacto sagrado, un dos catro que Augusto estableceu cos pobos do limes do Imperio, Augusto mandaría acuñar entre o 12 a. C. e o 14 d. C. unha serie de moedas conmemorativas.[16] Para poboala, Paulo Fabio Máximo, licenciou aos soldados de maior idade dándolles terras para cultivar e substituíndoos con soldados galaicos.
Consérvanse hoxe tres monólitos fundacionais da cidade, crese que falta un por atopar xa que, segundo o rito fundacional, debería haber catro.
O desenvolvemento de Lucus Augusti durante o Alto Imperio
editarDende a fundación da urbs de Lucus non se dispoñen moitos datos da súa evolución inicial, con todo suponse que comezou a medrar pouco a pouco.
A súa posible orixe non militar non representaría ningún atranco da cara á importancia que foi adquirindo case desde o seu comezo tanto dende a perspectiva político-administrativa (coma capital do convento xurídico do noroeste hispánico, o Conventus lucensis) coma económico (control da explotación e distribución das riquezas auríferas do país galaico, centro comercial agrario, punto de saída das tres vías cara a Brigantium, Iria Flavia e Dactonium e lugar de parada da que ía dende Bracara a Asturica Augusta) e mesmo militar, coma evidencia a muralla que se levantaría durante o século III.[15]
Lucus Augusti foi un importante nó de comunicacións debido ás súa situación central entre os principais núcleos da Gallaecia, ademais de estar entre a costa e as zonas do interior, explotadas coma minas (un dos principais motivos da conquista pola súa significación económica). Así, por Lucus, xa dende un comezo, pasarían as vías romanas XIX e XX, a medio camiño entre Asturica Augusta (Astorga) e Bracara Augusta (Braga), as outras dúas capitais dos conventos galaicos. Estas vías tamén conectarían con Iria Flavia (a XX) e con Brigantium (a XIX). Das entradas á cidade (construída xa a muralla) suponse que había unha (polo sueste), así coma dúas saídas (unha cara ao norte e outra cara ao oeste).
Falando destas vías de comunicación cómpre nomear a Ponte romana, aínda hoxe en pé, que formou parte da XIX camiño de Bracara Augusta, pasando por Iria Flavia.
No século I constrúese o acueduto que captaba as súas augas nos mananciais que se achaban preto do castro da Pringalla.[10]
Entre 214 e 216 Lugo convértese na capital dunha nova provincia, Hispania Superior, creada por Caracalla xebrando os conventos lucense e bracaranse (o territorio coñecido coma Gallaecia) da Hispania Citerior. En 235 Maximino o Tracio reunifica ámbalas dúas provincias.[17]
O Baixo Imperio
editarA finais do século III ten lugar un novo episodio reformista en todo o imperio impulsado por Diocleciano, dentro do cal se inclúe a creación da nova provincia da Gallaecia. Este novo pulo económico, político e administrativo vai permitir que Lugo manteña o seu vigor nun momento no que outras urbes comezan un declive urbano e de poboación.[19] Eran tempos críticos dende o punto de vista político e militar por mor das invasións dos "limes" levadas a cabo polos pobos xermánicos.[20]
A partir dese momento e durante todo o século IV a cidade coñece un novo período de reformas urbanísticas motivado fundamentalmente pola construción dun bastión defensivo de 2.266 metros coroado por 85 poderosas torres que se rematou de construír a principios do século IV. A muralla introducirá importantes cambios na fisionomía da cidade, xa que a súa construción, ao se adaptar á topografía do terreo, deixa fóra amplas zonas situadas ao suroeste, gañando pola contra unha estreita franxa de territorio cara ao norte e nordeste, onde espazos antes reservados á necrópole e á actividade artesanal quedan agora integrados na nova trama urbana.[21]
Durante a execución da obra, seguramente a petición da comunidade paleocristiá, proxectouse unha modificación do trazado desprazando nuns metros en dirección oeste a localización da actual porta de Santiago no decumano alí existente co gallo de gañar máis espazo intramuros e crear unha praza diante da basílica paleocristiá situada na actual praza de Pío XII.[22]
No século V, segundo indica o Notitia Dignitatum, achábase en Lugo a III Cohors Lucensis co gallo de defender as importantes minas lucenses de ouro e estaño.[23]
Idade Media
editarAlta Idade Media (ss. V - XI)
editarDurante esta etapa a cidade experimenta unha progresiva derivación cara a un novo centro urbano situado arredor da nova basílica cristiá.[24]
O Reino Suevo de Galicia
editar"A historia de Lugo, logo de ser unha historia de romanos, é, esencialmente, unha historia de bispos. Na cidade de Santa María e do Santísimo Sacramento houbo toda sorte de bispos: ortodoxos, priscilianistas, arianos, bispos con dúas dioceses (Braga, Lugo), metropolitanos, non metropolitanos, dous bispos a un tempo, bispos con señorío temporal, bispos sen señorío temporal etc." —Fernández de la Vega[25]
|
- Véxase tamén: Reino Suevo.
O convento lugués quedou á marxe das loitas que enfrontaron aos suevos de Hermerico cos alanos e vándalos de Gunderico.
Na Pascua do 460 os suevos, ás ordes do rei Frumario,[26] toman Lugo e asasinan ao reitor,[27] o gobernador provincial romano que mantiña a lexitimidade imperial na Gallaecia non ocupada polos suevos, e a outros nobres galaico-romanos.
En 460, Maioriano, o Emperador de Occidente, e Teodorico II deciden intervir na guerra civil que enfrontaba a Frumario e a Requimundo e envían ao conde Nepociano, magister utriusque militae (xeneral en xefe) de Maioriano na Hispania e ao conde visigodo Sunierico que derrotarían aos suevos preto de Lugo tomando e saqueando a cidade. Lugo foi a capital do reino do norte trala división do Reino Suevo en dous.
Pouco despois, en 460 ou 461, Requimundo apodérase da cidade. En 461, Requimundo recibiu en Lugo á embaixada que, procedente de Tolosa, dirixían o nobre galaico Palagorio e o conde godo Cyrila.
En 465 Remismundo reunifica o reino e Lugo, como todo o noroeste, intégrase neste. Momento a partir do cal a historia de Galicia entra nun século de escuridade sobre o non se dispón de documentación.
O rei suevo Miro convocou no ano 569 un Concilio na cidade de Lugo no que se produciu a conversión oficial do reino ao catolicismo (...ad confirmandam fidem catholicam...).[28]
No ano 572 o rei Miro convocou un novo concilio en Braga, sendo bispo metropolitano bracarense Martín, no que se elevou a diocese lucense a sé metropolitana (sendo nomeado arcebispo o xa bispo Nitixio (569-589)), pasando a depender dela os bispos de Astorga, Iria Flavia, Ourense e Tui. Este Concilio achou que os termos das dioceses de cada cidade foran alterados da antiga autoridade.[29] Miro concedeu á igrexa de Santa María de Lugo (que logo sería Catedral) once condados: Chamoso, Sobrada, Navia, Sarria, Páramo, Pallares, Deza, Monterroso, Ulla, Narla e Montenegro.
