Ogmios (Ὄγμιος) foi unha deidade gala, só coñecido pola descrición do filósofo grego do século II Luciano e pola súa aparición en moedas e en taboíñas[1].

Luciano

editar

Luciano describe a Ogmios, asociándoo ao deus grego Heracles, como un home vello case totalmente calvo, vestido cunha pel de león sostén na man dereita unha maza e na esquerda un arco, pendurado do ombreiro leva unha alxaba, e vai turrando cunha corda que lle perfora a lingua dunha recua de homes de aspecto alegre atados polas orellas con cadeas de ouro e ámbar. Todo o conxunto segundo o texto de Luciano é unha metáfora da elocuencia.

  1. Brasseur, M.: Os celtas. Os deuses esquecidos. Toxosoutos, 1998, páxina 81

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar