Cernunnos

Deus pagán

Cernunnos é o nome convencional dado nos estudos celtas ás representacións do "Deus hastado" do politeísmo celta. O nome en si só é atestado unha vez, no Piar dos mariñeiros do século I atopado en Lutecia. Pola contra, existe un gran número de representacións de figuras humanas con cornos, a miúdo coas pernas cruzadas, asociadas a animais e sostendo ou levando torques.

Cernunnos
Deus dos animais, comercio, fertilidade e caza
"Cernunnos" no Caldeiro de Gundestrup.
Outros nomesCarnonos
ArtefactosTorque e cornucopia
AnimaisCervo
SímbolosCornos
RexiónGalia
Grupo étnicoGalos

Non se sabe nada do deus a partir de fontes literarias, e os detalles sobre o seu nome, o seu culto e a súa significación na relixión celta son descoñecidos. Especúlase sobre interpretacións que o relacionan coa natureza e a fertilidade.[1] Segundo as fontes arqueolóxicas Cernunnos tiña culto na Galia, Galia Cisalpina e na costa sur de Britania.

Representación de Cernunnos, no Piar dos mariñeiros.
  1. Green, Miranda (1992). Animals in Celtic Life and Myth. Routledge. pp. 227–8. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Corpus Inscriptionum Latinarum (CIL) volume 13, number 03026
  • Delmarre, Xavier (2003). Dictionnaire de la langue gauloise (2nd ed.). París: Editions Errance. ISBN 2-87772-237-6.
  • Lejeune, Michel (1995). Recueil des inscriptions gauloises (RIG) volume 1, Textes gallo-grecs. París: Editions du CNRS.
  • Nussbaum, Alan J. (1986). Head and Horn in Indo-European. Berlín, Nova York: Walter de Gruyter. ISBN 3-11-010449-0.
  • Porkorny, Julius (1959). Indogermanisches etymologisches Wörterbuch. Berlín: Franke Verlag.