O dominio visigodo
editar- Véxase tamén: Galicia na monarquía visigoda.
En 585, o rei visigodo Leovixildo derrotou a Andeca, finalmente o derradeiro rei suevo de Galicia, desterrando a Nitixio e nomeando no seu lugar ao bispo ariano Becila. Coa destrución do reino suevo Lugo perdeu a súa condición de sé metropolitana (ao desaparecer a división de Galicia en dúas provincias)[30] e comezou un período de decadencia que aumentou coa invasión musulmá do século VIII.
En Lugo cuñaron moeda con total seguridade os reis visigodos Recaredo I, Suintila, Chintila, Tulga, Chindasvinto, Éxica e Vitiza. Existen trientes que así o demostran. Dubídase de se o fixeron Sisebuto e Sisenando.
O último bispo coñecido anterior á invasión musulmá do 711 é Potencio, consagrado en 688, quen acudiu ao XVI Concilio de Toledo do ano 693, reinando Éxica.[31]
O dominio musulmán
editar- Véxase tamén: Invasión musulmá da Península Ibérica.
"Tiña en tanto Muça ben Sosair vehementes desexos de penetrar na comarca de Galicia, asento dos infieis, e facía preparativos para iso, cando veu Moguits Ar-Romí, [...] enviado do Califa, e lle rogou agardase ata cumprir o seu designio de ir alá, expedición á cal podía acompañalo, e tomar a súa parte nas ganancias e presas. Moguits consentiu, e con el foi ata chegar ás ásperas pasaxes do Norte; conquistou os castelos de Viseu e Lugo, e alí detívose, mandando exploradores, que chegaron ata a pena de Paio, sobre o mar Océano. Non quedou igrexa que non fose queimada, nin campá que non fose rota. [...] Cando Muça se atopaba no colmo da súa vitoria e cheo de esperanzas, veu un segundo enviado do Califa, chamado Abó Naçr, que [...] lle fixo, en efecto, volver dende Lugo, cidade de Galicia, regresando polo desfiladeiro chamado de Muza." —Ahmed ibn Mohammed al-Maqqari[32] (1629)
|
Musa, na primavera de 714, desoíndo as ordes do enviado do califa, chegou a Astorga para cumprir o seu desexo de conquistar o único reino ibérico que quedaba fóra do domino musulmán: Galicia. Logo de que os seus emisarios tomasen Covadonga derrotando a don Paio e instalasen en Xixón un gobernador musulmán, Musa toma Lugo, onde residía o dux provinciae da Galicia visigoda, tras un pacto rendición que evitou a destrución da cidade e estableceu unha base militar bautizando á cidade coma Lek, que significa "miradoiro". A Lugo chegou o segundo enviado do califa, Abo Nagr, con ordes tallantes de que o rebelde conquistador fose render contas a Oriente. Foi daquela, xunto con Tariq que regresara da campaña de Aragón, cando Musa abandonou Galicia e a Península Ibérica, á que xa non regresaría.
Trala retirada de Musa os bérberes ocupan Galicia, asentándose en Lugo a carón do río Miño a tribo dos Awraba (da que provén o topónimo Orbazai),[33] e é o emir al-Hurr (716-718) quen establece en Lugo por primeira vez autoridades árabes.
Pouco despois da chegada dos musulmáns a Lugo (740-741) prodúcese a rebelión antiárabe das gornicións bérberes que abandonan tódalas súas posicións ao norte da Serra de Gredos para enfrontarse en Guadacelete ao exército de árabes e sirios de Baly.
O Reino de Galicia
editarA retirada dos bérberes do limes permite ao monarca ástur Afonso I o Católico centrarse na dominación dos pobos galegos, Galleciae populi, que se resistían tanto ao dominio ástur coma ao musulmán.[30] Afonso I ocupa Lugo sen atopar resistencia e instaura arredor do 750 a Odoario coma bispo encomendándolle a repoboación da cidade. Odoario, quen faleceu arredor do ano 780, sería venerado coma santo durante algún tempo.[34]
Durante esta época, e ata mediados do século IX, Lugo foi a única cidade en toda Galicia e a única que merecería tal nome en tódolos dominios cristiáns[35]. Ao tempo a cidade vai sufrir unha reestruturación urbana nun espazo comprendido entre as actuais Porta Miñá e de Santiago. O testamento do prelado rexistra a repoboación dunha cidade en ruínas sobre a que se asentará un núcleo de poboación, un "locus eclesiasticus" (desenvolvido arredor da sé episcopal) que máis tarde recibirá o nome de Burgo Vello.[36]
O protagonismo histórico da cidade empezou a decaer coa fundación de Oviedo, o suposto descubrimento do sepulcro do apóstolo Santiago en Compostela e a restauración de Braga. Segundo algúns autores, nesta época o centro de Lugo quedou practicamente deserto.
Os bispos de Lugo, residentes aquí ao amparo da súa fortaleza, actuarían ata o século XI (data da conquista cristiá de Braga), coma metropolitanos ao incorporar á súa titulatura a de bispos bracarenses. Lugo foi, por tanto, sé metropolitana de facto mais non de iure.[37]
A comezos do século IX Teodomiro, bispo de Iria Flavia, afirmou que atopara a tumba do apóstolo Santiago nun lugar despoboado da actual Compostela. Un río de peregrinos comezou a achegarse dende tódolos puntos de Europa a este novo lugar sagrado. Este regueiro de xente chegaba a través do hoxe coñecido coma Camiño Primitivo que pasaba por Oviedo e por Lugo para evitar os dominios musulmáns máis ao sur. Lugo medrou considerablemente ao longo da Idade Media, a pesar das disputas entre os señores laicos e eclesiásticos, o poder real e os burgueses, e o pobo.
No 830 Afonso II de Oviedo nomea ao seu protexido Ramiro I gobernador de Galicia instalándose este en Lugo xunto coa súa familia. Á morte de Afonso II, no ano 842 Ramiro, que fora nomeado o seu sucesor, achábase fóra do reino co gallo de se casar, feito que aproveitou o comes palatii e cuñado de Afonso II, Nepociano, para facerse coroar rei co apoio de vascóns e asturianos. Ramiro volveu a Lugo, reuniu un grande exército galego na cidade e partiu cara a Oviedo derrotando ás tropas asturianas e vascoas de Nepociano que lle saíran ao encontro converténdose así no primeiro rei da dinastía galega. O seu fillo, Ordoño quedou en Lugo coma gobernador.
No ano 833 naceu na cidade o relixioso anacoreta Froilán, nomeado bispo de León e recoñecido como santo pola igrexa católica.
