Deuses celtas
Este artigo fai unha breve descrición dos deuses e deusas da mitoloxía celta:
Descrición
editarBalar: Balar, Balor ou Bolar foi un deus irlandés que pertencía á raza dos xigantes Fomoré. Posuía un ollo na fronte e outro na parte posterior da testa, que era maligno e que habitualmente mantiña pechado. Cando o abría, a súa mirada era mortal para aquel en quen a fixase. Coñécese principalmente porque asasinou ó rei dos Tuatha Dé Danann, Nuada, e foi por mor disto que o seu neto Lug lle deu morte.
Morrigu: Mórrígan ou Morrigu, cuxo nome significa literalmente "A raíña das pantasmas", era unha deusa tripartita da guerra dos celtas irlandeses antigos que incitaba ós guerreiros a combater.
Colectivamente era coñecida coma Morrigu[1], pero as súas personalidades tamén eran chamadas: 1) Nemhain (pánico), de aspecto espantoso que adoptaba só cando se presentaba ante os que ían morrer; 2) Macha (batalla), que aparece baixo a forma dunha femia de corvo e 3) Badh, nome que deriva do protocelta bodbh, "cornexa", forma coa que incitaba ós guerreiros ó combate. Ela é comunmente coñecida por estar involucrada na Táin Bó Cúailnge, onde é ó mesmo tempo unha axudadora e un obstáculo para o heroe Cúchulainn. A miúdo é representada coma un corvo ou cornexa, aínda que podería adoptar moitas formas diferentes (vaca, lobo ou anguía).
Lugh: A difusión estendida do deus Lugh (aparentemente relacionado coa figura mitolóxica Lúgh en irlandés) na relixión celta susténtase polo gran número de lugares nos que aparece o seu nome, aparecendo polo mundo celta de Irlanda e a Galia. As máis coñecidas destas son as cidades de Lugdunum (a cidade francesa moderna de Lión), Lugdunum Batavorum (a cidade moderna de Leiden) e Lucus Augusta (a actual cidade de Lugo, Galicia); ademais a raíz Lug está presente en todo o Cantábrico, coma exemplo temos a tribo dos ástures de nome lugóns (que dá nome a unha pequena aldea, agora conurbación da capital asturiana) ou o termo lugas, que nas terras interiores de Cantabria se refire ós raios do sol que se coan entre as nubes. Lug é descrito nos mitos celtas coma un achegado á listaxe de divindades, e normalmente describese tendo a aparencia dun home novo. Aínda que é o deus máis importante da mitoloxía irlandesa, non é o deus supremo, senón o "deus sen función", porque as ten todas. Lug pertence ós Tuatha Dé Danann pola parte do seu pai, pero ós Fomoré pola parte da súa nai, e na segunda batalla de Mag Tured imponse coma caudillo dos Tuatha dé Danann e lévaos á vitoria, matando ó seu propio avó Balar, o do ollo pernicioso. O seu nome provén dunha voz indoeuropea que significa "branco", "luminoso", pero tamén "corvo", polo que este animal semella estar vinculado dalgunha maneira con el. Ten un aspecto solar, pero non é un deus do sol, pois esta función era feminina entre os celtas. As súas armas eran a xavelina e a fonda, e na Irlanda, unha foliada chamada Lughnasadh (irlandés moderno Lúnasa) conmemórase no seu honor[2].
Táboa
editar- Artigo principal: Lista de deuses celtas.
Esta táboa mostra algúns dos deuses celtas e romano-celtas mencionados anteriormente, en forma romanizada, así como os antigos nomes gauleses, británicos ou ibéricos, así como os do Tuatha Dé Danann e os personaxes do Mabinogion. Están dispostos para suxerir algunhas asociacións lingüísticas ou funcionais entre os deuses antigos e as figuras literarias. É escusado dicir que todas estas asociacións están suxeitas a continuas revisións e desacordos académicos. En particular, foi sinalado por eruditos como Sjoestedt que é inapropiado intentar encaixar as deidades celtas insulares nun formato romano como tales intentos distorsionan seriamente as deidades insulares.
Tradución romana |
Gaulish/Británico/ Celtibero |
Galés | Irlandés antigo |
---|---|---|---|
Apolo | Belenus Bormánico Grannus |
Beli Mawr | Bel |
Victoria | Catubodua | Badb | |
Brân | Bran | ||
Victoria | Brigantia | Brigid | |
Cicolluis | Cichol | ||
Baco | Cernunnos | Amaethon | |
Dôn | Dana | ||
Epona | Rhiannon | Macha | |
Vulcano | Gobannos | Gofannon | Goibniu |
Mercurio | Lugus | Lleu | Lugh |
Neptuno | Manawydan | Manannán | |
Apolo | Maponos | Mabon | Maccan |
Matronae | Modron | ||
Lamiae | Matronae | Modron | Morrigu |
Victoria | Nemetona | ||
Marte | Nodens | Lludd/Nudd | Nuada |
Hércules | Ogmios | Eufydd | Ogma |
Maia | Rosmerta | ||
Hygieia | Sirona | ||
Silvanus | Sucellos | Dagda | |
Minerva | Sulis Belisama Senuna Coventina Icovellauna Sequana |
||
Junones | Suleviae | ||
Xúpiter | Taranis | Taran | Tuireann |
Marte | Teutates | ||
Mercurio | Viducus | Gwydion | |
Nemedus | Nemed | ||
Crouga | Crom Cruach | ||
Marte | Neton | Neit | |
Marte | Cnabetius (Cenabetius)[3] |
Notas
editar- ↑ Lebor Gabála Érenn §62, 64: "Badb and Macha and Anand... were the three daughters of Ernmas the she-farmer." "Badb and Morrigu, whose name was Anand."
- ↑ R. A. Stewart Macalister (ed/trans). 1941. Lebor Gabála Érenn: The Book of the Taking of Ireland. Part IV. Irish Texts Society (Vol. XLI), Dublin.
- ↑ CIL XIII, 06572, CIL XIII, 04507, CIL XIII, 06455
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Delamarre, Xavier (2003). Dictionnaire de la langue gauloise. Paris: Editions Errance.
- Green, Miranda J. (2005). Exploring the world of the druids. London: Thames & Hudson. ISBN 0-500-28571-3.
- Green, Miranda (1986). The Gods of the Celts. Gloucs: Alan Sutton. ISBN 0-86299-292-3.
- Jufer, Nicole; Luginbühl, Thierry (2001). Les dieux gaulois : répertoire des noms de divinités celtiques connus par l'épigraphie, les textes antiques et la toponymie. Paris: Editions Errance.