Notitia dignitatum

(Redirección desde «Notitia Dignitatum»)

A Notitia dignitatum é un documento único da chancelería imperial romana. Trátase dun dos poucos documentos que nos chegaron sobre o goberno romano, no que se detalla a organización administrativa do Imperio romano, oriental e occidental, desde a propia corte imperial até o nivel provincial. Considérase que contén a información actualizada da década do 420 para o Imperio Romano de Occidente e da década do 400 para o Imperio Romano de Oriente; pero non se pode dar unha data precisa.

Páxina dunha copia medieval da Notitia dignitatum cos escudos do Magister Militum Praesentalis II, rexistro dos mandos militares do Imperio.

Hai varias copias dos séculos XIV e XV, ademais dunha versión iluminada en cor de 1542. Todas proceden dun único manuscrito perdido que contiña varios documentos de gran valor, dos cales un era do século IX.

A Notitia deriva o seu nome da descrición inicial dos manuscritos:

Notitia dignitatum omnium tam civilium quam militarium utriusque imperii occidentis orientisque. hoc documentum rationem reddit de structura et administratione imperii Romani aetate Theodosiana. ultima redactio notitiae dignitatum a primis decenniis saeculi quinti provenit.[1]
«Lista dos oficiais, tanto civís como militares, de ambos imperios, de Occidente e de Oriente. Este documento presenta a estrutura e administración do Imperio romano na época teodosiana. A última edición da lista corresponde á primeira década do século V».

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Notitia dignitatum: accedunt Notitia urbis Constantinopolitanae et Laterculi provinciarum, edidit Otto Seeck, Berolini: Weidmann, 1876.
  • A.H.M. Jones, The Later Roman Empire, 284–602. A Social, Economic and Administrative Survey, The Johns Hopkins University Press, 1986, ISBN 0-8018-3285-3.

Ligazóns externas

editar