No ano 866, antes de chegar Afonso III a Oviedo para ser coroado, Froila Vermúdez, conde de Lugo, ocupa Oviedo co seu exército usurpando o trono. Ese mesmo ano varios nobres partidarios de Afonso III derrotan e executan a Froila.
No ano 874 Flacidio, conde de Lugo, rebélase contra Afonso III por mor das súas tendencias centralizadoras. Sublevación que remata coa morte do conde a mans dos xenerais do rei.
150 anos despois da repoboación levada a cabo por Odoario Lugo seguía a medio poboar.[38] O 7 de xuño de 910 os condes do territorio lugués comprométense con Ordoño II a restaurar as vellas casas da cidade, que se achaban en ruínas, e a establecerse alí coas súas mulleres antes do día de San Pedro.
A pesar disto Lugo seguiu a ser unha cidade demograficamente empobrecida, o que proba o feito de que o 1 de novembro de 968 os habitantes de Lugo, entre eles os infanzóns ou milites do bispo Hermenexildo II (nomeado en 950) que tiñan deste en beneficio as súas comitatus ou encomendas, prometen ao bispo acollerse en Lugo e construír alí novas casas antes do día de San Martiño. Ese mesmo ano duascentas naves viquingas ao mando de Gunderedo desembarcan en Galicia vencendo ao bispo de Iria Flavia Sisnando na batalla de Fornelos, vitoria trala cal se espallarían por toda Galicia. Hermenexildo, coas súas hostes, conseguiu defender a cidade do asalto viquingo mais non puido evitar que destruíran, xa para sempre, a antiga sé de Bretoña que logo pasaría a Mondoñedo.
Segundo a lenda (non se coñece ningún documento que o acredite), Almanzor sitiou Lugo en setembro de 997. Pasaba o tempo e a cidade non se rendía, e Almanzor coidou que a fame dobregaría antes ou despois aos defensores. Porén, os sitiados idearon a estratexia de tirar dende o alto da muralla uns bolos de pan e un año para facer crer a Almanzor que aínda lles quedaba comida abondo. Almanzor, caendo no engano, renunciou á toma da cidade e ordenou levantar o asedio.[39]
A principios do século XI a diocese de Lugo adquire unha grande importancia ao ver agregados ao seu territorio, ademais do da diocese de Braga, o territorio da de Ourense, devastada polos viquingos de Gunrod.[40]
En 1032 o conde Suero Gundemariz e outros aristócratas galegos erguéronse contra o rei Bermudo III fortificáronse nos altos, nos montes e outeiros.[41] Bermudo acudiu cun exército refuxiándose na cidade de Lugo, dende a que presentou combates; na comarca do arredor os montes estaban tomados polos rebeldes, que fortificaran rochas e penedos. Á fin Bermudo puido vencer aos sublevados obrigándoos a volver a vivir ás chairas. Sancho III O Maior aproveitou esta rebelión para enviar tropas vascoas a Lugo que non fixeron máis que devastar o país.[42]
En 1073, como consecuencia do encarceramento de García I, Lugo foi o centro dunha rebelión liderada polo conde Rodrigo Ovéquiz e os seus irmáns Pedro e Bermudo Ovéquiz contra o rei Afonso VI.[43] Tras ser derrotados, Rodrigo lidera de novo outra revolta en 1087 esta vez co apoio o bispo de Santiago, Diego Páez, ofrecéndolle o Reino de Galicia a Guillerme o Conquistador. A revolta foi sufocada e tivo como consecuencia o exilio de Rodrigo e a entrega dos seus bens á catedral de Lugo.[43]
Baixa Idade Media (ss. XII - XV)
editarPódese considerar a rebelión de Rodrigo Ovéquiz, a última das grandes revoltas da nobreza galega, a morte de García I e o outorgamento en 1088 de Afonso VI do señorío da cidade aos bispos de Lugo coma a entrada de Lugo na Baixa Idade Media. O dominio do poder eclesiástico é unha das características desta etapa histórica.
En 1120, o bispo Pedro reparte co Cabido á metade a xurisdición da cidade, na que se comprendía o Burgo Novo, numerosas parroquias e a terceira parte de tódolos portádegos da cidade.[44] Esta titularidade compartida daría lugar a numerosos enfrontamentos que non rematarían ata o século XVII coa cesión por parte do Cabido da súa xurisdición.[45] Nesas datas iníciase o proceso de urbanización da cidade coma núcleo urbano.[46]
En 1129 comeza a construción da nova Catedral xa que a anterior achábase moi deteriorada por mor do incendio sufrido no século XI e dos estragos ocasionados polo cerco de Afonso VI a Rodrigo Ovéquiz.
En 1157 estala unha revolta contra o bispo, liderada polos burgueses, que o obriga a fuxir da cidade e acada de Fernando II o recoñecemento da emancipación da cidade do poder señorial do bispo. Os burgueses, organizados en irmandades e confrarías, poñen a cidade baixo o mando do Concello que nomea aos maxistrados locais e usurpan os bens da Igrexa. Mais, en 1159, Fernando II retráctase do scriptum que asinara restablecendo o foro de Afonso VI o que provoca novos incidentes que non rematarían ata a chegada do rei á cidade o 20 de maio de 1161 para reafirmar a plena autoridade e xurisdición do bispo[47].
En 1172 os veciños de Lugo amotináronse contra o cóengo-xuíz. Este refuxiouse na Catedral onde foi morto xunto con outros nove cóengos. O bispo Xoán tivo que fuxir mentres os veciños constituíanse en concello e se repartían os cargos civís. Logo da vaga de violencia o bispo retornou pero foi apedrado o día de Pentecostés.[48]
Lugo durante as guerras contra Castela
editarO feito de que no ano 1230 o rei castelán Fernando III se apoderase dos reinos de Galicia e León tras a morte do seu rei, Afonso VIII, marcou un dos acontecementos políticos máis decisivos en toda a historia galega. Galicia perdía dende ese momento unha casa real propia que garantira a súa soberanía e unira a súa nobreza e convertíase nun reino periférico, gobernado dende e por Castela e cuxas cidades foron perdendo poder en detrimento das cidades castelás.
En 1232, aproveitando a visita do rei a Lugo, o Concello amosoulle os seus privilexios negándolle o señorío ao bispo mais Fernando III mandounos prender e entregar ao bispo declarando subrepticia a carta de seu pai sobre as herdades do termo.[49]
En 1288 inaugúrase o cemiterio e capela das Ánimas, no interior do recinto amurallado preto da Porta Falsa.[50]
En 1304, o infante Filipe coa axuda de Fernán Rodríguez de Biedma, derrotou en Monforte de Lemos a Fernando Rodríguez de Castro, que faleceu no combate, e Fernando IV outorgoulle ao infante Filipe todos os seus títulos e posesións pasando a ser señor de Lemos e Sarria, señor de Cabreira e Ribeira, adiantado maior de Galicia, pertegueiro maior de Santiago e encomendeiro da Igrexa de Lugo.
En 1312 os habitantes de Lugo subleváronse contra o bispo, Xoán Hernández (relixioso dominico e confesor de Fernando IV, que estivo no cargo dende 1307 ata o seu pasamento en 1318), xa que este intentara recobrar o señorío da cidade. Por iso, os habitantes atacaron o pazo episcopal, capturaron á súa gornición e feriron ao bispo, quen se negou a entregarlles a bandeira e as chaves da cidade e foi expulsado da cidade. O preito foi levado ante Fernando IV, quen o 23 de xuño de 1312 sentenciou en favor do bispo e en contra do concello de Lugo. Ademais, o rei ordenou ao infante Filipe, que seguía a ser pertegueiro maior de Santiago e encomendeiro da cidade de Lugo, e a Afonso Suárez de Deza, adiantado maior de Galicia, que fixeran cumprir o veredicto que emitira aos habitantes de Lugo.
Antes de que pasaran tres meses da sentenza morreu Fernando IV e a monarquía viuse envolta nas turbulencias que provocou a minoría de idade de Afonso XI. O Concello retomou o preito e, o infante Filipe, lonxe de cumprir a sentenza que ditara Fernando IV, tomou o señorío da cidade ofrecido polo Concello chegando a construír unha fortaleza con dúas torres para a defender a cidade dos ataques do bispo e deixou que o concello continuase a gobernar a cidade. O bispo buscou a alianza de don Alonso, fillo do infante Xoán e, para atraelo á súa causa, entregoulle en 1315 a encomenda das terras do Couto de Lugo e de Pallares. Nin a confirmación feita polos infantes titores do monarca e os nobres e letrados reunidos nas Cortes de Burgos en 1315, nin a carta que a raíña María de Molina dirixiu un ano despois ao infante instándolle a cumprir e facer cumprir a sentenza anterior, nin o breve expedido por Xoán XII a instancias do bispo Rodrigo Ibáñez (que exerceu dende 1319 ata 1327 que foi nomeado bispo de Tui), foron de abondo para restituír ao bispo no señorío da cidade ata que cesou o turbulento estado do reino coa maioría de idade de Afonso XI e o infante Filipe entregou o 12 de marzo de 1327 por escritura pública a fortaleza ao bispo Xoán Martínez.
En 1327, Xoán Martínez, que exerceu de bispo entre 1326 e 1349, outorga o cargo de encomendeiro da cidade a Pedro Fernández de Castro.
En 1340, Afonso XI, confírmalle ao bispo o privilexio de señorío sobre a cidade de Lugo, mandándolle aos veciños que lle retornaran as chaves e o señorío da vila que tiñan tomado durante o tempo que o bispo permanecera en Portugal.
En 1349, Clemente VI, nomea bispo ao prior do convento dos Dominicos de Lugo e confesor de Pedro I, Pedro López de Aguiar, oriúndo da Casa e Torre de Aguiar en Taboi.
"Outorgo e conosco que dou a Iglesia de Lugo en doazon para sempre valedeyra por jur de herdade e en corregemento e enmenda de moytos maes e dannos e queyxumes de paes e de casas e roubos de gaados e de outras cousas mobles e mortes de homes que eu fize e cometi por miña autoridade en o seu couto de Lugo contra a dita Iglesia e os vasallos dela sen sua culpa e sen culpa de Obispo e do Cabidoo do dita Iglesia non no merescendo elles nen algun delles non me faciendo erro alguno porque o debese facer." —Escritura de doazón de Vasco Pérez a Pedro López de Aguiar[51]
|
En 1351, Pedro López de Aguiar, comprobando que na vila non se nomearan alcaldes para gobernar e facer xustiza, designa a Diego Álvarez e a Lopo Alfonso para os oficios e alcaldías que estaban vacantes, recibindo a homenaxe dos veciños da cidade. En 1363, funda o convento de Dominicas de Santa María a Nova (extinguido no século XIX) sobre unhas casas e leiras que posuía o convento dos Dominicos no Burgo Novo.
Trala morte do arcebispo Suero Gómez de Toledo en 1366, Fernando de Castro recibiu todas as fortalezas da mitra compostelá, tamén en Santiago recibirá o título de Conde de Lemos e os de Adiantado de Galicia e León. Con Pedro I na Baiona francesa, o conde de Lemos converteuse na cabeza da loita petrista e no rexente do trono, rexencia que indica a suma confianza do rei na lealdade do galego. Deseguido comezou a acosar os partidarios de don Henrique de Trastámara en Galicia. As rúas enseguida recibiron axuda do propio conde á cabeza dun exército. Leste tomou gran parte de Galicia obrigando a Fernando de Castro e aos seus a refuxiarse tralas murallas de Lugo. O duelo entre Castro-Andrade (Fernán Pérez de Andrade, importante partidario galego do de Trastámara) non se fixo esperar, e durante dous meses o Conde de Lemos freou os ataques inimigos e defendeu a cidade. Unha vez máis e contemplando a imposibilidade de triunfar naquela lid, Henrique optou por botar man da diplomacia e convencer a Fernando da conveniencia de unirse á súa bandeira. Fernando de Castro negouse.
En 1386 María Castaña, dona de Martín Cego, encabeza unha revolta contra a Igrexa polos abusivos tributos que Pedro López de Aguiar cobraba a través do seu mordomo e recadador Francisco Fernández chegando a matar a este último. Sufocada a revolta, María Castaña e os seus cuñados ou fillos Gonzalo e Afonso son apreixados e obrigados a doar á Catedral as súas posesións no couto de Cereixa e ao pago de mil marabedís.[52]
En 1390, Pedro López de Aguiar, renuncia ao bispado por mor da súa avanzada idade e é sucedido por Lope de Salcedo, que sería bispo de Lugo ata o seu asasinato en 1403. Este bispo estivo en conflito constante cos seus vasalos, tanto cos labregos das parroquias do couto de Lugo que, polo menos entre 1390 e 1401, queixándose dos agravios recibidos, lle negaron o pago de tributos e o cumprimento das debidas prestacións en traballo[53] coma cos cidadáns que rematarían por matalo colectivamente, do que dá testemuño unha sentenza de morte e expropiación dos bens dun nutrido grupo de cidadáns, todos eles en rebeldía, autores do asasinato ou cómplices da conspiración que dá a entender a sentenza.[51]
As Guerras Irmandiñas e o final do reino de Galicia
editarEn 1457 a cidade rebélase contra o bispo García Martínez de Baamonde.
Ante a inminente instauración da Irmandade en Galicia, os principais nobres galegos aparcaron momentaneamente as súas diferenzas ancestrais e acudiron ao gobernador de Galicia, o conde de Ribadeo, para advertirlle do perigo e transmitirlle unha proposta que debería presentar de inmediato na corte: eles garantirían a orde pública do reino se os reis renunciaban a instaurar a Irmandade en Galicia e, de paso, proporcionarían unha elevada suma de cartos para que os monarcas non tivesen sequera que molestarse en impoñer recadadores. Mentres se resolvía na Corte esta proposta, os cabaleiros reuníronse en Lugo durante o mes de outubro de 1477 para redactar un acordo no que plasmaban todos estes principios.
Idade Moderna
editar- Véxase tamén: Idade Moderna de Galicia.
A Idade Moderna comezou en Lugo, e no resto de Galicia, a finais do século XV[54] coa súa inclusión definitiva dentro do proceso de construción do estado absolutista español.
En 1528 Lugo é nomeada capital do Reino de Galicia por Carlos I, pero iniciou unha etapa de longo declive que se prolongou ao longo dos séculos XVI e XVII, á vez que Santiago de Compostela cobraba maior importancia.
De 1568 a 1570, Lugo padeceu unha serie de epidemias que deu lugar ao illamento da poboación, ata darse o caso de ter clausurado casas e rúas.
O 13 de xuño de 1599 creouse o seminario diocesano, que non comezou as súas actividades ata 1624, por problemas económicos. En orixe, cada arciprestado tiña dereito a certo número de prazas no seminario, determinado de acordo coa contribución económica do arciprestado.
"Item para que zesen inconbenientes que suele haver entre nuestro merino y alcalde mayor y los alcaldes ordinarios desta nuestra ciudad en rracon de prevencion de los negocios en primera ynstancia y de la ynibicion en grado de apelacion y para que se evitten las muchas costas y gastos que cerca de lo uno y de lo otro se causan a nuestros vasallos queremos y mandamos que el juez que primero comencare a escrivir y acer auttos en el negocio le prevenga y conosca del en primera ynstancia sin que otro pueda yntrometerse en su conocimiento y estto siquiera aya sido por auto de oficio dilacion... y concurriendo en un mismo tiempo a conocer de un delito el merino y los alcaldes ordinarios quealquiera dellos sea preferido el merino por mayoria de oficio" —Ordenanza do bispo Diego de Vela, 1629[55]
|
Cara a 1600 Lugo tiña arredor de 2.000 habitantes, probablemente menos da metade de poboación ca no Baixo Imperio.
No século XVIII comezou un novo ascenso económico e cultural de Lugo, que ten o seu fito simbólico na concesión de privilexio real por parte de Fernando VI para as feiras de San Froilán no ano 1754. Estas feiras tiñan unha extraordinaria importancia económica, abastecían de gando cabalar e mular á agricultura de León e Castela, e converteron a cidade na gran capital agraria de Galicia[56].
O bispo Izquierdo, que exerceu entre 1748 e 1762, foi o prelado que promoveu as melloras no abastecemento de auga, inauguradas en 1754, que incluíron a reconstrución do antigo acueduto romano) inauguradas no 1754 e a construción de fontes na cidade (coma a de San Vicente na Praza do Campo).[36] Ordenou tamén a construción, na Praza de Campo Castelo, dun edificio destinado a servir coma cárcere sobre o antigo castelo medieval e, ademais de afrontar a reforma de varios edificios relixiosos, converteu a poterna do Pexigo nunha vía de entrada e saída da cidade plenamente pública, facilitando a comunicación co camiño de Santiago.
En 1773, baixo o mandato de Carlos III, Lugo queda comunicado por estrada con Madrid e A Coruña por medio do Camiño Real.
A inicios do século XVIII, o Concello, angustiado pola falta de recursos económicos, decidiu aforar os ocos existentes entre os cubos da Muralla por unha renda anual de catro reais cada un, coa finalidade de que os particulares construísen edificios ou fixesen hortas, algo que xa se fixera no século XVI. En 1787 había 52 edificacións, prohibindo o capitán xeneral a construción doutras novas.
Idade Contemporánea
editar- Véxase tamén: Galicia na Idade Contemporánea.
No século XIX iniciouse un proceso de recuperación económica e demográfica, impulsado pola gandería. Desenvolvéndose asemade unha importante actividade industrial paralela a este sector, coma matadoiros e conserveiras da carne.
Trala súa proclamación coma capital provincial en 1833, Lugo foise dotando dunha serie de institucións e servizos que a foron modernizando e convertendo nun puxante centro urbano: o Balneario (1839), o Instituto de Ensino Secundario (1842), o Teatro Municipal (1845), o Círculo das Artes (1855), a chegada do telégrafo (1860), o Hospital Provincial (1874), o ferrocarril (1875) etc.[4]
Lugo durante a Guerra Peninsular (1807-1814)
editar- Véxase tamén: Guerra Peninsular.
Nos últimos días de agosto e primeiros de setembro de 1808 reuníronse na Sala Capitular da Catedral as xuntas de defensa de Galicia, León e Castela con diplomáticos británicos para marcar a estratexia que se seguiría na guerra. Asistiu o bispo de Ourense, Pedro de Quevedo Quijano, voceiro da Xunta Suprema, e presidente do Consello de Rexencia, e Sir Charles Stuart, representante británico ante a Xunta Central, acompañado de Sir Charles Richard Vaughan. Esta reunión foi un dos feitos que precederon á proclamación da constitución liberal de 1812.
Pouco despois empezaron a pasar pola cidade as tropas inglesas, 20.000 homes ao mando de John Moore, despois uns 14.000 ao mando do tenente xeneral David Baird para incorporarse ao cuartel xeral establecido en Salamanca.
A vitoria do mariscal Soult na batalla de Elviña sobre as tropas británicas de Moore, deixou campo libre para a ocupación da Galicia. En dúas semanas rendéronse as cidades máis importantes do país. O mariscal Ney, que acompañaba a Soult, recibe ordes de controlar o norte do país e Asturias, para o que centra o seu campamento en Lugo.
O 9 de xaneiro de 1809, tras librar unha batalla en Conturiz contra o exército de Moore, o exército francés entra en Lugo.
Os edificios contiguos á Muralla foron queimados polos franceses para evitar a fácil escalada da mesma, autorizándose a súa reconstrución en 1819.
En 1809 o xeneral Nicolás Mahy partiu dende o Navia coa súa división, unha das do exército de Galicia, mandada polo marqués de La Romana, composta de 6.000 infantes e 200 xinetes. O 17 de maio a vangarda, capitaneada por Gabriel de Mendizábal atópase en Feira de Castro, a dúas leguas de Lugo, cunha columna inimiga de 1.500 homes, que se viu obrigada a refuxiarse na cidade. Ao día seguinte o gobernador francés saíu coa maior parte das súas forzas e as dispuxo nunha liña, apoiando a súa esquerda na muralla e a dereita nun pinar inmediato. As tropas de Mahy, divididas en dúas columnas, guiadas polos xenerais Mendizábal e Taboada, xunto cos 200 xinetes que mandaba Juan Caro atacaron; quedando unha pequena reserva ás ordes do brigadier Losada, de cuxa forza formaba parte un grupo simulado de cabalería, constituído por certo número de infantes montados nas acémilas. Durante a batalla, ao dar os franceses unha carga de cabalaría divisaron aos improvisados xinetes da reserva, e se retiraron desconcertado á infantaría e correndo todos precipitadamente a guarecerse na cidade, perseguidos polas tropas españolas con tal ardor, que varios cataláns de tropas lixeiras metéronse dentro ao mesmo tempo que eles, tendo logo que descolgarse polas casas pegadas á muralla coa axuda dos veciños. Os franceses tiveron perdas de consideración, contándose entre as dos españois as de varios oficiais distinguidos, coma o tenente coronel de León José García Olloqui e o comandante de enxeñeiros Pedro González Dávila. A pesar da desfeita, o xeneral François M. Fournier rexeitou a intimación de Mahy, polo que este formalizou o cerco da praza; mais a aproximación do exército do mariscal Soult, que se retiraba de Portugal, obrigou aos españois a repregarse a Mondoñedo o 22 de maio, desistindo da empresa.
O 29 de maio, Soult chega a Lugo e atópase con Ney. Discutiron (profesábanse unha profunda inimizade) e chegaron a loitar corpo a corpo coas espadas desenvaiñadas, provocando a mesma reacción en cadansúas tropas. Cando viron o que comezaran detiveron a súa pelexa e pacificaron aos seus homes.
Os franceses, o 25 de xullo dese ano, ao abandonar a cidade voaron o arco central da Ponte Romana, destruíndo a capela e a porta que había nese lugar. A porta tiña unha dobre función: de portádego e de control da circulación de persoas, por exemplo, cando había peste.[57]
Reinado de Fernando VII (1814-1833)
editarReinado de Isabel II (1833-1868)
editarO desenvolvemento de Lugo coma cidade moderna prodúcese ao abeiro da chegada do sistema liberal que comportou dúas cuestións cruciais: converter a Lugo en capital de provincia, posibilitando o desenvolvemento político administrativo e por tanto demográfico, e a desamortización dos bens do clero, que puxo no mercado o patrimonio inmobiliario da Igrexa, dispoñible para asumir o crecemento da cidade.[58]
En 1837 a Praza Maior é reformada polo arquitecto Alejo Andrade e, co gallo das guerras carlistas derrúbanse varios edificios que interrompían a comunicación no adarve da muralla e que se viñan empregando dende a Idade Media coma fortaleza. No seu lugar érguese un baluarte defensivo triangular coñecido coma Reduto María Cristina pola raíña rexente María Cristina.
En 1835 e 1840 tiveron lugar as desamortizacións de Mendizábal e de Espartero, o acontecemento histórico que máis afectará á estrutura das cidades españolas neste século. O Estado asumiu unha serie de edificios e terreos que converteron en obxecto de mercado ou empregaron para fins públicos. A maioría das cidades españolas aproveitaron esta oportunidade para, ao tempo que incrementaban notablemente a súa poboación, destruír ou transformar os seus esquemas medievais.[36]
En abril de 1846 Lugo foi escenario do alzamento do coronel Miguel Solís para derrocar o réxime de Narváez, coñecido coma a Revolución Galega de 1846. A cidade foi asediada polas tropas do xeneral Concha por espazo de quince días. Con este motivo a xunta revolucionaria derrubou parte das edificacións próximas á Muralla e causou diversos danos na mesma. O 26 de abril os rebeldes son axustizados en Carral e ao día seguinte réndense os sublevados de Lugo poñendo fin á sublevación.
O sexenio democrático (1868-1874)
editarA restauración borbónica (1875-1931)
editarO día de San Froilán de 1875 chega a Lugo o primeiro tren. Isto reforza aínda máis o xa puxante sector gandeiro da cidade converténdoa no principal centro de comercio do gando vacún na península.
En 1881 o Concello autoriza o derribo de tres cubos da muralla para ampliar o Paseo dos Cóengos.
En 1883 Lugo é proclamada capital provincial.
En 1908 fundouse o que aínda hoxe é o único xornal elaborado na cidade: El Progreso, que no seu momento tivo que competir con outros coma La Voz de la Verdad. No ano 1905 accede á alcaldía Ánxel López Pérez, quen dirixiu á cidade durante sete mandatos (até 1930), facendo grandes reformas na cidade, aínda que non exento de polémica. Foi tal o número de obras que realizou que, nunha das súas visitas á cidade, Afonso XIII chamouno "o merlo branco dos alcaldes de España".
En 1918, entre o 17 e 18 de novembro, celébrase a histórica I Asemblea Nacionalista, organizada polas Irmandades da Fala, na que o galeguismo político deixa atrás o rexionalismo avanzando cara ao nacionalismo.
A Segunda República (1931-1936)
editarAs eleccións municipais de abril de 1931 deron un abafador triunfo aos candidatos monárquicos, converténdose nunha das poucas excepcións á vitoria republicana no resto do estado. A República sería proclamada dende o balcón da casa consistorial por Rafael de Vega, quen sería fusilado en 1936 polos militares sublevados.
O 6 de outubro de 1931 nace en Lugo o xornal Vanguardia Gallega, editado polos irmáns Correa Calderón e próximo ao Partido Galeguista. Cesaría en 1933.
En 1932 a Deputación decide reunir e protexer os bens do patrimonio cultural lucense, esparexidos pola provincia en coleccións privadas, e inaugura en 1934 o Museo Provincial no Pazo de San Marcos. En 1957 o museo trasladaríase á súa situación actual, o antigo Convento de San Francisco.
Guerra Civil e Ditadura (1936-1975)
editarA experiencia republicana rematou en Galicia coa Sublevación do 18 de xullo de 1936 que deu lugar á Guerra Civil e que tivo un claro triunfo en Lugo.
O 18 de xullo, coñecido o levantamento de África, acuartélanse as tropas mais non saen á rúa. Á noite seguinte fan explosión diversos artefactos colocados, un no Pazo Episcopal, outro na Catedral e outros preto do Seminario.
O día 20 o comandante militar da praza Alberto Caso Agüero declarou o estado de guerra mentres obreiros de Monforte e Sarria chegaban ao Goberno Civil para recibir as armas que o gobernador civil, Ramón García Núñez, ordenara á Garda Civil entregar, orde que non se cumpriu. Os obreiros foron aloxados no Hospital de Santa María, de onde foron conminados a saír polos militares que incumpriron a promesa de non atacalos, sendo tiroteados. Durante o día 23 e a madrugada do 24 houbo tiroteos na capital. Os opositores foron batidos pola forza pública e artilleiros de Ferrol.
En 1936 durante a Guerra Civil foron asasinados un gran número de republicanos da cidade, sendo lembrados estes feitos nos poemas de Luís Pimentel.
Outro feito de capital importancia foi a creación en 1951 de Frigsa por Antonio Fernández López, fillo de Antón de Marcos, un dos meirandes matadoiros industriais do estado, e que marcou a vida da cidade na segunda metade do século XX.
No 1972 o Concello e a Dirección Xeral de Belas Artes promoven a demolición dos 130 edificios e 1.429 pendellos que estaban contiguos á muralla polo exterior e impedían a observación do monumento. A obra significou quizais a meirande remodelación do aspecto da cidade dende tempo dos romanos.
En 1974 inaugúrase o estadio Anxo Carro para servir de estadio local ao Club Deportivo Lugo, equipo de fútbol fundado en 1953.
Transición e monarquía parlamentaria
editarEn 1987 creouse a Facultade de Veterinaria, e con ela o campus de Lugo vinculado á Universidade de Santiago de Compostela).
En 1995 o rei Xoán Carlos I nomeou á súa filla Elena de Borbón duquesa de Lugo, co gallo da súa voda con Jaime de Marichalar. O seu primeiro fillo, Felipe, recibiu tamén o nome de Froilán en recordo do santo lugués.
O último gran fito da historia da cidade sucedeu no ano 2000, cando a muralla foi declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. Ese mesmo ano, para festexar a declaración, celebrouse a primeira edición do Arde Lucus, festa declarada en 2011 de Interese Turísitico Galego, e á que anualmente acoden dende aquela máis de medio millón de visitantes.
En 2009 a xuíza Pilar de Lara ordena a detención de máis de vinte persoas destapando unha rede de prostitución e corrupción que deu orixe á Operación Carioca, a operación máis grande contra a prostitución na historia de Galicia que levou a máis de 80 imputados a xuízo, 23 dos cales eran axentes da Policía Nacional e da Garda Civil.[59] Das investigacións levadas a cabo nesta operación xurdiría a Operación Pokémon, á súa vez a maior operación levada a cabo contra a corrupción en Galicia, e na que serían imputadas máis de cen persoas entre funcionarios, empresarios e políticos e que levou ao cárcere a Francisco Fernández Liñares polos delitos de prevaricación e suborno cometidos coma concelleiro, sendo alcalde da cidade Xosé López Orozco.
Notas
editar- ↑ O profesor da Área de Historia Antiga da USC Manuel Villanueva Acuña considera complicada que a fundación de Lugo fose obra de Paulo Fabio Máximo, pois para esas datas hai evidencia epigráfica da súa estancia nos territorios do Oriente romano, polo que entende “que se debe abandonar toda tentativa de vencellar a Paulo Fabio Máximo cunha suposta presenza no noroeste e en Lugo antes de súa etapa de gobernador nos anos 3-2 a. C." Villanueva Acuña, Manuel (2017). "La fundación de Lucus Augusti: nuevas perspectivas". REVISTA DE HISTORIOGRAFÍA (RevHisto) (25): 273–286.
- ↑ Joaquín Caridad Arias El Castro del Dios Lugo Arquivado 10 de febreiro de 2015 en Wayback Machine.
- ↑ Sánchez Mairena, Alfonso (2010). "El "Tumbo Viejo" de la Catedral de Lugo". Cartularios medievales.
- ↑ 4,0 4,1 "Las ciudades y el sistema urbano. Reflexiones en tiempo de crisis" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 11 de febreiro de 2015. Consultado o 11 de febreiro de 2015.
- ↑ Lugo, El Progreso de (2017-04-21). "Nuevos indicios de viviendas castrexas bajo la ciudad romana". El Progreso de Lugo (en castelán). Consultado o 2023-11-25.
- ↑ Historia de Lugo. Felipe Arias Vilas e VV.AA. El Progreso de Lugo S.L.
- ↑ 7,0 7,1 "Un castro revoluciona a historia de Lugo". Arquivado dende o orixinal o 20 de outubro de 2013. Consultado o 18 de outubro de 2010.
- ↑ A. Rordíguez Colmenero Qd., Lucus Augusti, 1: El amanecer de una ciudad (Catalogación arqueológica y artística de Galicia del Museo de Pontevedra. Fundación Barrié de la Maza), A Coruña, 1996.
- ↑ Galicia pueblo a pueblo. Andrés Procedo Ledo. Xunta de Galicia.
- ↑ 10,0 10,1 Bartolomé Abraira, Roberto (2008). "Primeiras valoracións da intervención realizada na Agra dos Castros, Marcelle (Lugo)" (PDF). Croa (18): 28–33. ISSN 1575-0639.
- ↑ As moedas carecen de indicación de ceca polo que houbo autores como Borrell ou Mersan que atribuíron as cuñaxes a outras cecas da Península Ibérica, con todo esa é hoxe unha opinión minoritaria.
- ↑ Arias Vilas. "Lucus Augusti". Gran Enciclopedia Gallega. vol. 19. pp. 219–221.
- ↑ Mª Dolores Dopico Caínzos (2013). Universidade do Porto, ed. "Nuevas formas de administración, nuevas formas de control: La fundación de Lucus Augusti y su Convetus" (PDF). Portugália (en castelán) 34: 83–100.
- ↑ "Lucus augusti. Monólito.". Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2011. Consultado o 06 de xuño de 2011.
- ↑ 15,0 15,1 Felipe Arias (1983-1984). Universidade do Porto, ed. "A cidade de Lucus Augusti" (PDF). Portugália. 04-05: 209–214.
- ↑ H. Vázquez Dovale Lucus Augusti. La Ciudad Sagrada de Augusto
- ↑ Pablo Ozcáriz Gil, Algunas consideraciones acerca de la provincia Hispania Superior y su administración, Pyrenae, núm.38, vol.2 (2007), ISSN: 0079-8215
- ↑ Cartafol do Museo Provincial de Lugo
- ↑ Bartolomé Abraira, Roberto (2012). "O "cardo minor" da Rúa da Cruz, Lugo. Avance de resultados a raíz do control arqueolóxico das obras de pavimentación e servizos." (PDF). Croa (22): 34–59. ISSN 1575-0639.
- ↑ Rodríguez Lestegás, Francisco (1992). "Modo de producción e desenvolvemento urbano en Lugo" (PDF). Boletín do Museo Provincial de Lugo V: 91–103. ISSN 0212-8438.
- ↑ Concello de Lugo Ruta Romana Arquivado 10 de febreiro de 2015 en Wayback Machine.
- ↑ Ángel Arnáiz Doce puertas en la muralla romana de Lucus Augusti
- ↑ Novo Guisán, J. Miguel (1993/1994). "Lugo en los tiempos oscuros. Las menciones literarias de la ciudad entre los siglos V y X (I)" (PDF). Boletín do Museo Provincial de Lugo VI: 143–152. ISSN 0212-8438.
- ↑ Ana Mª Suárez Piñeiro O desenvolvemento territorial dunha cidade con 2.000 anos de historia: Lucus Augusti, Dialnet.
- ↑ Fernández de la Vega, Celestino. "Lugo II. Ciudad", Gran Enciclopedia Gallega, vol. 19. p. 234.
- ↑ Tranoy, Alain (1983). La Galice romaine. Recherches sur le nord-ouest de la péninsule Ibérique dans l'Antiquité. p. 446.
- ↑ Hidacio (c. 465-474). Continuatio Chronicorum Hyeronymianorum. p. 199. Arquivado dende o orixinal o 19 de decembro de 2011. Consultado o 21 de xaneiro de 2014.
Per Sueuos, Luco habitantes, in diebus Paschae, Romani aliquanti cum rectore suo honesto natu, repentino, securi de reuerentia dierum, occiduntur incursu.
- ↑ Thompson, E. A. (1980). The conversion of the Spanish Suevi to Catholicism. Visigothic Spain: New Approaches (Oxford).
- ↑ de la Huerta y Vega, Francisco Xavier (1733). Anales del reyno de Galicia.
- ↑ 30,0 30,1 Isla Frez, Amancio (1992). CSIC, ed. La sociedad gallega en la Alta Edad Media.
- ↑ Vives, J. (1963). Concilios visigóticos e hispano-romanos. CSIC (Madrid-Barcelona). p. 519.
- ↑ Ahmed ibn Mohammed al-Maqqari (1629). Nafh al-tib min gusn al-Alandalus al ratib. pp. 192–193.
- ↑ Mínguez Fernández, José María; Ser Quijano, Gregorio del, eds. (2006). La Península en la Edad Media: treinta años después. Universidad de Salamanca. p. 340. ISBN 84-7800-411-4.
- ↑ "Diocese de Lugo, 101 obispos de Lugo". Arquivado dende o orixinal o 21 de agosto de 2016. Consultado o 12 de marzo de 2013.
- ↑ García Álvarez, Manuel R. (1975). Galicia y los gallegos en la Alta Edad Media. Demografía. I. Pico Sacro (A Coruña). p. 316. ISBN 9788485170067.
- ↑ 36,0 36,1 36,2 Prado Gómez, Antonio; Reboredo Pazos, Julio (2001): "El desarrollo urbano de Lugo en el siglo XIX" en Croa Arquivado 23 de xullo de 2011 en Wayback Machine. 11, 45-62
- ↑ Vázquez de Parga, L., "Los obispos de Lugo-Braga en los siglos VIII y IX", Estudios dedicados a Menéndez Pidal, VII, I, Madrid, 1957
- ↑ García Álvarez, M. R., Galicia y los gallegos en la Alta Edad Media. Demografía I. Pico Sacro, A Coruña, 1975
- ↑ "A defensa de Lugo contra Almanzor. Mitos, lendas e contos galegos". galiciaencantada.com. Consultado o 2021-01-28.
- ↑ Villa-Amil y Castro, José (2002). Crónica de la provincia de Lugo. Editorial Maxtor.
- ↑ Manuel Gago Mariño, Na procura dos Lordomani (III): viquingos e aristócratas.
- ↑ González López, Emilio (1978). Grandeza e decadencia do reino de Galicia. Editorial Galaxia. p. 437. ISBN 8471543036.
- ↑ 43,0 43,1 https://books.google.es/books?id=ryBHZbHcrjMC&pg=PA118&lpg=PA118&dq=Rodrigo+Ov%C3%A9quiz&source=bl&ots=iT57BHRGNM&sig=F0DK1aK0moeVNUa9VjYTKK9YZco&hl=es&sa=X&ved=0ahUKEwjkxqO16pXKAhVEXhQKHW7mDSAQ6AEIOzAJ#v=onepage&q=Rodrigo%20Ov%C3%A9quiz&f=false
- ↑ López Peláez (1897).
- ↑ López Díaz, María (1993/1994). "El señorío temporal de los obispos de Lugo en la Edad Moderna: Los conflictos e interferencias entre el poder señorial y las élites municipales" (PDF). Boletín do Museo Provincial de Lugo VI: 125–135. ISSN 0212-8438.
- ↑ Giménez Gómez, S., Proceso de urbanización e conformación dos poderes nas terras de Lugo (s. XII-XV).
- ↑ Martínez Martínez, Faustino (1999/2000). "El derecho de la ciudad de Lugo en la Alta Edad Media" (PDF). Boletín do Museo Provincial de Lugo IX: 187–217. ISSN 0212-8438.
- ↑ Armesto, Victoria (1971). Galicia feudal. Editorial Galaxia. p. 283..
- ↑ Risco, Vicente (1952). Editorial Galaxia, ed. Historia de Galicia. p. 265.
- ↑ Castro S. Freire, Salvador. Lugo y sus hombres. Ensayo de síntesis histórica. Imprenta Celta.
- ↑ 51,0 51,1 (Risco & Flórez 1798, pp. 118-119)
- ↑ (Risco & Flórez 1798, pp. 126-127)
- ↑ López Peláez (1897). pp. 155-183.
- ↑ Non obstante, Pegerto Saavedra sinala un período de tránsito entre a Idade Media e a Idade Moderna en Galicia que abranguería entre 1470 e 1530. Pegerto Saavedra, Da Idade Media á Idade Moderna: As bases do Antigo Réxime Galego en III Xornadas de Historia de Galicia, Ourense, 1986.
- ↑ AHPL, Serie Concello, Leg. 207-1, fols. 358-359
- ↑ lugoturismo.com (2010). "Historia de Lugo". Arquivado dende o orixinal o 19 de outubro de 2013. Consultado o 21 de xaneiro de 2014.
- ↑ Carmen Uz, Napoleón hizo estragos en el puente. El Progreso, 09/10/2012.
- ↑ Sánchez Milão, Carmen; Reboredo Pazos, Julio (2010). "Espacios urbanos de Lugo: la Plaza de Santa María" (PDF). Croa (20): 86–115. ISSN 1575-0639. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 27 de xuño de 2012. Consultado o 21 de xaneiro de 2014.
- ↑ Faro de Vigo, 11/03/2014
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarBibliografía
editar- López Peláez, Antolín (1897). El señorío temporal de los obispos de Lugo. A Coruña: Eugenio Carré. 2 tomos.
- Risco, Manuel; Flórez, Enrique (1796). Antigüedades de la ciudad y Santa Iglesia de Lugo. en España Sagrada. Tomo XL. Madrid: Na Oficina de la Viuda e Hijo de Marín. 434 páxinas.
- Risco, Manuel; Flórez, Enrique (1798). De la Santa Iglesia de Lugo: continuación de su Historia desde el siglo XII hasta finales del XVIII. España Sagrada XLI. Madrid.
- Villaamil Castro, José (1866). Crónica de la provincia de Lugo. Madrid: Aquiles Ronchi. 80 páxinas.